Remove ads
cidade grega do Peloponeso From Wikipedia, the free encyclopedia
Argos (en grego antigo Άργος) é unha cidade grega do Peloponeso, na prefectura de Argólida, situada preto da capital da prefectura, Nauplia, que é o seu porto histórico. Estaba a uns 5 km da costa e tiña unha cidadela chamada Larisa. Considérase como a máis antiga cidade de Grecia. A súa fundación data do 2000 a.C. No pasado foi unha cidade próspera, pero hoxe no seu lugar só existen ruínas, á beira da cidade moderna, duns 30.000 habitantes. A rexión de Argos chámase Argólida.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
División administrativa | administración descentralizada do Peloponeso, Grecia Occidental e as Illas Xónicas | |||
Periferias | Periferia do Peloponeso | |||
Unidades periféricas | Argólida (pt) | |||
Concello | Argos-Mykines Municipality (en) | |||
Unidade municipal da Grécia (pt) | Argos Municipal Unit (en) | |||
Commune of Greece (en) | Commune of Argos (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 8.966 (1861) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 27 m | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Santo padrón | Peter the Wonderworker (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 21200, 21231 e 21232 | |||
Prefixo telefónico | 2751 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Segundo a mitoloxía grega foi o berce de moitos heroes que participaron na guerra de Troia.
Numerosos restos do pasado atraen aos turistas á cidade. Tamén son característicos os cultivos de cítricos, que arrodean a cidade e enchen o val en que se encontra.
A cidade moderna sitúase ao pé dun outeiro, e ten unha serie de edificios modernos dominados polo castelo de Larisa a 300 metros por encima. Deste castelo, (do século XIII), só perduran as súas paredes exteriores e a armazón dun torreón. Desde a súa altura aprécianse fermosas vistas da costa e da cidade no medio de extensos hortos de cítricos e oliveiras. Tamén no castelo hai un museo onde se exhiben cerámicas, armas, mosaicos e unha armadura de bronce do século VIII a.C.
A lenda atribúe a súa fundación ao pelasgo Ínaco, ao seu fillo Foroneo ou ao seu neto Argos. Os seus descendentes reinaron durante nove xeracións e Xelanor, o último rei, foi derrocado polo exipcio Dánao.
A este sucedeulle Linceo, e a este, Abas. Os dous fillos deste último repartíronse o territorio: Acrisio quedou con Argos e Preto fixo o propio con Tirinto.
Perseo, fillo de Dánae e neto de Acrisio, fundou Micenas, que se converteu na capital do reino. A Eristeo, neto de Perseo, sucedeuno, como rei de Micenas, Atreo, fillo de Pélope, que deixou como sucesor ao seu neto Agamenón, que gobernou sobre boa parte do Peloponeso.
Homero describe a Micenas como a capital e a Argos como unha cidade subordinada, baixo o goberno de Diómedes. O fillo de Agamenón, Orestes, uniu os gobernos de Micenas e de Argos, e máis tarde o de Lacedemonia, polo matrimonio con Hermíone, filla de Menelao. Orestes volveu a establecer a capital en Argos. Co seu sucesor, Tisámeno, produciuse a invasión dos dorios, que o expulsaron e fixéronse os amos de Argos.
A rexión de Argos estaba poboada por aqueos cando chegaron os dorios e, en xeral moitas cidades conservaron a súa poboación aquea, e só algunha foi poboada polos dorios, como foi o caso de Argos. No arcaísmo destaca a figura de Fidón, un rei lexítimo da casa Teménida que, segundo a tradición, converteuse en tirano. O seu goberno aparece envolvido nunha brétema cronolóxica pero grosso modo podería situarse entre -710 e -660. A súa vitoria sobre os espartanos na batalla de Hisias permitiulle exercer unha breve hexemonía sobre o Peloponeso e controlar os Xogos Olímpicos a través dos pisatas e en detrimento dos eleos.
Argos foi a sede dunha liga de cidades dóricas: Cleonas, Fliunte, Sición, Epidauro, Trecén, Hermíone, e Exina. Esta liga era unha anfictionía ou liga sagrada, e estivo vixente até o 514 a.C. As loitas con Esparta foron continuas e a causa principal foi a posesión do distrito de Cinuria ou Tireátide, fronteirizo entre Lacedemonia e a Argólida; unha destas batallas foi a dos Campións, contra 545, que, segundo Heródoto foi disputada entre trescentos arxivos e trescentos espartanos seleccionados.
En 514 a.C. encontramos a Exina e Sición, antigos membros da anfictionía, que foran aliadas de Esparta contra Argos e foron condenadas a pagar unha multa. Co rei Cleómenes I os espartanos conseguiron esmagar o exército arxivo na batalla de Sepea (-494), onde morreron seis mil arxivos e a lenda di que a cidade salvouse polas mulleres que, dirixidas pola poetisa Telesilla, rexeitaron ao exército espartano nas murallas. A sensíbel redución da poboación arxiva como consecuencia das perdas humanas obrigou a integrar a poboación perieca e medsmo, segundo Aristóteles, escrava.
