Remove ads

Os titáns, masculino, e titánides ou titanias, feminino, foron deidades da primeira xeración divina, na mitoloxía grega, nacidos da unión entre Xea e Urano. Uníronse entre si para procrear a segunda xeración de deuses, chamados Olímpicos, aínda que dous titáns uníronse a femias doutras estirpes (Xapeto con Clímene, unha oceánide, e Crío con Euribia), e dúas titánides, Temis e Mnemósine, foron compañeiras de Zeus.

Thumb
A caída dos Titáns de Rubens.

O seu número é diferente segundo os autores. Na Teogonía de Hesíodo son seis, que reciben os nomes de Océano, Ceo, Hiperión, Crío, Xapeto e Cronos, os varóns; e Tetis, Rea, Temis, Mnemósine, Febe e Tía, as mulleres:[1]

  • Océano, o maior, señor das augas;
  • Ceo, «o que pensa» ;
  • Crío, o que vai ao oeste
  • Hiperión, «o que está por riba», o lume celeste;
  • Xapeto, «o que precipita», ancestro dos humanos;
  • Tía, «a divina», creadora dos metais preciosos;
  • Rea, esposa de Cronos;
  • Temis, «a lei divina», que preside sobre a xustiza;
  • Mnemósine, «a que lembra», fundadora da linguaxe;
  • Febe, «a brillante», coroada de ouro, o luar;
  • Tetis, preside a fecundidade mariña ;
  • Cronos, o derradeiro en nacer, que castrará o seu pai, Urano, cun fouciño e o destronará

Zeus rebelouse contra o seu pai Cronos, nunha guerra coñecida como Titanomaquia, na que se enfrontaron Zeus e os seus irmáns contra os titáns (mentres que as titánides se mantiveron neutrais).

Remove ads

Mitoloxía

Thumb
Mosaico de Petra (Xordania), representando ó deus Océano

Segundo Elvira Barba, o mito dos titáns ten raíces neolíticas, anteriores á chegada dos pobos indoeuropeos a Grecia.[Cómpre referencia]

Salvo Temis e Mnemósine, por un lado, e Cronos e Rea, por outro, os titáns no desenvolveron un perfil propio e apenas aparecen na iconografía. En todo caso, sábese que Océano e Tetis se mantiveron na ribeira da Terra polo seu comportamento neutral durante a guerra, e que criaron a Hera. Océano pode ser representado con atributos relacionados co seu carácter acuático (áncora, remo, ánfora que verte auga), pero son máis características unhas pinzas de cangrexo sobre a súa cabeza, con pelo largo, barba mollada e auga saíndo da súa boca.

Tetis represéntase, adoito en mosaicos, como muller sentada e máis ou menos núa, rodeada de peixes e monstros acuáticos, ás veces cun remo, e sempre cunhas ás na fronte. Pode estar soa ou acompañando a Océano.

No altar de Pérgamo figuran representadas as titánides Tía e Febe.

Remove ads

Descencencia dos titáns

Océano e Tetis

Segundo a Teogonía de Hesíodo, os titáns Océano e Tetis tiveron tres mil oceánidas, ninfas das augas, e tres mil ríos.

Cronos e Rea

Cronos e Rea enxendraron a primeira xeración de Olímpicos, que tomaron o poder: Hestia, Demeter, Hera, Hades, Poseidón e Zeus.

Xapeto

Xapeto tivo cinco fillos cunha das fillas de Océano, Climene: Atlas, Prometeo, Menetios, Epimeteo e Hesperos.

Hiperión e Tea

Hiperio e Tea deron lugar a tres fillos: Helios, Selene e Eos, ou sexa, o sol, a lúa e a aurora.

Crío

Crío e Euribe (filla de Gaia e de Pontos) tiveron tres fillos: Astreo, Palas e Perseo.

Ceo e Febe

Segundo Hesíodo, Ceo e Febe tiveron dous: Asteria e Leto.

Temis

Segunda esposa de Zeus, Temis trouxo ao mundo a Astreo, as moiras e as horas.

Mnemosine

Mnemosine, unha das compañeiras de Zeus, enxendrou as nove musas.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads