From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha cronoloxía da Grecia antiga, que comprende importantes eventos, cambios legais e territoriais ademais de acontecementos políticos, sociais e económicos na Grecia antiga e nos seus estados predecesores; tamén eventos internacionais que tiveron relevancia para a historia antiga de Grecia.
Cronoloxía da Grecia antiga | |
Historia | Historia de Grecia |
Cronoloxía | Cronoloxía de Grecia Cronoloxía da Grecia antiga |
Categoría | Historia de Grecia |
Prehistoria | |
Prehistoria de Grecia | |
Idade Antiga | |
Historia antiga de Grecia e Antiga Grecia |
Séculos: século -IX · século -VIII · século -VII · século -VI · século -V · século -IV · século -III · século -II · século -I · século I · século II · século III · século IV
Data aproximada | Acontecemento |
---|---|
VI milenio a. C. - IV milenio a. C. | Neolítico en Grecia. |
3000 a. C. | Primeiras aglomeracións en Creta. Chegada dos minoicos. |
Século -XXVII | Idade de Bronce. Principio do Heládico e do Minoico antigos. |
Século -XXIII | Principio do Bronce Medio en Grecia. Destrucións. Chegada dos minios ou «protogregos». |
Século -XXI | Primeiras formas palaciais en Creta. |
Século -XX | Paso ao Heládico e ao Minoico medios. |
Século -XVIII | Primeiros palacios cretenses. |
Século -XVII | Destrución xeral das localizacións cretenses. |
-1680 | Segundos palacios cretenses. |
-1650 | Primeiras tumbas de Micenas. Chegada dos Micénicos. |
-1630 | Explosión do volcán de Santorini. Hai unha incerteza de máis ou menos cincuenta anos (entre -1650 e -1598). |
Século -XVI | Apoxeo dos palacios de Cnossos. |
-1600 - -1580 | Paso ao Heládico e ao Minoico recentes. |
-1450 | Destrución xeral das localizacións cretenses. Ocupación micénica de Cnossos. |
-1450 - -1350 | Apoxeo dos palacios micénicos. |
Século -XIV | Arquivo de Cnossos en Lineal B. |
Século -XIV | Expansión micénica. |
-1250 | Guerra de Troia |
-1200 | Arquivos de Pilos en Lineal B. Perturbacións xerais. |
-1194 - -1184 | Guerra de Troia, segundo a cronoloxía helenística. |
Século -XII | Ruptura das relacións internacionais. Fragmentación e declive das comunidades micénicas. Principio dos séculos escuros. |
-1104 | «Regreso dos Heráclidas» ou migración doria, segundo as tradicións antigas. |
-1104, -884 ou -776 | Datas atribuídas a Licurgo nas distintas cronoloxías. |
-1102 | Principio da lista dos reis en Esparta. |
-1100 | Principio da Idade de Ferro en Grecia. Fundación lendaria de Gades (Cádiz) polos fenicios. |
-1077 - -1044 | Datas tradicionais da fundación de Mileto en Asia Menor. |
Século -XI - Século -X | Poboamento grego da costa de Asia. |
-1020 | Principio da época protoxeométrica en Grecia. |
-1000 | Tumba principesca de Lefkandi de Eubea. Primeiras pegadas de culto en Olimpia. Primeiro agrupamento grego con carácter urbano en Esmirna (Asia Menor). |
Data aproximada | Acontecemento |
---|---|
-900 | Principio da época xeométrica en Grecia. |
Século -IX | Sinecismo en Esparta. |
-814 | Fundación fenicia de Cartago no Mediterráneo occidental. |
século -IX | Primeiras pegadas de culto en Delfos. |
Data aproximada | Acontecemento |
---|---|
século -VIII | Composición suposta da Ilíada. |
-800 | Fundación grega de Al-Mina nos confíns da Siria e da Anatolia. Instalación Etrusca en Toscana. |
-776 | Primeiras competicións panhelénicas, en Olimpia. |
-775 | Primeiras pegadas gregas na illa de Ischia (Pitecusa). |
-VIII | Aparición da escritura. Fin da alta época arcaica grega. |
-757 - -738 | Primeira guerra de Mesenia segundo a cronoloxía tradicional. |
-756 | Fundación de Cícico, na Propóntide (mar de Mármara). |
-754 | Principio da lista dos éforos en Esparta. |
-753 | Principio das maxistraturas decenais, e posteriormente anuais, en Atenas. |
-750 | Fundación grega de Ischia en Campania. Fundación lendaria de Eivisa por Cartago. Amicleas, ao sur da Laconia convértese no lugar das festas panlaconias. |
Fundación de Cumas na baía de Nápoles. | |
-747 | Oligarquía dos Baquíadas, en Corinto. |
-736 - -716 | Primeira guerra de Mesenia. |
-734 - -733 | Fundación de Naxos e de Siracusa e implantacións gregas en Sicilia. |
-730 | Control do estreito de Mesina polos gregos. |
-730 - -725 | Vestixios arqueolóxicos máis antigos atopados na localización de Cartago. |
-720 | Construción dos grandes templos de Esmirna e de Samos. |
-708 | Fundación de Parium, ao norte do Helesponto. |
-706 | Fundación de Taranto e implantación grega en Italia do Sur. |
-700 | Construción dos templos de Corinto e de Argos. Reorganización urbana de Esmirna. Anexión de Eleusis por Atenas. |
século -VIII | Composición suposta da Odisea. Templo e ágora de Dredos, en Creta. Guerra lelantina, entre Calcis e Eretria de Eubea. Navegación nos estreitos. |
Data aproximada | Acontecemento |
---|---|
-690 | acondicionamento do santuario panhelénico de Poseidón, no istmo de Corinto. |
-687 | Xixes funda a dinastía dos Mérmnadas en Lidia. Protectorado sobre as cidades de Xonia. |
-686 | Fundación de Calcedonia, á entrada do Bósforo. |
-683 | Arcontado anual e institución dos seis tesmótetas en Atenas. |
-675 | Invasión dos Cimerios, un pobo escita da estepa. Destrución do Artemision de Éfeso. |
-669 - -668 | Guerra entre Esparta e Argos. Derrota de Hysiæ. Aparición da falanxe. |
-668 - -654 | Segunda guerra de Mesenia. |