Desde aquela, Argos xa só tivo supremacía relixiosa, e non participou nas guerras contra Persia, declarándose neutral. Nesta época, Micenas e Tirinto eran independentes e aliadas de Esparta. En -468, os arxivos destruíron Micenas e, pola mesma época, Tirinto, Hisias, Midea e outras cidades da rexión. Moitos cidadáns das cidades próximas foron trasladados a Argos. A supremacía relixiosa sobre rexións veciñas aínda perduraba ao comezar a Guerra do Peloponeso, en -432.
Mentres durou o poder dórico había tres clases de cidadáns: os dorios da cidade, divididos en tres tribos (máis tarde catro) entre os cales había algúns que non eran dorios; os periecos, antigos habitantes aqueos; e os ximnetes, escravos colectivos, equivalentes aos hilotas de Esparta. O rei era o xefe do estado e foi un descendente de Témenos até o rei Meltas. Despois houbo outra dinastía que gobernaba en tempos das Guerras Médicas. O rei tiña o seu poder limitado por un Consello. Pero ao levar alí novos habitantes, a estrutura cambiou e a monarquía foi eliminada, establecéndose un goberno democrático cun Consello, o corpo dos oitenta (probabelmente de orixe aristocrática) e os artynais, que eran os que dirixían o Consello. Unha das institucións da cidade foi o ostracismo. Tamén se estableceron tribunais militares nos que os soldados xulgaban a conduta dos seus xefes á volta de cada expedición militar.
En tempos de Tucídides, Argos aliouse con Atenas. Argos foi neutral durante os primeiros dez anos da guerra do Peloponeso, a chamada Guerra arquidámica, porque tiña un tratado de tregua de trinta anos con Esparta. Argos incrementou a súa riqueza, mentres que Esparta se empobrecía coa guerra. A Paz de Nicias (-421) conduciu a Argos a buscar a supremacía no Peloponeso, polo que se aliou con Atenas, Mantinea e Élide, na chamada "Cuádrupla Alianza". Para o enfrontamento contra Esparta, Argos formou un corpo dun millar de hoplitas escollidos, adestrados e alimentados polo Estado. A derrota dos coligados na Batalla de Mantinea, en -418, supuxo a desintegración da alianza e, como corolario, un derrocamento da democracia arxiva promovida polo corpo de elite Dos Mil. Ao cabo duns meses, o pobo rebelouse e expulsou os oligarcas e o novo goberno renovou a alianza con Atenas e iniciou a construción de murallas que chegaron até o mar, pero que foron destruídas polos espartanos antes de que puideran acabarse de construír. Argos permaneceu na alianza ateniense durante o resto da Guerra do Peloponeso, aínda que de maneira ineficaz, pois o exército hoplítico arxivo pouco tiña que facer nun escenario naval no mar Exeo.
Despois da guerra, Argos estivo sempre ao lado dos inimigos de Esparta. En 395 a.C. foi de novo aliada de Atenas, e de Beocia e Corinto, contra Esparta, na chamada Guerra de Corinto, que se pechou coa Paz do Rei en 386 a.C. Durante a mesma, os arxivos tiveron aspiracións de controlar, e talvez anexionarse, Corinto, pero estas aspíracións foron frustradas. En 362 a.C., Argos combateu con Tebas, atacada por Esparta, que tiña como aliada a Atenas. Por este tempo, os oligarcas intentaron recuperar o poder e o pobo vingouse con disturbios (chamados Skutalismos ou Club da lei) que causaron a morte de máis de mil oligarcas e demócratas moderados.
O rei Pirro de Epiro, quixo sorprender á cidade e morreu á súas portas. Nesta época, Argos foi gobernada por tiranos axudados polos reis de Macedonia, época que durou até que Arato, despois de derrocar aos tiranos de Sición e Corinto, convenceu a Aristómaco, tirano de Argos, de renunciar ao poder.
Entón Argos uniuse á Liga Aquea (-229), á que permaneceu unida até a conquista romana en -146, coa excepción da ocupación da cidade polos espartanos baixo Cleómenes III, e despois baixo Nabis, tirano de Esparta, e a súa muller. Baixo os romanos foi cabeceira do distrito de Argolis (Argólida).
No século -VI Argos foi sede dunha escola de escultura, na que destacaron Axéladas e os seus tres discípulos, Fidias, Mirón e Policleto, tres dos máis grandes escultores antigos. No mesmo tempo destacou o músico e poeta Sacadas (contra -590 - -580. A poetisa Telesilla foi tamén un personaxe destacado. Pirro foi enterrado no templo de Deméter preto de Argos.
A cidade pertenceu ao Imperio bizantino, no que tivo certa importancia. En 1248 pasou ao Ducado de Atenas e, cando foi conquistada pola Coroa de Aragón ao duque franco, este retirou a señoría de Argos e Nauplia.
O territorio foi vendido pola última señora María de Enghieu á República de Venecia en 1388.
En 1394 pasou aos déspotas de Mistra.
En 1460 foi conquistada polo Imperio Otomán.
Baixo os otománs foi unha pequena cidade provincial.
Durante a guerra de independencia de Grecia foi queimada polos turcos (1825) e defendida por Ypsilandis dos ataques otománs.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Argos, Grecia |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.