bóveda imaxinaria da Terra onde os astros se moven From Wikipedia, the free encyclopedia
O ceo é a parte do espazo que aparece sobre a terra como unha bóveda que limita co horizonte. O cénit é o punto do ceo que se corresponde coa vertical do lugar, e o seu oposto denomínase nadir.
En astronomía, ceo é sinónimo de esfera celeste: unha bóveda imaxinaria sobre a cal se distribúen o Sol, as estrelas, os planetas e a lúa. A esfera celestial divídese en rexións denominadas constelacións.
En meteoroloxía o termo ceo fai referencia á zona gasosa máis densa da atmosfera dun planeta.
Tamén aparecen fenómenos naturais como son as nubes, os arco da vella, aurora boreal e relampos (que se poden ver durante tormentas eléctricas). Como resultado das actividades humanas, a néboa vese a miúdo sobre cidades durante as primeiras horas do día.
A cor do ceo é fundamentalmente o resultado da radiación difusa, unha interacción da luz solar coa atmosfera. Nun día claro, o ceo do noso planeta vese azul celeste, e pódese divisar o sol e as nubes que poden chegar a tapar á estrela. Durante o amencer e ao solpor, o horizonte varía entre a cor laranxa e a vermello. Á chegada da noite o ceo é dun azul moi escuro, case negro, e pódense ver as estrelas, a Lúa e pode que ata algún planeta veciño.
Ao ollarmos cara ao ceo, no canto de ver o negro do espazo, vémolo normalmente, de día, dunha cor azul. Isto é debido á dispersión de Rayleigh no ar. Sendo a dispersión de Rayleigh inversamente proporcional á cuarta potencia da lonxitude de onda, isto significa que potencia a dispersión da luz de lonxitude de onda mais curta, que corresponde no espectro visible co azul. Do mesmo xeito pero con efecto contrario, ao ollarmos cara ao Sol ao solpor, a luz que nos chega leva percorrido unha porción de atmosfera moito maior, co cal a parte do espectro visible de lonxitude mais curta xa se dispersou quedando os laranxa e vermellos, para ficar case ao fin do solpor soamente os tons vermellos.
Ceos escuros é o nome habitual dado á campaña para reducir e finalmente eliminar tanta contaminación lumínica do planeta como sexa posible. A campaña está liderada pola International Dark Sky Association (IDA) e apoiada por organizacións de moitos países.
A palabra ceo procede do latín cælum que implica unha forma circular e contén unha connotación de pureza e de perfección harmoniosa.
Pola súa grandiosidade, o ceo está presente en múltiples relixións e mitoloxías.
Hai varios ceos espacíficos mencionados na Biblia: o ceo onde se atopa o trono de Deus ao cal Xesús ascendería, visto por Santo Estevo. Ese sería o ceo onde os anxos e Satanás están. Na Biblia fálase incluso dos "ceos dos ceos" na Epístola aos romanos) e que haberá "novos ceos".
Ceo (Caelus) era un deus romano equivalente na mitoloxía grega a Urano. Fillo e marido de Tellus, a Terra nai, equivalente na mitoloxía grega a deusa Gaia. Pai de Saturno (grego Crono) e doutros titáns: Océano, Críos, Hiperión, Xápeto, Tea, Rea, Temis, Mnemósine, Febe, Tetis; dos Hecatónquiros: Coto, Briareu e Xixes; dos Ciclopes: Brontes, Estéropes e Arxes; das Erinias; dos Xigantes; das Ninfas Melianas e de Venus (grego Afrodita).
A función de Urano na mitoloxía grega é a de derrotado deus dun tempo pasado, antes de que o tempo real comezase. Tras a súa castración, o Ceo non volveu a acudir a cubrir a terra pola noite, senón que ocupou o seu lugar.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.