Remove ads

O Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona–El Prat (IATA: BCN, OACI: LEBL) é un aeroporto español da rede de AENA que dá servizo á cidade de Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo Aeroporto de Madrid-Barajas,[2] co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo.[3] Ademais é o oitavo aeroporto de Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.

Datos rápidos Aeroport Josep Tarradellas Barcelona - El Prat, IATA: BCN – ICAO: LEBL ...
Aeroporto Josep Tarradellas Barcelona–El Prat
Aeroport Josep Tarradellas Barcelona - El Prat
Thumb

Thumb

IATA: BCN ICAO: LEBL
Sumario
Tipo Público
Propietario Aena
Cidade/Illa Barcelona
Localización El Prat de Llobregat
Elevación (msnm) 4 metros / 14 pés
Coordenadas
Web http://www.aena.es/es/aeropuerto-barcelona/index.html
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
7L/25R 3 743 12 281 formigón asfáltico
7R/25L 2 660 8 727 formigón asfáltico
02/20 2 540 8 334 formigón asfáltico
Estatísticas (2017)
Pasaxeiros 47 284 500
Aumento pasaxeiros Crecente (crecemento) 7,1%
Operacións 323 539
Aumento operacións Crecente (crecemento) 5,1%
Carga (tons) 156 105
Aumento carga Crecente (crecemento) 14,9%
Fonte: AENA[1]
Pechar
Remove ads

Historia

O primeiro campo de aviación de Barcelona situouse en El Remolar (Viladecans) en 1916 en terreos dunha granxa avícola chamada La Volatería, da que tomou o seu nome. Dous anos máis tarde un novo campo de aviación foi aberto en El Prat de Llobregat a uns centos de metros da anterior localización. O primeiro avión en aterrar foi un Latecoere Salmson 300 da liña de Pierre-Georges Latécoère, que chegou de Tolosa con destino final Casablanca. O aeroporto foi utilizado como sede do Aeroclub de Cataluña e como base para a frota de Zeppelin e hidroavións da Armada e do Exército de Terra Español. Os servizos comerciais regulares comezaron en 1927 coa liña de Iberia que o unía co Aeroporto de Cuatro Vientos de Carabanchel Alto. Esta liña foi a primeira liña de Iberia.

Na década de 1940 decidiuse ampliar o aeroporto, para o que entre 1941 e 1946 realizáronse unha serie de obras para unir os dous aeródromos. En 1948 estreouse a pista 07-25 e operou o primeiro voo intercontinental operado pola aeroliña Pan American a Nova York con avións Lockheed Constellation. Entre 1948 e 1952 construíuse unha segunda pista perpendicular á anterior, así como rúas de rodaxe e unha terminal para atender aos pasaxeiros. En 1963 alcanzouse o millón de pasaxeiros anuais e dous anos máis tarde volveuse a ampliar a pista principal e engadíuselle unha rúa de rodaxe con rúas de saída rápida. Ese mesmo ano tamén se construíu unha torre de control e unha nova plataforma de estacionamento de aeronaves. En 1968 abriuse unha nova terminal que actualmente é o á máis vella da terminal T2B.

O día 3 de agosto de 1970 a compañía aérea Pan American inaugurou unha liña regular entre Barcelona-El Prat, Lisboa e Nova York operada cun Boeing 747SP. O 4 de novembro Iberia iniciou o servizo de ponte aérea entre Barcelona-El Prat e Madrid-Barajas. Poucos anos máis tarde, en 1976, inaugurouse unha terminal específica para esta ruta, unha terminal exclusiva para carga, un servizo anexo de correos e unha plataforma de estacionamento para avións de carga aérea. No ano 1977 o aeroporto supera os 5 millóns de pasaxeiros anuais.

Desde finais dos setenta ata principios dos noventa o aeroporto estivo estancado tanto en tráfico como investimentos ata que a preparación para os Xogos Olímpicos de 1992 impulsou unha nova reforma que consistiu na modernización e ampliación da terminal existente naquel momento (terminal B) e a construción das outras dúas (terminais A e C) que xa incorporaban pasarelas de acceso directo ao avión. Esta reforma foi deseñada polo arquitecto Ricardo Bofill Levi. En 1996 inaugúrase a nova torre de control tamén deseñada por Ricardo Bofill Levi.

Debido á forte baixada do tráfico aéreo que se sufriu logo de 1999 e a crise do sector aéreo en 2001, desviáronse a Barcelona-El Prat moitas operacións chárter que se realizaban nos aeroportos de Xirona e Reus, o cal axudou ao aeroporto a aguantar a crise.

Ata o 6 de xuño de 2011, o aeroporto chamábase oficialmente Aeroporto de Barcelona, na que o Ministerio de Fomento ante as presións do Concello de El Prat de Llobregat decide cambiar o nome oficial polo de Aeroporto de Barcelona-El Prat.

