Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Helios (en grego antigo Ἥλιος Hếlios, ‘sol’) é a personificación do Sol. O himno homérico identifícao como fillo dos titáns Hiperión e Tía (Hesíodo) ou Eurifaesa (himno homérico) e irmán das deusas Selene, a Lúa, e Eos, a Aurora. Porén, Homero chámao a miúdo simplemente Titán ou Hiperión.[1]
Helios era imaxinado como un fermoso deus coroado coa brillante auréola do sol, que conducía un carro polo ceo cada día ata o Océano que circundaba a terra e regresaba por este cara ao leste pola noite. Homero describe o carro de Helios como tirado por touros solares. Posteriormente, os cabalos recibiron os nomes Flegonte (‘ardente’), Aetón (‘resplandecente’), Pirois (‘ígneo’) e Éoo (‘amencer’).
Co paso do tempo, Helios foi cada vez máis identificado co deus da luz, Apolo. O seu equivalente na mitoloxía romana era Sol.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.