Remove ads
un dos titáns na mitoloxía grega From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Hiperión (en grego antigo Ὑπερίων, que camiña nas alturas, ou que vai por riba) é un dos Titáns, fillo de Urano (o Ceo) e Xea (a Terra).
Segundo Hesíodo, casou coa súa irmá a titánide Tía (ou Tea) (tamén chamada Eurifaesa), coa que tivo tres fillos: Helios (o Sol), Selene (a Lúa) e Eos (a Aurora):
"Tea, dominada polo amor de Hiperión, enxendrou ó grande Helio, á brillante Selene e a Eos, que lucen para tódolos que habitan na Terra e para os inmortais deuses que ocupan o ancho ceo".(Hesíodo: Teogonía 372-374)
Hiperión desenvolve un papel practicamente nulo nos cultos gregos e na súa mitoloxía, limitándose a aparecer na lista dos doce Titáns. Polo seu nome, o que vai por riba da Terra, foi identificado con Helios e, finalmente, con Apolo. Na Teogonía de Hesíodo e na Odisea de Homero, o sol recibe o nome de Hyperonides (fillo de Hiperión) [1]. Na literatura grega posterior, Hiperión sempre se distingue de Helios.
Non se conservou ningunha imaxe de Hiperion, pero no friso sur do altar de Pérgamo si que se representa a súa esposa, Tía, acompañada das figuras dos fillos Helios e Selene.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.