Ra (deus)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Ra, tamén chamado Rê segundo o nome copto reconstruído como *Rīʕu (ri-ah), tamén Phra e despois como Amon-Ra, significando literalmente "Sol". Foi a principal deidade na relixión do Antigo Exipto. Identificado inicialmente co Sol do mediodía, o centro principal de culto estaba en Heliópole ("Cidade do Sol"). Nas postreiras dinastías, Ra pasou a Horus. Estaba asociado cun falcón.
Ra | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Deus do Sol | |||||||||||
![]() Nunha das súas moitas formas, Ra, deus do Sol, ten a cabeza dun falcón e o disco solar dentro dunha cobra descansando sobre a súa cabeza. | |||||||||||
Nome en xeróglifos |
ou
ou
| ||||||||||
Centro de culto | Heliópole | ||||||||||
Símbolos | Disco solar | ||||||||||
Información persoal | |||||||||||
Pais | Ningún (na maioría das fontes) Khnum e Neith (fontes alternativas) Hator (no ciclo do renacemento) Mehet-Weret (nalgunhas fontes) | ||||||||||
Irmáns | Apep, Sobek e Serket (como fillo de Khnum e Neith) | ||||||||||
Consorte | Hator, Sekhmet, Bastet e ás veces Satet | ||||||||||
Fillos | Shu, Tefnut, Hator, Sekhmet, Mafdet, Bastet, Satet, Anhur, Ma'at, Mut | ||||||||||
Equivalentes | |||||||||||
Equivalente grego | Helios[1] |
Iconografía
Posúe o corpo dun home con cabeza de falcón e represéntase co disco solar.[2]
Historia
A principios do Imperio Antigo, Ra era só unha das varias deidades solares existentes, pero cara ao 2400 a. e. c. convertérase no deus oficial dos faraóns, que se consideraban a súa descendencia, e mesmo as súas encarnacións. Durante a dinastía V foi elevado a deidade nacional e posteriormente vencellado ao deus tebano Amón para converterse en Amón-Ra, a principal deidade do panteón exipcio.
Durante o período de Amarna, o faraón Akhenatón suprimiu o culto de Ra en favor dunha soa deidade solar Atón, o disco solar deificado, pero após a morte de Akhenatón restaurouse o culto a Ra como deus do sol.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.