-657 | Fundación de Bizancio, á entrada do Bósforo, fronte a Calcedonia. Establecemento da tiranía dos Cipsélidas en Corinto segundo a cronoloxía tradicional. |
-656 | Fundación de Istros, no esteiro do Danubio e implantación grega no mar Negro. |
-652 | Morte de Xixes e entronización de Aliates. |
651 a. C. | Fundación de Lampsaco, no Helesponto. |
século -VII | Actividade do poeta Tirteo. |
Primeira lei escrita. | |
-650 - -630 | Tiranía de Feidón en Argos. |
-646 | Fundación de Olbia, no esteiro do Dniéper. |
-640 | Primeira representación da falanxe (vaso Chigi). |
-635 ou -632 | Tentativa tiránica de Cilón en Atenas. |
-630 | Fundación de Cirene en Libia. |
-629 | Fundación de Sinope, na costa norte de Asia Menor. |
-624 - -620 | Lexislación de Dracón en Atenas. |
-614 | Principio do avance dos medas, pobo iranio, na Alta-Mesopotamia. |
-610 - -580 | Tiranía de Clístenes en Sición. |
600 a. C. | Navegación de Colaios de Samos ata Tartessos (na Península Ibérica). Primeira implantación fénico-púnica no litoral marroquino. Principio da expansión focea. |
Fundación lendaria de Marsella polos foceos. Destrución de Esmirna por Aliates. | |
Fundación de Trebisonda (Cólquida), na costa norte de Asia Menor. Primeiras moedas en Éfeso. |
Data aproximada | Acontecemento |
---|---|
-600 - -590 | Primeira guerra sagrada. Desenvolvemento da anfictionía de Delfos. |
Moedas de Exina. | |
-594 ou -592 | Arcontado de Solón en Atenas. |
-590 | Fundación focea de Emporion (Empúries) na costa catalá, e logo da súa extensión Neápolis. |
Anarquía (ausencia de arcontado) en Atenas. | |
-586 | Anarquía en Atenas. |
-585 | Primeiro enfrontamento entre Aliates e Medas. Fronteira do Halys. |
-583 | Caída da tiranía en Corinto. |
-582 - -580 | En Atenas, arcontado prolongado de Damasias. |
-579 | Creación en Atenas das tres faccións políticas da chaira, a costa e os outeiros. |
-566 | Fundación das Panateneas. |
-565 | Primeiro establecemento foceo, modesto, en Alalia (Aléria), en Córsega; outro pequeno establecemento en Agde. |
-561 | Primeiro golpe de Estado de Pisístrato en Atenas. |
-560 | Establecemento da tiranía dos Pisistrátidas en Atenas. Subida ao trono de Creso en Lidia. |
-559 | Subida ao trono de Ciro II, do clan real persa dos Aqueménidas e herdeiro da dinastía Meda. |
-556 | Primeira expulsión de Pisístrato de Atenas. |
-550 | Formación da liga do Peloponeso. Cesamento das exportacións das cerámicas «gregas do leste». |
Unión dos Persas e dos Medas. Principio da expansión persa. | |
-550 - -525 | Aparición e difusión da moeda de prata. |
-549 ou -544 | Segundo golpe de Estado en Atenas de Pisístrato, apoiado polos Alcmeónidas. |
-548 | Incendio e reconstrución do templo de Delfos. |
-546 - -540 | Conquista de Asia Menor e das cidades de Xonia polos Persas. |
-546 ou -541 | Segunda expulsión de Pisístrato. Repregue en Tracia. |
-546 | Conquista do reino lidio polos Persas. Destrución de Esmirna, Xanthos, Caunos. Emigración focea. |
-545 - -543 | Destrución de Focea (Asia Menor) polos Persas e transferencia da metrópole focea, coa metade da súa poboación, a Alalia, en Córsega. Refundación. |
-540 - -535 | Batalla de Alalia, que enfronta os Gregos de Focea cos Cartaxineses e cos Etruscos. Derrota focea. A cidade fica poboada, non se sabe baixo o control de quen. Cinco anos de vagabundeo e de piratería foceas. |
-537 - -522 | Tiranía de Polícrates de Samos en Samos. |
-535 - -530 | Fundación de Velia, en Campania, polos foceos. |
-534 | Terceiro golpe de Estado de Pisístrato apoiado por Tebas e Lígdamis de Naxos. Batalla de Palene. Expulsión de Atenas de Milcíades ao Quersoneso. |
-530 | Pitágoras en Italia do Sur. Peche de Esparta ao comercio. |
-530 - -525 | Aparición das moedas de Atenas coa «curuxa». |
-529 | Morte de Ciro. Subida ao trono de Cambises II. |
-528 | Morte de Pisístrato. Tiranía de Hipias en Atenas. |
-525 | Arcontado en Atenas de Clístenes o Alcmeónida. |
-522 | Subida ao trono de Darío I. |
-522 - -521 | Revoltas no imperio persa. Secesión do sátrapa de Lidia. Execución de Polícrates de Samos. |
-520 | Subida ao trono de Cleómenes I en Esparta e principio do expansionismo espartano. |
-519 | Darío retoma o control de Lidia e de Xonia. |
-517 | Samos, Quíos e Lesbos baixo dominio persa. |
-516 | O ateniense Milcíades instálase en Tracia, nas posesións ancestrais do Quersoneso. |
-515 | Esparta rexeita intervir en Samos e na Escitia contra os Persas. |
-514 | Tiranicidio en Atenas: asasinato de Hiparco, irmán de Hipias, polos tiranoctonos. |
-513 | Expedición de Darío a Europa, os escitas. Participación dos Gregos de Xonia e de Milcíades. Primeiro paso dos Estreitos. |
-512 | Conquista da Tracia polos Persas. |
-512 - -511 | Conquista da Tracia por Megabazo. |
Época clásica | |
-510 | Intervención espartana en Atenas contra o tirano. Derrocamento da tiranía en Atenas. Regreso dos exiliados. Exilio de Hipias a Persia. Stasis entre Clístenes o Alcmeónida e Iságoras, xefe dos oligarcas. Intervención de Cleómenes de Esparta en favor de Iságoras. |
-508 | Primeiro tratado entre Roma e Cartago que se reparten o Mediterráneo occidental. Intervención espartana en Atenas (fracaso). Reforma de Clístenes. Posta en marcha dos cargos democráticos. |
-506 | Nova expedición de Esparta contra Atenas. Conflito entre a cidade de Esparta e o rei Demarato. |
