Remove ads
especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
O coco[2][3] (Cocos nucifera) é unha palmeira duns 30 m de altura da familia Arecaceae. É a única especie do xénero Cocos. Chámase tamén coco ao seu froito.[4].
Coco | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cocos nucifera | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Non ameazado | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
'Cocos nucifera' L. | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 354 kcal (1 480 kJ) |
15.23 g | |
Azucres | 6.23 g |
Fibra alimentaria | 9.0 g |
33.49 g | |
Saturadas | 29.698 g |
Monoinsaturadas | 1.425 g |
Poliinsaturadas | 0.366 g |
3.33 g | |
Triptófano | 0.039 g |
Treonina | 0.121 g |
Isoleucina | 0.131 g |
Leucina | 0.247 g |
Lisina | 0.147 g |
Metionina | 0.062 g |
Cistina | 0.066 g |
Fenilalanina | 0.169 g |
Tirosina | 0.103 g |
Valina | 0.202 g |
Arxinina | 0.546 g |
Histidina | 0.077 g |
Alanina | 0.170 g |
Ácido aspártico | 0.325 g |
Ácido glutámico | 0.761 g |
Glicina | 0.158 g |
Prolina | 0.138 g |
Serina | 0.172 g |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 6% 0.066 mg |
Riboflavina (B2) | 2% 0.020 mg |
Niacina (B3) | 4% 0.540 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 6% 0.300 mg |
Vitamina B6 | 4% 0.054 mg |
Ácido fólico (B9) | 7% 26 μg |
Vitamina C | 4% 3.3 mg |
Vitamina E | 2% 0.24 mg |
Vitamina K | 0% 0.2 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 1% 14 mg |
Cobre | 22% 0.435 mg |
Ferro | 19% 2.43 mg |
Magnesio | 9% 32 mg |
Manganeso | 71% 1.500 mg |
Fósforo | 16% 113 mg |
Potasio | 8% 356 mg |
Selenio | 14% 10.1 μg |
Sodio | 1% 20 mg |
Cinc | 12% 1.10 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 47 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O nome da planta: coco, empregado en todas as linguas occidentais, vén do galego-portugués: côco (cranio, cabeza), e á súa vez do protocelta. Está tamén relacionado co personaxe mitolóxico do coco.
A planta pódese atopar nos areais da beiramar tropical [5] do mar Caribe, océano Índico e Pacífico. Cultivada dáse noutras zonas de clima quente. Adoita medrar dende o ecuador até paralelos 28º de ambos os dous hemisferios, con algunhas excepcións como as illas Bermudas ou o arquipélago de Madeira no paralelo 32º, ou Illas Kermadec, entre os paralelos 29º e 31º.
As follas desta planta son de gran tamaño ata os 3 m de longo e o seu froito, a noz de coco, contén a semente máis grande que existe. O coqueiro é unha soa especie con múltiples variedades, diferenciadas basicamente pola cor do froito (amarelo ou verde). As plantas só presentan diferenzas no talo. A característica común de todas elas é o sabor do froito: agradábel, doce, carnoso e zumarento. A importancia económica fixo que se comezase a cultivar nas praias tropicais, o lugar máis axeitado.
As flores do coco son poligamomonoecias, coas flores masculinas e femininas na mesma inflorescencia. O florecemento ocorre arreo, coas flores femininas producindo as sementes.
A etimoloxía da palabra coco é galego-portuguesa, cunha antiga orixe celta *krowkā-[6]. O nome do froito veulle dado polos navegantes portugueses durante a primeira viaxe de Vasco da Gama á India, cando trouxeron por vez primeira o coco a Europa. Segundo Losada, os mariñeiros déranlle o nome pola semellanza a unha cabeza ou coco (en galego e portugués) xa que semella unha face con dous ollos e unha boca aberta, moi semellante ao monstro 'côco', 'coca' ou 'cuca' do folclore galegoportugués (tamén a bugallo do carballo chámase coca en galego).[7][8] Aparentemente o nome 'coco' veu dos encontros en 1521 entre os mariñeiros portugueses e os moradores das costas do Índico, porque ningún nome semellante se atopa en calquera das linguas da zona, onde os portugueses apañaron o froito; de feito Barbosa, Barros e García, ao mencionaren o nome na lingua tamil-malaiam tenga e kanarés narle, din claramente, "chámamos eses froitos quoquos", "a nosa xente deulles o nome de coco" e "ao que nós chamamos coco e os de Malabar temga".
