Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Epiro[1][2] (en grego: Ήπειρος, Epeiros, que significa 'continente') é unha rexión xeográfico-histórica dos Balcáns habitada na antigüidade por diversas tribos gregas e hoxe compartida por Grecia e Albania. Na actualidade a maior parte desta rexión é unha das 13 periferias de Grecia chamada periferia de Epiro, e a parte de Albania é coñecida como Epiro Setentrional. Os seus límites eran: ao norte con Iliria e Macedonia, ao sur co golfo de Ambracia e Etolia, ao leste con Tesalia e ao oeste co mar Xónico. O sector central e setentrional de Epiro durante a antigüidade clásica constituía a rexión chamada Molosia. O sistema montañoso chamado Pindo separa esta rexión de Tesalia.
Foi, e segue sendo, unha rexión agraria na que se cultiva sobre todo trigo e outros cereais, verduras, froitas, oliveiras e tabaco.
Toda a rexión mantivo frecuentes guerras coa súa veciña Macedonia, excepto no período no que os reis de Molosia crearon lazos de amizade con Filipo II de Macedonia que casou coa princesa Olimpia de Epiro, filla de Neoptólemo, e futura nai de Alexandre Magno. O seu máximo esplendor tívoo a finais do século IV e principios do III a. C., co rei Pirro. A súa principal cidade era Dodona, famosa polo seu oráculo e situada no reino subordinado de Molosia. Durante o reinado de Alexandre de Epiro, a residencia real foi establecida na cidade de Butrinto. No ano 146 a. C. pasou a formar parte do Imperio romano. No século IV, coa división do imperio, este pasou a ser parte do dominio oriental, tamén coñecido como imperio bizantino de Constantinopla. No século XIV constituía un reino medieval que chegou a ser vasalo de Albania; en 1430, a rexión encontrábase baixo o poder do Imperio Otomán.
Despois da Guerra dos Balcáns (1912–1913), o sur pasou a ser parte da actual Grecia e a zona norte de Epiro foi incorporada a Albania (Epiro Setentrional).
O nome Epiro deriva do grego: Ἤπειρος, Ḗpeiros (en dórico: Ἄπειρος, Ápeiros), que significa 'continente' ou 'terra firme'.[3] Crese que provén da raíz indoeuropea apero-, 'costa',[4] e aplicouse orixinalmente á parte continental fronte a Corfú e as illas Xónicas.[5] O nome local foi marcado na acuñación da liga Epirota: ΑΠΕΙΡΩΤΑΝ (Ἀπειρωτᾶν, Āpeirōtân, en ático: Ἠπειρωτῶν, Ēpeirōtôn, é dicir, 'dos Epirotas', ver imaxe da moeda). O nome albanés da rexión é Epiri, que deriva do grego.
A liga Epirota foi unha federación do noroeste que uniu varias tribos (ethnè),[6] entre finais do século IV e inicios do século II a. C. As principais tribos epirotas foron os molosos, os tesprotos e os caonios. A liga estaba dirixida por un hegemon ('xefe'), designado pola asemblea federal, quen moi a miúdo era o rei moloso.
A liga disolveuse en 170 a. C. a inicios da Terceira guerra macedónica, momento no que os molosos decidiron aliarse co rei de Macedonia Perseo, mentres que os tesprotios e os caonios optaron pola alianza cos romanos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.