-505 | Principio da tiranía de Cleandro en Xela. |
Ano | Data | Acontecementos |
---|---|---|
500 a.C. | Expedición persa contra Naxos. Misión de Aristágoras de Mileto en Esparta e en Atenas. Débil situación das importacións gregas no Mediterráneo occidental. | |
-499 - -494 | Rebelión das cidades de Xonia contra os Persas. | |
-498 | Esparta rexeita intervir en Xonia. Saqueo de Sardes polos Xonios, aliados cos Atenienses e os Eretrios. A Caria e a Licia e Chipre únense á Rebelión. Atenas e Eretria retiran as súas tropas. Fin da tiranía de Cleandro e principio da tiranía de Hipócrates en Xela. | |
-497 | Combates en Chipre. | |
-497 - -496. | Ofensiva persa en Asia Menor por terra. Asedio de Mileto. | |
-496 - -495 | Tentativa xonia de abrir unha fronte en Tracia. Campañas de Hipócrates en Sicilia oriental contra as cidades calcidias. | |
-494 | Vitoria de Esparta sobre Argos en Sepeia. Sometemento de Chipre. A frota persa está no mar Exeo. Pacificación do litoral anatolio. Derrota dos Xonios en Lade. Caída de Mileto. Misión de Datis de Sardes a Persépole para preparar a contraofensiva no Exeo. Principio da tiranía de Anaxilao, en Rexion. Ataque de Hipócrates de Xela contra Siracusa. | |
-493 | Última ofensiva xonia ao noroeste da Asia Menor. Captura e execución dos axentes da Rebelión. Restablecemento do dominio persa sobre a Xonia. | |
-492 | Reorganización das cidades de Xonia. Instauración de «democracias» polos Persas. Expedición de Mardonio a Tracia. O Ateniense Milcíades abandona as posesións ancestrais de Quersoneso e volve a Atenas. | |
-491 | Intervención espartana en Exina. Emisarios de Darío aos Estados gregos para pedir a súa submisión. Principio das hostilidades entre Atenas e Exina. Morte de Hipócrates. Xelón convértese en tirano de Xela. Expulsión dos aristócratas de Siracusa. | |
-490 | Expedición naval de Datis e de Artafernes nas illas e contra Atenas (primeira guerra médica). | |
Primavera | Unha escuadra persa mandada por Datis aparece no Exeo, proveniente de Cilicia. | |
marzo | Vitoria de Exina sobre Atenas. | |
Verán | Toma de Naxos polos Persas. Asedio e saqueo de Eretria en Eubea. | |
setembro | Desembarco persa na Ática, en Maratón. Vitoria ateniense en Maratón, obra de Milcíades. Os persas volven embarcar. Fracaso dun desembarco persa en Falero. | |
Outono | Repregue da frota persa ao sueste do Exeo. | |
-489 | Primavera | Expedición de Milcíades a Paros nas Cícladas. Fracaso. |
Anaxilao de Regio toma o control de Mesina e do Estreito. | ||
-488 - -472 | Tiranía de Terón, en Agrigento. | |
-486 | Morte de Darío I. Subida ao trono de Xerxes I. | |
-485 - -478 | Tiranía de Xelón en Siracusa. O seu irmán Hierón é gobernador de Xela. | |
-483 | En Atenas, lei naval de Temístocles e ostracismo de Arístides. Anexións e expulsións en Xela, Camarina, Mégara Hyblaea... Rerilos, tirano de Himera, apela a Cartago. | |
-482 | Preparativos de guerra en Cartago e en Sicilia. Fracaso das negociacións entre Xelón e a liga panhelénica de Corinto. | |
-481 | Mobilización persa en Sardes. Constitución da liga panhelénica en Esparta. | |
setembro | Aceleración do programa de construción naval en Atenas. | |
outubro | Reunión do exército persa en Sardes, baixo o mando do rei Xerxes. Envío de embaixadores aos Estados gregos. | |
novembro | Paz entre Atenas e Exina, en guerra desde -485. | |
-481 - -480 | Inverno | Embaixada dos Gregos a Xelón de Siracusa. Fracaso do proxecto de alianza. Paz dos trinta anos entre Esparta e Argos. |
-480 - -479 | Segunda guerra médica. | |
-480 | Avance dos Persas desde os Estreitos ata Grecia central. Derrota grega nas Termópilas. Saqueo de Atenas. Vitoria naval dos gregos en Salamina. Intervención de Cartago nos asuntos de Sicilia. Vitoria grega de Himera. | |
Primavera | Establecemento da liga panhelénica. Cuartel Xeral no santuario do Istmo. | |
xuño | Xerxes pasa o Helesponto. Unión do exército e da frota persas ao fondo do golfo Termaico, en Macedonia. Reunión dos Estados gregos resistentes no santuario do Istmo. Paz común e convocatoria aos exiliados. Decisión de defender as Termópilas. | |
agosto | Leónidas e a súa garda espartana avanzan cara ás Termópilas. A frota grega remonta cara a Skiathos. | |
Xerxes I establece o seu campamento na fronteira sur de Macedonia. A frota persa abandona o golfo Termaico e bordea as costas macedonias e tesalias. | ||
15 setembro | A frota persa chega ao golfo Malíaco, en Tesalia. Principio das operacións navais cerca de Skiathos. | |
17 setembro | Douscentos navíos persas chegan ao cabo Artemision, ao norte da Eubea. Xerxes I ataca as Termópilas. | |
18 setembro | Treboada e destrución dos douscentos navíos persas. | |
19 setembro | Morte de Leónidas. Xerxes I pasa as Termópilas. | |
21 setembro | Repregue da frota grega sobre Salamina. Decisión dos gregos de defender o Istmo. En Atenas, decisión de abandonar a cidade. | |
27 setembro | Xerxes I entra en Atenas. | |
28 setembro | Incendio da Acrópole. A frota persa en formación de combate entre o Pireo e Salamina. Consello de guerra dos Gregos. | |
29 setembro | Batalla de Salamina. Os persas repréganse sobre Atenas e Falero. | |
outubro | A frota persa regresa a Asia Menor. O exército persa abandona Atenas e vai hibernar a Tesalia. Xerxes I volve a pasar a Asia e chega a Sardes. Mandato de Mardonio. | |
