tratado astronómico do século II de Tolomeo From Wikipedia, the free encyclopedia
Almaxesto é o nome galeguizado do árabe Al-Majisṭī (المجسطي) ('O máis grande'), dun tratado astronómico escrito no século II por Claudio Tolomeo de Alexandría (ca. 100 – ca. 178), que contén o catálogo estelar máis completo da antigüidade, e no que se describen o sistema xeocéntrico e o movemento aparente das estrelas e os planetas. Este libro foi amplamente utilizado polos árabes e os europeos até o final da Idade Media.
Tolomeo baseou o seu traballo no catálogo estelar realizado varios séculos antes por Hiparco de Nicea (ca. 194 a.C. - ca. 120 a.C.). Dado que o catálogo estelar de Hiparco se perdeu, é imposíbel saber até que punto ambos os catálogos eran similares.
No Almaxesto, Tolomeo presentou a descrición das 48 constelacións clásicas e creou un refinado sistema para explicar os movementos aparentes dos planetas nun sistema xeocéntrico no que o Sol, a Lúa e os planetas xiraban ao redor da Terra en círculos epicíclicos.
O Almaxesto consta de 13 volumes:
O libro orixinal de Tolomeo estaba escrito en grego e titulábase Μαθηματικὴ Σύνταξις (transcrito en catacteres latinos, Mathēmatikē Sýntaxis), e coñeceuse en latín como Syntaxis mathematica (Sintaxe matemática, ou Composición matemática, en galego).
Máis tarde foi titulado Ἡ Μεγάλη Σύνταξις Hē Megalē Syntaxis (A Gran Sintaxe, ou A Gran Composición), e despois Ἡ μεγίστη Hē megístē (A máis grande), que deu lugar ao seu nome árabe al-majisṭī (المجسطي) do que deriva o nome nas linguas modernas.
Aínda que realmente é un tratado de astronomía, chamóuselle deste modo porque daquela dita ciencia era unha rama das matemáticas.
As primeiras traducións desta obra ao árabe realizáronse contra o século IX, patrocinadas polo califa Al-Ma'mun. Nesta época a obra estaba practicamente esquecida en Europa agás por vagas referencias en diversas obras astrolóxicas. Occidente redescubriu o Almaxesto a través das versións árabes. No século XII fíxose unha tradución ao castelán.
Unha tradución ao latín do orixinal árabe realizouna Xerardo de Cremona en 1175 baseándose nun texto encontrado en Toledo, España. Esta tradución introduciu definitivamente o Almaxesto na tradición científica europea.
Xerardo de Cremona non puido traducir moitos dos termos técnicos, e incluso mantivo o nome árabe de Abrachir para Hiparco. Dado que Europa coñeceu este traballo a través dos árabes, moitos dos nomes clásicos das estrelas proveñen dos nomes árabes rexistrados nesta obra, aínda que con numerosas alteracións. Máis tarde escribiuse tamén outra versión en latín co mecenado de Frederico II, emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.
As teorías astronómicas contidas neste tratado, aínda que incorrectas, estiveron vixentes durante catorce séculos, influíndo no pensamento astronómico e científico até ben entrado o século XVI coa chegada do sistema heliocéntrico e a revolución científica.
En francés: a primeira edición (e a única a día de hoxe) con tradución francesa é a do abade Nicolas Halma, publicada en dous volumes en 1813 e 1816.[1], reimpresa en 1927 (Hermann, Paris).
En inglés: G. J. Toomer, Ptolemy's Almagest, Princeton University Press, 1998. ISBN 0-691-00260-6. A tradución máis recente é a de B. M. Perry, do St. John's College, Annapolis, Maryland, USA.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.