A orixe da planta é descoñecida, para algúns botanistas é de orixe asiática e para outros do Caribe. Sen ter en conta a súa orixe, os cocos téñense espallado a través de moitas das zonas tropicais do mundo, axudado probabelmente en moitos casos polo factor humano. O coco como é unha semente rexa, propágase a grandes distancias polas correntes mariñas, acadando a beiramar norueguesa.
A planta non atura o frío,[5] as grandes alturas, o afastamento do mar, os solos duros e escasos de sal. Pola contra axéitase a zonas con forte vento (que ademais é imprescindíbel para que as flores polinicen) e ao sal. Prefire áreas asolladas (do tipo tropical) e de precipitación regular (750 a 2.000 milímetros anualmente). Os cocos tamén necesitan de alta humidade ambiental (70-80%+) para o crecemento óptimo, polo tanto o coco non se desenvolve axeitadamente en áreas cálidas con humidade baixa (o mar Mediterráneo, as costas do norte de Chile e no Perú), incluso onde estas sexan temperaturas altas, sendo difícil que medren en climas secos. Porén si pode medrar en zonas subtropicais como as Illas Canarias, Hawai, Cabo Verde ou a Florida onde a humidade relativa é elevada e as temperaturas non acostuman baixar dos 10 °C.[9]
O coco fica entre as máis antigas plantas útiles e se explota de múltiples maneiras. Á polpa seca chámanlle copra e contén un 60-70% de lípidos; da copra obtense aceite, utilizado na elaboración de margarina e xabrón. A madeira do coco emprégase para a construción. Os habitantes de Filipinas, Polinesia, Kiribati e as Illas Marshall consomen o zume to tronco do coco fresco; fermentado, pode se conservar e transformar nun tipo de bebida alcohólica, coñecida coma viño de coco.
As fibras que arrodean a noz de coco utilízanse para facer cepillos, colchóns e cordas. Nas illas do Caribe, adóitanse abrir as noces de coco non chegadas cun machado para extraer a auga do froito que é unha bebida refrixerante. Esta auga pode ficar até oito meses no froito pechado e conservar todas as súas cualidades.
Indonesia lidera a produción mundial de cocos no ano 2012, seguida de Filipinas e a India. Pollachi é a rexión coqueira máis salientábel da India. Tamén áchanse alí importantes industrias relacionadas: Tender Coconut Water, Copra, Coconut Oil, Coconut Cake, Coconut Toddy, Coconut Shell based Products, Coconut Wood based Products, Coconut Leaves, ou Coir Pith.
Listaxe dos 12 principais produtores de coco o ano 2012 | ||||
---|---|---|---|---|
País | Toneladas | Nota ao pé | ||
Indonesia | 18 000 000 | F | ||
Filipinas | 15 862 386 | P | ||
India | 10 560 000 | P | ||
Brasil | 2 888 532 | P | ||
Sri Lanka | 2 000 000 | F | ||
Vietnam | 1 250 000 | F | ||
Tailandia | 1 100 000 | F | ||
México | 1 050 000 | F | ||
Papúa Nova Guinea | 900 000 | F | ||
Malaisia | 585 000 | F | ||
Tanzania | 580 000 | F | ||
Myanmar | 430 000 | F | ||
Mundo' | 59 983 908 | A | ||
Sen letra = dato oficial, P = dato ofical, F = estimación FAO, * = Inoficial, semioficial, C = dato calculado, A = Agregatdo (pode incluír oficiais, semi-oficiais ou aproximacións), Fonte: Food And Agricultural Organization of United Nations: Economic And Social Department: The Statistical Devision Arquivado 19 de xuño de 2012 en Wayback Machine. Cocoteros S.A |
Os nomes a seguir considéranse sinónimos de Cocos nucifera:[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.