-479 | Vitoria de Platea, que libera Grecia. Vitoria naval de Micale e liberación da Xonia. | |
xuño | Mardonio invade a Beocia. Nova evacuación e nova destrución de Atenas. Reunión das forzas peloponesias no Istmo, que remontan por Mégara e a Ática ata Platea, en Beocia. Batalla de Platea. Morte de Mardonio. Retirada dos persas cara aos estreitos. | |
xullo - agosto | A frota grega libera Quíos, Samos e Lesbos que forman parte da Liga. Batalla do cabo Micale e destrución das fortificacións persas. A frota remonta cara aos Estreitos e libera Abidos. | |
Outono | Saída dos barcos peloponesios. | |
-478 | Combates nos Estreitos. Constitución por Atenas da Liga de Delos. En Siracusa, morte de Xelón e subida ao trono de Hierón. O terceiro irmán, Polizelos é gobernador de Xela. | |
Primavera | O espartano Pausanias, vencedor de Platea, chega ante Bizancio, asedio de Sestos. Destrución da ponte de barcos persa sobre o Helesponto pola frota ateniense. Chamada de Pausanias a Esparta. A frota ateniense fica soa no mar Exeo. | |
-478 - -477 | Fundación por Atenas da Liga de Delos. | |
-476 | Expulsión dos Persas de Tracia e de Europa. Fin da tiranía de Anaxilao en Region. | |
-474 | Vitoria naval de Hierón sobre a frota etrusca, en Cumas. | |
-472 | Os Persas, traxedia de Esquilo. | |
-471 | Rebelión de Naxos. Ostracismo de Temístocles? Morte de Pausanias. | |
-469 | Destrución da frota persa. Liberación dos Gregos de Asia. | |
-466 | Morte de Hierón. Trasíbulo, o cuarto irmán, convértese en tirano de Siracusa. | |
-465 | Caída de Trasíbulo. Fin da tiranía en Sicilia. Principio da Rebelión de Thasos. Terremoto en Esparta e principio da Rebelión dos hilotas de Mesenia. | |
-463 | Fin da Rebelión de Tasos. | |
-461 | Ostracismo de Cimón e reformas de Efialtes, en Atenas. | |
-461 - -446 | Primeira guerra do Peloponeso entre Esparta e Atenas. | |
-460 - -454 | Expedición ateniense a Chipre e a Exipto: fracaso. | |
-456 | Fin da Rebelión dos hilotas de Mesenia. | |
-454 | Traslado do tesouro da liga de Delos a Atenas. | |
-453 - -440 | Movemento de liberación de Ducetio en Sicilia. | |
-451 | Primeira lei de Pericles. | |
-450 | Apertura do obradoiro da Acrópole de Atenas. | |
-450 - -449 | Vitoriosa campaña ateniense en Chipre. | |
-448 | Irregularidades na percepción do tributo. Paz de Calias cos Persas Segunda guerra sagrada. | |
-447 | Primeira confederación Beocia. | |
-446 | Paz dos trinta anos entre Esparta e Atenas. | |
-444 | Fundación panhelénica de Turios. | |
-441 - -431 | Goberno persoal de Pericles. | |
-441 - -439 | Rebelión de Samos. | |
-438 | Finalización do Partenón. | |
-437 | Fundacións atenienses ao norte do Exeo. | |
-435 | Conflito entre Corcira e Corinto. | |
-435 - -432 | Procesos políticos contra o contorno de Pericles. | |
-433 | Alianza de Atenas con Corcira. | |
-432 | Rebelión de Potidea e intervención ateniense. Decreto contra Mégara ? Conferencia de Esparta. | |
-431 - -421 | Guerra de Arquídamo. | |
-431 | primavera | Expedición tebana a Platea. |
maio - xuño | Invasión da Ática polo exército espartano. Instalación dunha cleruquía en Exina. Alianza de Atenas co rei de Tracia. | |
-430 | Principio da epidemia de peste en Atenas. Revogación de Pericles. Nova invasión da Ática. | |
-430 - -429 | Inverno | Capitulación de Potidea en Calcídica. |
-429 | Peste. Reelección e morte de Pericles. Asedio de Platea polo exército peloponesio. | |
-428 | Terceira invasión da Ática. Rebelión de Lesbos, dirixida par Mitilene. | |
-427 | Primavera | Capitulación de Mitilene. Instalación dunha cleruquía. |
Verán | Capitulación de Platea. | |
Principio da guerra civil en Corcira. | ||
-426 | Primeira expedición ateniense a Sicilia. | |
-425 | Fin da guerra civil en Corcira. | |
Primavera | Quinta invasión da Ática. Expedición naval ateniense ao longo das costas do Peloponeso, ata Pilos: bloqueo dos espartanos de Esfacteria. | |
Verán | Reavaliación do tributo por Cleón. | |
-424 | Renovación da paz entre Atenas e os Persas. Ocupación ateniense de Citera. Expedición espartana á Calcídica: conquista de Anfípolis por Brasidas. Derrota ateniense ante os Beocios en Delion. Regreso da frota ateniense de Sicilia. | |
-423 | Subida ao trono de Darío II nun contexto problemático. | |
-422 | Batalla de Anfípolis. Morte de Brasidas e de Cleón en Eion. | |
-421 | Paz de cincuenta anos entre Esparta e Atenas, chamada «Paz de Nicias». | |
-420 | Alcibíades elixido estratego en Atenas. | |
-417 | Ostracismo de Hipérbolo en Atenas. | |
-416 | Tisafernes, sátrapa de Lidia, reduce a Rebelión de Pisutnes. | |
-416 - -415 | Expedición contra Melos. | |
-415 - -413 | Expedición ateniense a Sicilia. Desastre. | |
-413 | Establecemento dunha comisión de 10 probuloi para revisar a constitución ateniense. | |
Primavera | Ocupación espartana da Decelia. | |
Verán | Derrota ateniense en Sicilia. | |
Outono | Darío II esixe novamente o tributo das cidades xonias. | |
Inverno | Enviados de Tisafernes a Esparta. Atenas apoia o fillo de Pisutnes. | |
-412 | Rebelión dos aliados de Atenas. Tratado entre Esparta e os Persas. | |
Verán | Primeiro tratado entre Tisafernes e a Liga do Peloponeso. Concentración das forzas navais en Xonia. | |
412 - 411 a.C. | Inverno | atraso dos auxilios persas: segundo tratado entre Esparta e os Persas. Batalla de Mileto. |
