From Wikipedia, the free encyclopedia
Os titáns, masculino, e titánides ou titanias, feminino, foron deidades da primeira xeración divina, na mitoloxía grega, nacidos da unión entre Xea e Urano. Uníronse entre si para procrear a segunda xeración de deuses, chamados Olímpicos, aínda que dous titáns uníronse a femias doutras estirpes (Xapeto con Clímene, unha oceánide, e Crío con Euribia), e dúas titánides, Temis e Mnemósine, foron compañeiras de Zeus.
Reciben os nomes de Océano, Ceo, Hiperión, Crío, Xapeto e Cronos, os varóns; e Tetis, Rea, Temis, Mnemósine, Febe e Tía, as mulleres.[1]
Zeus rebelouse contra o seu pai Cronos, que se fixera co poder no ceo tras castrar a Urano, nunha guerra coñecida como Titanomaquia, na que se enfrontaron Zeus e os seus irmáns contra os titáns (mentres que as titánides se mantiveron neutrais).
Segundo Elvira Barba, o mito dos titáns ten raíces neolíticas, anteriores á chegada dos pobos indoeuropeos a Grecia.
Salvo Temis e Mnemósine, por un lado, e Cronos e Rea, por outro, os titáns no desenvolveron un perfil propio e apenas aparecen na iconografía. En todo caso, sábese que Océano e Tetis se mantiveron na ribeira da Terra polo seu comportamento neutral durante a guerra, e que criaron a Hera. Océano pode ser representado con atributos relacionados co seu carácter acuático (áncora, remo, ánfora que verte auga), pero son máis características unhas pinzas de cangrexo sobre a súa cabeza, con pelo largo, barba mollada e auga saíndo da súa boca.
Tetis represéntase, adoito en mosaicos, como muller sentada e máis ou menos núa, rodeada de peixes e monstros acuáticos, ás veces cun remo, e sempre cunhas ás na fronte. Pode estar soa ou acompañando a Océano.
No altar de Pérgamo figuran representadas as titánides Tía e Febe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.