Bósforo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bósforomap

O Bósforo é un estreito marítimo entre o mar Negro e o mar de Mármara (que no seu outro extremo comunica co mar Mediterráneo a través do estreito dos Dardanelos) e que separa Europa e Asia, á beira do cal está situada a cidade de Istambul (Constantinopla).

Datos rápidos Tipo, Parte de ...
Bósforo
(tr) İstanbul Boğazı
Thumb
Tipoestreito
Parte deMar Negro
Mar de Mármara
Localización
ContinenteAsia e Europa
División administrativaprovincia de Istambul, Turquía
Thumb
 41°07′N 29°05′L
Características
Profundidade186 m
Dimensións29,9 () km
Área importante para as aves
Identificadorbosphorus-iba-türkiye
Pechar

Hai dúas pontes sobre este estreito. A ponte Bogazici, de 1074 metros de largo, completouse en 1973. A segunda ponte, a Fatih Sultan Mehmede, posúe unha lonxitude de 1014 metros, completouse en 1988 e atópase a case a cinco quilómetros ao norte da primeira.

Un túnel ferroviario de 13,7 quilómetros foi construído e estimouse a súa entrada en funcionamento para o 2012. Aproximadamente 1400 metros do túnel foron construídos baixo o estreito, a unha profundidade de 55 metros.[1]

Etimoloxía

O nome procede do grego bos: boi + foros: pasar, trasladar, xa que na antigüidade era común atravesar tal estreito cun odre inflado confeccionado coa pel dun boi. A palabra grega foi modificada posteriormente en lingua turca coma Boğaziçi.

Formación xeolóxica

O Bósforo formouse ao redor do 5600 a. C., cando unha as augas do mar Mediterráneo e o mar de Mármara inundaron o val fluvial dun extenso lago de auga doce próximo que, coa irrupción das augas do mar de Mármara a través do Bósforo, converteuse no mar Negro actual.[Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.