-411 | Golpe de Estado reaccionario en Atenas (os Catrocentos). Intrigas de Alcibíades, que abandonou o campamento espartano para Tisafernes e negocia a alianza persa contra o seu regreso a Atenas. Fracaso. | |
Primavera | Revolución oligárquica en Atenas. Alcibíades en Samos. Reapertura dos Estreitos. | |
maio | Comisión dos Dez, estendida a Trinta e dotada de plenos poderes. | |
xuño | Asemblea de Colono. Goberno dos Catrocentos. | |
Verán | Terxiversacións de Tisafernes que se reprega cara ao sur de Asia Menor. Alcibíades vaise reunir con el. | |
agosto | Asasinato de Frínico. Goberno dos Cinco Mil, arredor de Teramenes en Atenas. Cruceiro da frota nos Estreitos. Vitoria de Cinosema cerca de Abidos. (Fin da Historia de Tucídides). | |
Outono | Tensións entre os persas e os peloponesios en Xonia. Regreso de Tisafernes. Os peloponesios se aproximan a Farnabazo, o sátrapa de Frixia. | |
-411 - -410 | Inverno | Misión de Alcibíades ante Tisafernes para obter subsidios; internado en Sardes. |
-410 | Primavera | Restablecemento da democracia en Atenas e do poder ateniense no Exeo. Vitoria en Cícico da frota mandada par Alcibíades. |
-409 | En Sicilia, avance cartaxinés e destrución de Selinunte e deHimera. | |
-408 - -407 | Inverno | Darío II implícase na axuda aos peloponesios. Nomeamento de Ciro á fronte da Lidia e da Frixia, responsábel das operacións militares. Amizade de Ciro e do navarco espartano Lisandro. |
-407 | Lisandro comandante da frota. Regreso de Alcibíades a Atenas. Derrota de Notio e retirada a Tracia. (Principio da Historia de Xenofonte). | |
-406 | Conquista cartaxinesa de Agrigento. Dionisio á fronte de Siracusa con plenos poderes. Proceso dos estrategos atenienses. | |
Verán | Vitoria sen futuro de Atenas nas illas Arxinusas. | |
-405 | Derrota dos atenienses en Egospótamos. Conquista cartaxinesa de Xela e de Camarina. | |
setembro | Destrución da frota ateniense en Egospótamos. | |
Primeiro tratado de paz entre Dionisio e Cartago. | ||
-404 | Asedio e rendición de Atenas. Fin da guerra do Peloponeso. Morte de Darío II e subida ao trono de Artaxerxes II. | |
Primavera | Rendición de Atenas. O estratego ateniense Conón refúxiase en Chipre, e despois onda o rei de Persia. | |
xuño - decembro | Réxime dos Trinta en Atenas. | |
decembro | Trasíbulo apodérase do forte de File. | |
-404 - -403 | Operacións de Lisandro no Exeo e en Xonia. | |
Inverno | Marcha de Trasíbulo sobre o Pireo. Batalla de Muniquia. Liberación do Pireo. | |
-403 | Restauración democrática en Atenas. | |
Outono | Pacificación da Ática polo rei de Esparta Pausanias I. | |
setembro | Batalla cerca do Pireo. Negociacións e amnistía xeral en Atenas. Repregue dos Trinta a Eleusis. | |
Restauración da democracia. | ||
-403 - -399 | Revisión das leis e cambio de alfabeto en Atenas. | |
-401 - -400 | Rebelión de Ciro o Novo contra o rei Artaxerxes II Memnón, seu irmán, enrola mercenarios gregos por medio dun espartano. Expedición a Mesopotamia. Batalla de Cunaxa e morte de Ciro. «Anábase» dos Dez Mil. |
Ano | Data | Acontecementos |
---|---|---|
-400 - -399 | Campañas espartanas contra Élide. | |
-400 - -394 | Campañas espartanas a Asia Menor, contra os Persas. | |
-400 - -399 | Operacións de Tibrón a Eolia e logo a Caria. | |
-399 - -397 | Operacións de Dercílidas a Eolia e cerca dos Estreitos; raid a Tracia; operacións en Caria. | |
-399 | En Atenas, proceso e morte de Sócrates; en Esparta, conspiración de Cinadón. | |
-397 | Conquista de Motie por Dionisio. | |
-397 - -395 | Conón impónse á fronte da frota persa. | |
-396 - -394 | Vitoria de Axesilao II sobre Tisafernes. | |
-396 | Desembarco de Himilcón en Palermo. Asedio de Siracusa. Retirada de Himilcón. | |
-395 - -390 | Guerra de Corinto. | |
-395 - -394 | Operacións espartanas en Grecia central. Morte de Lisandro. Chamamento de Axesilao II. Vitoria de Coronea. | |
-394 | Vitoria de Cnido sobre os Espartanos, que os elimina do mar Exeo: principio da recuperación militar de Atenas. Esparta retírase de Asia e das illas. | |
-394 - -393 | Acción conxunta de Conón e dos Persas no Helesponto. | |
-393 | Regreso de Conón a Atenas: reconstrución dos Muros Longos e dunha frota. | |
-393 - -390 | Operacións na rexión do Istmo de Corinto. | |
-392 | Tentativas de paz. Misión de Antálcidas a Asia que obtén a axuda do sátrapa Tiribazo. | |
Segundo tratado de paz entre Dionisio e Cartago. | ||
Fundación da liga italota, que reúne as cidades da Magna Grecia. | ||
-390 | Envío dunha frota espartana a Rodas. | |
-389 | Expedición de Axesilao II a Acarnania. | |
Primeira viaxe de Platón a Italia e a Sicilia. | ||
-389 - -388 | Operacións no Golfo Sarónico, arredor de Exina. Atenas controla Bizancio e Mitilene. | |
-388 | Expedición naval de Antálcidas a Xonia, e logo ao Helesponto. Liberdade de navegación para os atenienses. Vitoria de Dionisio sobre a liga. | |
-387 - -386 | A frota de Esparta controla a ruta do trigo tracio; dificultades de aprovisionamento en Atenas. | |
-386 | Paz do Rei (ou Paz de Antálcidas). Asedio e capitulación de Region. | |
-385 | Destrución de Mantinea. Reorganización da liga peloponesia. Colonización no Adriático: fundación de Isa. | |
-384 | Saqueo do santuario de Pyrgi. | |
-382 | Ocupación de Tebas polos Espartanos (ocupación da Cadmea); Atenas acolle os exiliados tebanos. Nacemento de Filipo II de Macedonia, último fillo do rei Amintas. | |
