Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os xeróglifos exipcios son unha das formas de escrita empregadas no Antigo Exipto para representar a lingua exipcia. As outras dúas son a hierática e a demótica.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2017.) |
Xeróglifos exipcios | |
---|---|
Xeroglífico exipcio no museo do Louvre | |
Tipo | logográfico |
Linguas | Lingua exipcia |
Período de uso | ± 3500 a. C. – 400 |
Sistemas derivados | Alfabeto meroítico Alfabeto protosinaítico Demótico exipcio Hierático |
Código ISO 15924 | Egyp |
Unicode | U+13000–U+1342F |
O termo procede da expresión grega que significa "gravura sagrada" (ἱερογλύφος [hieroglyphos], de hiero- (ἱερός), "sagrado", e glyphei (γλύφειν), "gravura"). En lingua exipcia, a frase translitérase como mdw nṯr (ou medu netjer), literalmente "palabras de deus".
Os xeróglifos exipcios utilizan elementos ideográficos e fonéticos simultaneamente, isto é, signos que representan ideas ou sons. As posibilidades son:
Era habitual que os escribas mesturasen os métodos de representación descritos.
A inscrición máis antiga coñecida hoxe en día (descuberta en 1998) aparece nunhas trescentas tabletas de arxila na tumba U-j pertencente a un gobernante do Período Predinástico en Abydos e datadas arredor do 3400 a.C. Durante moito tempo, a inscrición xeroglífica máis antiga foi a Paleta de Narmer, atopada en Hierakonpolis a década de 1890.
Co tempo, apareceron formas simplificadas que representaban sons e constituíron as escritas hierática, ou "sagrada" (sacerdotal) e demótica ou "popular", que eran, ademais, máis apropiadas para seren usadas nos papiros. A Pedra de Rosetta contén un texto en xeróglifos e en demótico (ademais de en grego).
Os xeróglifos continuáronse a usar durante a dominación persa (séculos VI e V a.C.), após a conquista de Alexandre Magno e durante o período greco-romano (332 a.C.-395 d.C.). Os xeróglifos desta época adquiren unha complexidade que se atribúe a un intento de afirmación cultural que distinguise aos verdadeiros exipcios dos seus conquistadores. Estes asumiron o carácter sagrado da escrita xeroglífica e imaxinaron este sistema, complexo, aínda que racional, como un método secreto, alegórico e mesmo máxico, de transmisión de coñecemento místico, En vez de interese, curiosamente, decidiron "respectalo", ignorándoo.
No século IV xa apenas había quen coñecese esta escrita. O seu uso nos monumentos cesou cando o emperador romano Teodosio I clausurou todos os templos non cristiáns en 391 (o texto máis recente é de 364.
Neste mesmo século Horapollo publicou a Hieroglyphica, unha "explicación" de preto de 200 signos. Sendo maiormente falsa, dificultou a interpretación posterior dos xeróglifos porque se tomou totalmente en serio. Resultou influente especialmente no simbolismo renacentista, e especialmente no libro de emblemas de Andrea Alciato e no Hypnerotomachia Poliphili de Francesco Colonna.
De entre os estudosos occidentais que tentaron descifrar esta escrita destacan Johannes Goropius Becanus no século XVI e Athanasius Kircher no século XVII. Pero os traballos máis decisivos foron os de Thomas Young e Jean-François Champollion a comezos do século XVIII. O descubrimento da Pedra de Rosetta polas tropas de Napoleón foi decisivo.
A escrita hieróglífica conta con 24 signos que representan un son (como as nosas letras), moitos outros signos que representan dous sons e algúns que representan tres. As vogais non se transcriben e son descoñecidas hoxe en día polo que, á hora de transliterar, óptase por introducir sons inventados, un "e" con frecuencia. Por exemplo, nfr ("fermoso", "bo") verémolo como nefer.
O sistema de transliteración que se mostra na primeira columna da tabela que segue ten máis dun século de antigüidade e está superado, pero segue a funcionar como referencia. Usa varios signos cuxo valor se descoñece, como por exemplo "3", que posibelmente era [l] en exipcio antigo e se perdeu en exipcio medio. As consoantes transcritas como (d, g, dj) (sonoras) poden ter sido realmente exectivas.
As transliteracións son sempre únicas pero as transcricións son diferentes para cada lingua actual. Por exemplo, o fundador da XXII dinastía tranlitérase como sššnq pero é Shoshenq en inglés, Chéchanq en francés e Scheschonq en alemán. As publicacións científicas usan a transliteración de preferencia á transcrición.
Xeroglífico | Semellanza | Erman & Grapow 1926–1953 | Gardiner 1957 | Buurman, Grimal, et al. 1988 | Schenkel 1991 | Hannig 1995 | Allen 2000 | Schneider 2003 | |||
voitre | 3 | 3 | A | 3 | 3 | 3 | ɹ | ||||
xunco | ỉ | ỉ | i | ỉ | j | j | ỉ | ||||
par de xuncos (ou trazos diagonais esquerda-dereita) | ỉj | y | y | y | y | y | y | ||||
brazo | ˁ | ˁ | a | ˁ | ˁ | ˁ | ɗ | ||||
cria de codorniz | w | w | w | w | w | w | w | ||||
perna | b | b | b | b | b | b | b | ||||
arpilleira de xuncos ou banqueta | p | p | p | p | p | p | p | ||||
víbora con cornos | f | f | f | f | f | f | f | ||||
moucho | m | m | m | m | m | m | m | ||||
onda de auga | n | n | n | n | n | n | n | ||||
boca | r | r | r | r | r | r | l | ||||
abeiro de xuncos | h | h | h | h | h | h | h | ||||
mecha trenzada | ḥ | ḥ | H | ḥ | ḥ | ḥ | ḥ | ||||
placenta ou bola de fíos (?) | ḫ | ḫ | x | ḫ | ḫ | ḫ | ḫ | ||||
barriga de animal con cola | ẖ | ẖ | X | ẖ | ẖ | ẖ | ẖ | ||||
pano dobrado | s | s | s | s | z, s | z | s | ||||
fecho de porta | ś | s | s | ś | s | s | ś | ||||
estanque | š | š | S | š | š | š | š | ||||
aba de outeiro | ḳ | ḳ | q | ḳ | q | q | ḳ | ||||
cesto con asa | k | k | k | k | k | k | k | ||||
soporte para xarra | g | g | g | g | g | g | g | ||||
molete de pan | t | t | t | t | t | t | t | ||||
soga | ṯ | ṯ | T | č | ṯ | ṯ | c | ||||
man | d | d | d | ṭ | d | d | ḍ | ||||
cobra | ḏ | ḏ | D | č̣ | ḏ | ḏ | c̣ |
Así, a palabra Tolomeo escribiríase así:
As letras, que se inscribirían nun cartucho por ser o nome dun faraón, son:
P T |
O | L M |
E E S |
(aínda que EE considérase unha única letra e translitérase como I ou Y.
Outro exemplo de funcionamento dos xeróglifos é o de dous significados da palabra exipcia pr (vocalizada normalmente como per):
1. "casa":
Aquí funciona como un logograma, representándose a palabra mediante un único signo. O trazo vertical por baixo do xeróglifo é a maneira máis habitual de indicar que o signo funciona como ideograma.
2. "saír":
O xeróglifo transmite as consoantes pr. A boca por baixo do xeróglifo é un "complemento fonético" que indica que a lectura neste caso é fonética. O terceiro xeróglifo é o "determinativo", un ideograma que inscrebe o termo nunha área semántica determinada; neste caso implica un verbo de movemento.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.