Remove ads
interposición dun corpo celeste entre outros dous From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha eclipse é un acontecemento astronómico consistente na interposición dun corpo celeste entre outros dous. En xeral, enténdese que os tres corpos implicados son o Sol, nun extremo, e a Terra ou a Lúa no outro da aliñación.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
Dende a Terra pódense observar dous tipos de eclipses: de Sol e de Lúa. A eclipse de Sol prodúcese cando a Lúa se pon no medio do Sol e a Terra, e a de Lúa cando a Terra non deixa chegar a aquela a luz do Sol, co que se oculta, facéndose invisible.
As eclipses de Sol só son visible dende a zona da Terra que queda sombreada, namentres as eclipses de Lúa son visibles dende todos os puntos da Terra que nese momento están dirixidos cara á Lúa.
As eclipses poden ser parciais, totais, e, as de Sol, anulares. Son totais cando un corpo se oculta totalmente detrás do outro. Son parciais en caso contrario; de calquera xeito, unha eclipse pasa por etapas de parciais antes de chegar á totalidade. As de Sol poden ser anulares, xa que a Lúa, a pesar de estar moito máis próxima que o Sol, é moito máis pequena, e o tamaño aparente en xeral é lixeiramente máis pequeno que o do Sol.
Outras efemérides poden ser consideradas eclipses, aínda que se distinguen normalmente co devandito nome de efemérides. Un tipo destas son os tránsitos: o martes 8 de xuño de 2004 Venus pasou por diante do Sol, distinguíndose dunha eclipse polo feito de que o tamaño aparente de ambos os dous corpos é moi diferente, co que non se aprecia cambio de luminosidade no Sol. Este fenómeno acontecera xa o 6 de decembro de 1882, e a seguinte vez será en xuño de 2012, aínda que non será visíbel desde Galiza.
A palabra eclipse provén do grego ἔκλειψις ékleipsis 'desaparición, eclipse' e ese do verbo ἐκλείπω ekléipo, 'deixar de existir'.
Unha eclipse na que participen o Sol, a Terra e a Lúa só pode ter lugar cando están en liña. Dado que o plano da órbita da Lúa está inclinado respecto do plano da órbita da Terra (a eclíptica), as eclipses só acontecen cando os tres corpos están preto da intersección (o nodo destes planos. O Sol pasa por cada nodo unha vez ao ano e as eclipses teñen lugar nun período de aproximadamente dous meses dracónicos arredor dese tempo. Pode haber entre catro e sete eclipses nun ano de calendario. Repítense de acordo cos ciclos de eclipses.
Hai tres tipos de eclipses lunares: penumbral, no que a Lúa percorre só a penumbra da Terra; parcial, no que a Lúa cruza parcialmente a umbra da Terra; e total, no que a Lúa cruza totalmente a umbra da Terra.
Con anterioridade á astronomía moderna cada cultura tiña a súa explicación para as eclipses. Referíanse normalmente a conflitos entre forzas míticas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.