-379 | Liberación de Tebas. | |
-378 | Segunda Liga marítima ateniense. | |
-378 - -376 | Campañas espartanas en Beocia. | |
-372 | Batalla de Leuctra. Restablecemento da confederación Beocia. | |
-371 - -361 | Campañas de Epaminondas no Peloponeso. | |
-371 - -369 | Inversión das alianzas: Atenas alíase con Esparta. Triunfo do partido da paz en Atenas (Calístrato). Reconstrución dun Estado mesenio. | |
-368 - -365 | Filipo II de Macedonia refén en Tebas. | |
-367 | Nova Paz do Rei. | |
-367 - -366 | Inverno | Morte de Dionisio. |
-366 | Tiranía de Dión de Siracusa e segunda viaxe de Platón a Sicilia. Goberno de Dionisio II. | |
-365 - -364 | Expedicións atenienses a Samos e a Calcídica (Timoteo). | |
-361 | Morte de Epaminondas en Mantinea. En Atenas, evicción de Calístrato e goberno do partido imperialista. Terceira viaxe de Platón a Sicilia. | |
-360 | Fundación de cleruquías atenienses. | |
-359 | Morte do rei Pérdicas III nunha expedición contra os Ilirios; rexencia de Filipo II de Macedonia. | |
-358 - -356 | Campañas macedonias contra os peonios e os Ilirios do rei Bardilis. | |
-357 | Caída e exilio de Dionisio II. Conquista macedonia de Anfípolis en Tracia. | |
-357 - -356 | Campañas macedonias en Calcídica. | |
-356 | Fin da rexencia: Filipo II de Macedonia toma o título real. Conquista de Potidea en Calcídica e de Pidna ao sur de Macedonia. | |
-357 - -355 | Guerra dos Aliados contra Atenas. | |
-357 | Toma de Anfípolis por Filipo II de Macedonia. | |
-356 - -346 | Terceira guerra sagrada. | |
-356 - -355 | Triunfo do partido da paz en Atenas (Eubulos). Discurso Sobre a paz de Isócrates; tratado sobre Os Medios de se procurar ingresos (Poroi) de Xenofonte. | |
-354 | Conquista macedonia de Metona ao sur de Macedonia. Intervención macedonia en Tesalia. | |
-354 - -352 | Campañas macedonias en Tesalia. Vitoria do Campo dos Crocus (preto de Feres). Filipo II arconte de Tesalia. Filipo renuncia a cruzar as Termópilas, bloqueadas por unha coalición das cidades. | |
-351 | Campaña de Tracia. Primeira Filípica de Demóstenes. | |
-349 - -348 | Guerra de Olinto. Anexión da Calcídica. Desaparición da confederación calcídica. En Atenas, proceso de Midias | |
-347 - -346 | Regreso de Dionisio II a Siracusa. | |
-346 | Congreso Panhelénico de Pella e paz de Filócrates entre Filipo II e os Gregos. Filipo de Isócrates. Fin da Terceira Guerra sagrada. Filipo II de Macedonia controla as Termópilas e Delfos. Reorganización da anfictionía. | |
-345 | Campaña iliria de Filipo II. | |
circa | Control das minas tracias do Monte Panxeo por Filipo II de Macedonia. Primeiras moedas de ouro macedonias. | |
-344 | Timoleón enviado por Corinto a Siracusa. Reorganización da Tesalia macedonia en catro distritos. | |
-343 | Pacto de Filipo II de Macedonia co rei persa. En Atenas, proceso Sobre a embaixada (de -346). | |
-342 | Intervención macedonia en Epiro. | |
-341 | Vitoria de Timoleón sobre Cartago. | |
Organización da estratexia de Tracia. Campaña macedonia a Tracia, cara aos Estreitos, contra Perinto e Bizancio. | ||
-340 | Outono | Atenas declara a guerra a Filipo II de Macedonia. Operacións sobre os Estreitos. |
-339 | Cuarta guerra sagrada, levada por Filipo II de Macedonia no nome da anfictionía. Alianza de Tebas e Eretria. | |
-338 | Vitoria de Filipo II sobre os Gregos en Queronea en Beocia. Campaña no Peloponeso. | |
-337 | Establecemento da Liga de Corinto. Congreso Panhelénico. Campaña macedonia en Iliria. | |
-337 - -336 | Timoleón remata a súa obra de restauración, abandona os plenos poderes e morre pouco despois. | |
-336 | Desembarco dun corpo expedicionario macedonio en Asia, con Parmenio. Morte de Filipo asassnado en Aigai e subida ao trono de Alexandre. En Corinto, renovación da alianza cos Gregos. | |
-335 | Rebelión e destrución de Tebas. Campañas de Alexandre en Tracia, sobre o Danubio e en Iliria. Movemento anti-macedonio en Grecia. | |
-334 | Primavera | Desembarco en Asia Menor. Batalla do Gránico (maio-xuño). |
Outono | Licenza da frota grega. | |
-334 - -333 | Conquista de Asia Menor por Alexandre contra Darío III. | |
-333 | Principio | Alexandre en Gordión. |
Outono | batalla de Isos. | |
-333 - -332 | Operacións navais ao longo do litoral anatolio. | |
-332 | Principio da Rebelión de Esparta. | |
Verán | Campaña de Fenicia. Asedio de Tiro. | |
-332 - -331 | Conquista de Fenicia e de Exipto. Fundación de Alexandría. | |
-331 | Outono | Derrota de Esparta en Megápolis. Batalla de Gaugamela, o 1 de outubro. |
-331 - -330 | Conquista da Mesopotamia e da Persia. Morte de Darío III. | |
-331 - -330 | Inverno | Alexandre en Babilonia, en Susa e Persépole. Inverno en Persépole. Incendio da cidade. |
-330 | Asasinato de Darío III polo sátrapa de Bactriana. Represión do complot de Parmenio e de Filotas. Licenza dos continxentes gregos aliados. | |
-329 - -327 | Pacificación das Altas Satrapías (Afganistán). | |
-328 - -327 | Pacificación e colonización do val do Oxos. Matrimonio con Roxana. Cuestión da proscínese. Conxuración dos Pagos. Mobilización dos Persas. | |
-327 - -325 | Campaña da India. | |
-325 | setembro - decembro | Viaxe de regreso ata Susa. |
-324 | Fuxida de Harpalo, o tesoureiro, a Atenas. Decretos de Susa sobre o regreso dos desterrados e a institución dun culto real. Vodas de Susa. Regreso a Babilonia. Sedición de Opis. | |
