Un obxecto astronómico é unha entidade física significativa, unha asociación ou estrutura da que a ciencia confirmou a súa existencia no Universo.[1] Iso non significa necesariamente que a ciencia actual non refute a súa existencia no futuro (dependendo dos coñecementos astronómicos existentes nese momento). Algúns obxectos astronómicos, como Themis ou Neith, á luz dos estudos máis recentes, considérase que non existen. Outros, coma Plutón ou Ceres, son de natureza totalmente diferente do previsto con anterioridade pola ciencia. Nestes casos, a comunidade científica chega a un consenso con respecto a súa clasificación. Os obxectos astronómicos baseados en probas científicas indirectas considéranse obxectos hipotéticos.

Un obxecto astronómico pódese confundir facilmente cun corpo celeste (son os obxectos que están no ceo). O termo "corpo" indica un obxecto simple, coma un planeta, aínda que tamén podemos considerar o cinto de asteroides un obxecto astronómico. A Terra non é un obxecto ou corpo celeste (non esta no noso ceo, senón embaixo del), pero si é un obxecto ou corpo astronómico (obxecto de estudo pola astronomía).

Obxectos astronómicos do Sistema Solar por densidade

Máis información Corpo celeste, Densidade kg/m³ ...
Obxectos astronómicos e a súa respectiva densidade
Corpo celesteDensidade kg/
1Terra5 515
2Mercurio5 427
3Venus5 204
4Marte3 934
5Neptuno1 638
6Sol1 409
7Xúpiter1 326
8Urano1 290
9Saturno687
Pechar

Galería de imágenes

Notas

Véxase tamén

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.