astrónomo, construtor, cartógrafo e matemático grego From Wikipedia, the free encyclopedia
Hiparco (en grego Hipparkhos), nado en Nicea (Bitinia) cara ao -194 e finado cara ao -120, foi un astrónomo, construtor, cartógrafo e matemático grego.
Nome orixinal | (grc) Ίππαρχος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Ἵππαρχος c. 190 a. C. Nicea (Reino de Bitinia) |
Morte | c. 120 a. C. (69/70 anos) Rodas (Grecia Antiga) |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo, matemático, xeógrafo |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Hiparco viviu en Alexandría e en Rodas a partir dos 30 anos e adicouse ao estudo das estrelas ata a súa morte.
Usou e introduciu na Grecia a división da circunferencia en 360º, dos babilónicos, en vez da división grega en 60 graos. Estudou tamén as funcións trigonométricas, sendo por algúns considerado o criador da trigonometría. Dividindo o diámetro do círculo en 120 partes, determinou, polo cálculo, e non só por aproximacións, o valor das cordas con relación ás diversas partes do diámetro.
Construíu a dioptra ou bastón de Tiago, unha regra graduada, con guía e un cursor, usada para medir ángulos.
Estableceu unha táboa de cordas para facilitar os cálculos astronómicos e desenvolveu un método para a solución dos triángulos esféricos. Na xeometria plana, elaborou un teorema coñecido como o teorema de Tolomeo. Atribúese tamén a invención da esfera armilar ou astrolabio esférico.
Hiparco tamén elaborou unha táboa de ascensión dos signos, estudou a determinación da hora nocturna, mediu as dimensións de distancias do Sol e da Lúa.
Por volta de 128 a. C., escribiu Sobre a posición dos puntos de Equinoccio e de Solsticio, onde comparou as súas observacións coas do estudoso Timocárides. Neste estudo verificou que as posicións estelares non son fixas.
Escribiu tamén Sobre a duración do ano onde dixo que os equinoccios se deslocan sobre a eclíptica, nunha velocidade de 1/100 de grao por ano e que este movemento acontece en volta dos pólos da eclíptica. Definiu con maior precisión o ano sideral e ano trópico.
A súa última obra foi o Catálogo das estrelas fixas, onde describe a forma das constelacións e enumera 850 estrelas visibles dividíndoas en seis grandes grupos ou magnitudes segundo a luminosidade, este sistema utilizouse durante 1800 anos[1], informando das súas coordenadas eclípicas, sendo que unha delas, a lonxitude, variaba debido á precesión dos equinocios.
Hiparco inventou a proxección estereográfica e ideou unha rede fundamental, en que toda a Terra estaría representada graficamente e calquera punto puidese ser atopado co uso da latitude e da lonxitude.
Por ter idealizado a comparación de posicións estelares en diferentes épocas Hiparco é o iniciador de métodos que foron usados nos 2000 anos seguintes.
Perdéronse case todas as súas obras. O que hoxe se sabe sobre Hiparco advén de historiadores ou outros astrónomos. O seu único traballo que sobreviviu ao tempo é un comentario sobre "Fenómenos", un tratado de astronomía escrito por Eudoxio de Cnido, contemporáneo de Platón. O comentario a un poema astronómico de Arato de Solos, unha descrición de constelacións. Fora dese traballo menor, o único coñecemento que se ten da obra de Hiparco está en escritos posteriores, especialmente nos de Estrabón e de Tolomeo, en concreto no Almaxesto.
Tampouco se encontrou o lugar en que fundou un observatorio, en Rodas; mais sábese con certeza que desenvolveu alí importantes actividades de 128 a 127 a.C.
Segundo os historiadores, dedicouse ata o final da súa vida ao estudo da lúa e elaborou a previsión dos eclipses futuros, por 600 anos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.