-323 | Carácter mixto da falanxe hoplítica. | |
xuño | Morte de Alexandre en Babilonia. Subida ao trono de Filipo Arrideo e de Alexandre IV. Primeira partición do Imperio. Poder efectivo en Pérdicas e en Crátero. | |
Verán | Sublevación de Atenas, aliada cos etolios e os tesalios (guerra lamíaca). | |
-323 - -321 | Primeiro período dos guerras de sucesión (loita entre os Diádocos). | |
-322 | Derrota da frota nas augas de Amorgos; derrota do exército de terra en Crannon. Morte de Demóstenes, de Hipérides e de Aristóteles. Fin da guerra lamíaca. Guarnición macedonia no Pireo. Goberno oligárquico de Foción en Atenas. | |
-321 | Morte de Pérdicas e de Crátero. Conferencia de triparadisos. | |
-321 - -316 | Segundo período das guerras de sucesión (loita entre os Diádocos). | |
-319 | Morte de Antípater. Polipercón sucédeo en Grecia. Amnistía de Polipercón. Restauración democrática. | |
-318 | Morte de Filipo Arrideo. Olimpias toma o poder. En Atenas, goberno de Demetrio de Falero. Morte de Eumenes. Casandro dono do Pireo. | |
-317 | Principio do goberno de Demetrio de Falero. Constitución censitaria. | |
-316 | Morte de Olimpias. Agatocles, estratego de Sicilia con plenos poderes. | |
-315 - -311 | Terceiro período das guerras de sucesión (loita entre os Diádocos). | |
-311 | Liberación das illas. Liga dos Insulares. | |
-311 - -306 | Guerra de Agatocles contra Cartago. | |
-310 | Morte de Alexandre IV. Casandro dono de Macedonia. | |
-307 | Demetrio Poliorcetes en Atenas e liberación do Pireo. Fin do goberno de Demetrio de Falero. Restauración democrática. | |
-306 | Vitoria de Salamina de Chipre. Antígono o Torto e Demetrio Poliorcetes toman o título real. | |
-306 - -305 | «Ano dos reis». | |
-306 - -304 | Tolomeo, Seleuco, Casandro, Lisímaco e Agatocles toman o título real. Asedio de Rodas por Demetrio Poliorcetes. | |
-305 - -304 | Atenas en xogo entre Casandro e Demetrio. Demetrio apoiado polos demagogos (Estratocles). | |
-305 - -303 | Campaña de Seleuco en Asia central e na India. | |
-301 | Batalla de Ipsos. Morte de Antígono. Os moderados no poder en Atenas (tendencia Fedro). Política de neutralidade. |
Ano | Data | Acontecemento |
---|---|---|
-299 | Agatocles toma Corcira. | |
-297 | Morte de Casandro. Restauración de Pirro en Epiro. | |
-295 | Tiranía militar de Lacares. Resistencia democrática no Pireo. | |
-294 | Demetrio I Poliorcetes, rei de Macedonia, controla Atenas e a Grecia central tras a caída de Lacares. Réxime autoritario e fame. | |
-292 - -287 | Período oligárquico, tras a chamada dos oligarcas exiliados. | |
-290 - -289 | Conflito entre Pirro e Demetrio, que ocupa Corcira. Morte de Agatocles. | |
-288 | Repartición da Macedonia entre Pirro e Lisímaco. | |
-288 - -287 | Elección e reelección de Fedro como estratego dos hoplitas. | |
-287 | Sublevación contra a guarnición macedonia. Intervención da frota láxida mandada por Calias, irmán de Fedro. Fracaso do asedio por Demetrio. Paz entre Tolomeo I e Demetrio: liberación de Atenas, pero non do Pireo. | |
-287 | Atenas libérase da guarnición macedonia. | |
-287 - -262 | Período democrático en Atenas. Amizade láxida. | |
-286 | Evacuación da guarnición macedonia de Eleusis. | |
-286 - -281 | Tentativas infrutuosas para recuperar O Pireo. | |
-285 | Lisímaco único rei en Macedonia. Demetrio prisioneiro de Seleuco I. | |
-283 - -280 | Morte dos Diádocos. Constitución dos tres reinos. | |
-283 | Morte de Demetrio e de Tolomeo I. Subida ao trono de Tolomeo II: apoxeo do reino láxida. | |
-282 - -281 | Evacuación da guarnición de Salamina. Recuperación das cleruquías. | |
-281 | Verán | Batalla de Curupedión en Lidia. Morte de Lisímaco. Subida ao trono de Areos en Esparta. |
-280 | Morte de Seleuco. Tolomeo Ceraunos dono da Macedonia. Honores póstumos votados a Demóstenes. | |
-280 - -275 | Pirro, rei de Epiro, en Italia e en Sicilia. Vitoria romana. | |
-279 - -278 | Invasión gálata en Macedonia e en Grecia. Morte de Tolomeo Ceraunos loitando contra eles. Subida ao trono de Antígono Gonatas en Macedonia. Inicio da Confederación etolia. | |
-278 | Participación de Atenas na loita contra os Celtas. | |
-274 - -272 | Primeira guerra de Siria, entre Láxidas e Seléucidas. | |
-272 | Embaixada de Tolomeo II ante o Senado romano. Principio da amizade entre os Láxidas e Roma. | |
-270 | Honores votados ao demócrata Leocares e a Calias de Esfetos, o «liberador» de -287. | |
-268 | Hierón, rei en Siracusa. | |
-268 - -267 | Arcontado de Pitidemo: principio da guerra contra Antígono (guerra de Cremónides); alianza de Atenas con Esparta (decreto de Cremónides). | |
-267 | Forzas láxidas e antigónidas en Ática. | |
-267 - -262 | Guerra de Cremónides. | |
-265 - -262 | Asedio de Atenas. | |
-263 | Independencia de Pérgamo. | |
-262 | Ocupación e administración macedonia de Atenas. | |
-260 - -253 | Segunda guerra de Siria. | |
-256 - -255 | Evacuación de Atenas, pero non das guarnicións exteriores. | |
-251 | Principio da expansión da Confederación Aquea. | |
-250 | Perda dos confíns orientais do Imperio Seléucida. | |
-246 | Fin do reinado de Tolomeo II. | |
-246 - -241 | Cambios de reinado e terceira guerra de Siria. | |
-240 - -238 | «Guerra fratricida» no reino seléucida e constitución do reino de Pérgamo. | |
-244 | Visita de Antígono a Atenas. | |
