Remove ads
traxectoria que describe un obxecto arredor de outro baixo a influencia da gravidade From Wikipedia, the free encyclopedia
A órbita é a traxectoria que un corpo percorre arredor doutro baixo a influencia dalgunha forza (normalmente da gravidade). Segundo as leis do movemento planetario de Johannes Kepler, as órbitas son planas, xeralmente elípticas, aínda que os planetas interiores (próximos á estrela que orbitan) teñan órbitas case circulares. Máis tarde, Isaac Newton demostrou que algunhas órbitas, como as de certos cometas, son hiperbólicas e outras parabólicas. Dentro dun sistema solar, os planetas, asteroides, cometas e outros obxectos de menor tamaño percorren órbitas elípticas arredor da estrela, mentres que as lúas e outros satélites fan o propio arredor dos planetas.
Sexa cal fose a órbita seguida polo obxecto, o corpo arredor do que describen coa súa traxectoria atópase situado no foco da cónica descrita, de modo que sempre poden definirse dous puntos singulares, como o de maior afastamento ou afelio, (no caso da órbita terrestre; apoapse de xeito xenérico para calquera órbita) e o de maior aproximación ou perihelio (no caso da órbita terrestre; periapse de xeito xenérico para calquera órbita).
Xeométricamente, a órbita ven definida no espazo pola inclinación do seu plano en relación a outro de referencia, os seus focos e os seus eixes maior e menor. Astronómicamente, defínense os apoapse e periapse como os puntos máis lonxe e máis preto do corpo central, e os nodos ascendentes e descendentes como os puntos de corte da órbita ó plano de referencia, unha vez establecidos o plano de referencia para definir os elementos orbitais e o corpo central.
Se o corpo orbitante ten unha enerxía mecánica (suma de potencial e cinética) positiva, a órbita será aberta. en caso de ser a enerxía mecánica negativa, será cerrada. Se o campo causante da órbita é central e inversamente proporcional ó cadrado da distancia ó centro (caso da gravidade), entón, as órbitas abertas terán forma de hipérboles, e as cerradas, de elipse (como caso particular, cando a enerxía cinética ten un valor continuamente igual á metade da enerxía potencial en módulo, a órbita será circular). No caso límite entre ambos, enerxía mecánica nula, a órbita será parabólica.
Dende hai moito tempo se cñece que as órbitas rexidas pola forza gravitatoria (por exemplo, as órbitas dos corpos arredor do Sol) seguen órbitas que son os cortes de planos con cónicas. Deste xeito, se temos un cono e o cortamos cun plano perpendicular ó eixe de simetría, teremos un círculo (órbita circular, caso particular de elipse, órbita elíptica). Se o corte é producido por un plano inclinado, pero cun ángulo coa perpendicular ó eixe menor que a recta xeratriz do cono, teremos unha elips (órbita elíptica). Se o ángulo é o mesmo que o que forma a recta xeratriz, teremos unha parábola (órbita parabólica, a liña non se pecha). Se o ángulo é maior, xera unha hipérbole (órbita hiperbólica, aberta).
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Órbita |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.