-244 - -222 | Época dos reis reformadores en Esparta. | |
-243 | Primavera | Inseguridade en Atenas tras a ocupación de Corinto por Aratos. |
-238 | Evacuación das fortalezas da campaña por Demetrio II. | |
-231 - -230 | Fin do reino de Epiro. | |
-229 | Morte de Demetrio II. Negociación da retirada da guarnición do Pireo. Política de neutralidade e de non-intervención, dirixida por Euriceides e Mición. Intervención romana no Adriático. | |
-229 - -228 | Primeira guerra de Iliria. | |
-227 | Terremoto en Rodas. Constitución da provincia romana de Sicilia. | |
-227 - -222 | Guerra de Cleómenes. Reconstitución da Liga helénica. | |
-223 | Subida ao trono de Antíoco III. Rebelión xeral. | |
-221 | Subida ao trono de Filipo V. | |
-221 - -217 | Cuarta guerra de Siria. Batalla de Rafia. Guerra dos Aliados entre etolios e a Liga Helénica. Paz de Naupacto. | |
-219 | Segunda guerra de Iliria. Principio da segunda guerra púnica. Repartición de trigo láxida en Roma en período de penuria. | |
-215 | Alianza de Filipo V de Macedonia e de Haníbal. Principio da primeira guerra de Macedonia. | |
-212 | Tratado romano-etolio. Intervención de Roma na guerra. | |
-211 | Segunda guerra de Iliria. | |
-205 | Fin da primeira guerra de Macedonia. Primeira intervención romana no reino láxida. Coa subida ao trono dun rei-neno (Tolomeo V) e mentres Antíoco III esta ás portas de Exipto, Roma obtén a retirada do Seléucida. Guerra cretense. | |
-202 | Fin da segunda guerra púnica. | |
-200 | Alianza de Atalo de Pérgamo e de Roma. |
Ano | Data | Acontecemento |
---|---|---|
-200 - -197 | Segunda guerra de Macedonia. | |
-196 | Roma proclama a liberdade dos Gregos. | |
-195 | Haníbal ante de Antíoco III. | |
-192 - -188 | Guerra de Antíoco ou etolo-siria. Os romanos pasan a Asia. | |
-188 | Paz de Apamea. Retirada dos Seléucidas de Asia Menor. Apoxeo de Pérgamo e de Rodas, aliados de Roma. | |
-171 - -168 | Terceira guerra de Macedonia. | |
-168 | Desaparición do reino Antigónida. Intervención diplomática de Roma na sexta guerra de Siria: ultimato a Antíoco IV: o legado Popilio Lenas obrígao a levantar o asedio de Alexandría. | |
-167 | Pillaxe do Epiro ao regreso das lexións. Principio da Rebelión dos Macabeos. | |
-166 | Creación do porto franco de Delos ás expensas de Rodas. | |
-164 | Primeira partición do reino dos tolomeos: terceira intervención romana, tras da guerra fratricida entre Tolomeo VI e o seu irmán Apión, o senado obriga a unha partición do reino. | |
-149 - -148 | Rebelión de Andrisco en Macedonia. Constitución da provincia de Macedonia. | |
-149 - -146 | Terceira guerra púnica. | |
-147 - -146 | Guerra de Acaia. | |
-146 | Destrución de Corinto e de Cartago. | |
-145 - -116 | Reinado axitado de Tolomeo VIII Everxetes II. | |
-140 | Extensión do reino parto ata Mesopotamia. | |
-133 | Morte de Atalo III, que lega o seu reino a Roma. | |
-133 - -128 | Rebelión de Aristónico en Pérgamo. Constitución da provincia de Asia. | |
-129 | Derrota e morte de Antíoco VII contra os partos. Principio do declive seléucida. | |
-121 | Principio do reinado de Mitrídates VI no Ponto. |
Ano | Data | Acontecemento |
---|---|---|
-89 - -85 | Primeira guerra mitridática (Sila). | |
-88 | Masacre dos Italianos de Asia. | |
-86 | Vitoria de Sila na terceira batalla de Queronea sobre une exército de Mitrídates VI. | |
-80 | Intervención de Sila: á morte de Tolomeo IX, sen herdeiro home lexítimo, Sila instala no trono o príncipe que el elixiu. | |
-74 - -70 | Segunda guerra mitridática (Lúculo). | |
-67 - -63 | Terceira guerra mitridática e reorganización do Oriente por Cneo Pompeio Magno. Fin do reino seléucida. | |
-63 | Fin do reinado de Mitrídates VI. | |
-58 | Tolomeo Auletes refúxiase onda Pompeio en Roma. | |
-55 | Intervención do gobernador de Siria Gabinio. Tolomeo Auletes é restituído no trono. | |
-54 - -51 | Caio Rabirio Póstumo ministro de Finanzas do reino láxida. | |
-51 | Subida ao trono de Cleopatra en Alexandría. | |
-48 | Primeira guerra civil. Batalla de Farsalia en Tesalia. Execución de Pompeio refuxiado en Exipto. | |
-48 - -47 | Sublevación de Alexandría. Campañas de César en Exipto e no Ponto. Para servir aos intereses de Cleopatra, asasina ao seu irmán-esposo, Tolomeo XII e senta no trono ao irmán máis novo, Tolomeo XIII. Relación con Cleopatra. Nacemento de Cesarión. | |
-47 - -44 | Cleopatra e Cesarión en Roma. | |
-44 | Refundación de Corinto por César, como colonia romana. | |
-41 - -30 | Intervención de Antonio. Relación con Cleopatra e nacemento de tres nenos. | |
-42 | Segunda guerra civil. Batalla de Filipos en Macedonia. | |
-34 | Antonio en Alexandría. Reorganización do Oriente arredor de Alexandría. | |
-31 | Batalla de Actio. | |
-30 | Organización da provincia de Exipto. | |
-27 | Constitución da provincia de Acaia. |
Ano | Data | Acontecemento |
---|---|---|
120 | Morte de Plutarco. | |
124 - 125 | Primeira viaxe de Hadriano a Grecia e a Asia. | |
128 - 129 | Segunda viaxe de Hadriano. | |
131 - 132 | Terceira viaxe de Hadriano. Fundación do Panhelenión. | |
Descrición da Grecia (Periéxese) de Pausanias. Historia de Arriano (a Anábase de Alexandre e a Historia dos Diádocos, das que só quedan fragmentos). | ||
162 | Odeón de Herodes Ático en Atenas. | |
166 | Gran peste. | |
170 | Invasión dos Costobocos. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.