Remove ads

Aeroliñas e destinos

Pasaxeiros

Thumb
Boeing 777 de American Airlines aterrando en Barcelona
Thumb
Airbus A319 de Czech Airlines aterrando en Barcelona
Thumb
Airbus A380 de Emirates aterrando en Barcelona
Thumb
Airbus A320 de Monarch Airlines rodando
Thumb
Airbus A320 de Vueling aterrando en Barcelona
Máis información Aeroliñas, Destinos ...
AeroliñasDestinos
Aegean AirlinesAtenas
Aer LingusDublín
Estacional: Cork
AeroflotMoscova-Sheremetyevo
Aeroflot
operado por Rossiya Airlines
San Petersburgo
Estacional: Moscova-Vnukovo[4]
Aerolíneas ArgentinasBuenos Aires-Ezeiza
Air AlgérieAlxer, Orán
Air Arabia MarocFez, Casablanca, Nador, Tánxer
airBalticRiga
Air Canada RougeToronto-Pearson
Estacional: Montreal-Trudeau
Air ChinaPequín-Capital, Shanghai-Pudong,[5] Viena
Air EuropaAlmería, Madrid, Menorca, Palma de Mallorca, Tenerife-Norte
Estacional: Lanzarote
Air FranceParís-Charles de Gaulle
Air MoldovaChișinău
Air TransatEstacional: Montreal-Trudeau, Toronto-Pearson
AlitaliaMilán-Linate, Roma-Fiumicino
Alitalia
operado por Alitalia CityLiner
Milán-Linate
American AirlinesMiami, Nova York-JFK
Estacional: Charlotte, Chicago-O'Hare,[6] Filadelfia
ArkiaEstacional: Tel Aviv-Ben Gurion
Armenia AircompanyIereván
Atlantic AirwaysEstacional: Vágar
AviancaBogotá
Azerbaijan AirlinesEstacional: Baku
Azores AirlinesBoston, Ponta Delgada[7]
BelaviaMinsk
Blue AirBucarest, Iași
British AirwaysLondres-Gatwick, Londres-Heathrow
British Airways
operado por BA CityFlyer
Chárter estacional: Edimburgo, Glasgow
Brussels AirlinesBruxelas
Bulgaria AirSofía
Cathay PacificEstacional: Hong Kong[8]
CityJetChárter estacional: Belfast-Internacional[9]
Chalair AviationEstacional: Limoges
Croatia AirlinesZagreb
Croatia Airlines
operado por Trade Air
Zagreb
Czech AirlinesPraga
Delta Air LinesNova York-JFK
Estacional: Atlanta
EasyJetBasilea/Mulhouse, Berlín-Schönefeld, Bordeos, Bristol, Xenebra, Liverpool, Londres-Gatwick, Londres-Luton, Londres-Southend, Lión, Milán-Malpensa, Nápoles, Newcastle upon Tyne, Niza, París-Charles de Gaulle
Estacional: Belfast-Internacional
EasyJet SwitzerlandBasilea/Mulhouse, Xenebra
EgyptAirO Cairo
El AlTel Aviv-Ben Gurion
EmiratesDubai-Internacional
EurowingsDüsseldorf, Viena
EurowingsMúnic (comeza en outubro de 2017)[10]
Eurowings
operado por Germanwings
Berlín-Tegel, Colonia/Bonn, Düsseldorf, Hamburgo, Hannover, Stuttgart
FinnairHelsinqui
Georgian AirwaysTbilisi[11]
IberiaMadrid
Iberia Regional
operated by Air Nostrum
Badaxoz, León, Melilla, Valencia
Estacional: Pamplona
IcelandairEstacional: Reiquiavik-Keflavík
Ikar AirlinesEstacional: Moscova-Sheremetyevo
Israir AirlinesEstacional: Tel Aviv-Ben Gurion
Jet2.comManchester
Estacional: Glasgow, Leeds/Bradford
KLMÁmsterdam
Korean AirSeul-Incheon
LATAM BrasilSão Paulo-Guarulhos
LATAM PerúLima
LevelBuenos Aires-Ezeiza, Oakland, Punta Cana
Estacional: Os Ánxeles
LOT Polish AirlinesVarsovia-Chopin
LufthansaFrankfurt, Múnic
Lufthansa Regional
operado por Lufthansa CityLine
Estacional: Múnic
LuxairLuxemburgo
Mahan AirTeherán-Imán Khomeini[12]
Nordwind AirlinesEstacional: Arkhangelsk, Belgorod, Cheliabinsk, Ekaterimburgo, Kazán, Khabarovsk, Krasnodar, Mineralnie Vody, Monastir, Moscova-Sheremetyevo, Moscova-Vnukovo, Murmansk, Nizhnekamsk, Nizhnii Novgorod, Novosibirsk, Oremburgo, Perm, Samara, Syktyvkar, Tyumen, Ufa, Volgogrado, Voronezh
Norwegian Air Shuttle
operado por Norwegian Air International
Billund, Birmingham, Copenhagen, Düsseldorf, Gotemburgo, Gran Canaria, Helsinqui, Londres-Gatwick, Oslo-Gardermoen, Reiquiavik-Keflavík, Estocolmo-Arlanda, Tel Aviv-Ben Gurion, Tenerife-Norte
Estacional: Bergen, Dubrovnik, Edimburgo, Hamburgo, Manchester, Palma de Mallorca, Stavanger, Trondheim, Varsovia-Chopin
Norwegian Air Shuttle
operated by Norwegian Long Haul[13]
Fort Lauderdale, Os Ánxeles, Newark, Oakland
Orange2Fly
operado por Norwegian Air International
Birmingham
Pakistan International AirlinesIslamabad, Lahore
Pegasus AirlinesIstanbul-Sabiha Gökçen
PeopleflyEstacional: L'Alguer, Trapani
Plus Ultra Líneas AéreasA Habana, Madrid
Primera AirEstacional: Billund, Copenhague, Reiquiavik-Keflavík, Estocolmo-Arlanda
Charter: Pori[14]
Qatar AirwaysDoha
Royal Air MarocCasablanca
Estacional: Tánxer
Royal FlightChárter estacional: San Petersburgo, Ekaterimburgo
Royal JordanianAmán-Raíña Alia
RyanairBeauvais, Bérgamo, Berlín-Schönefeld, Birmingham, Boloña, Bruxelas, Budapest, Charleroi, Colonia/Bonn, Dublín, East Midlands, Edimburgo, Fez, Frankfurt (comeza en outubro de 2017),[15] Fuerteventura, Gran Canaria, Hamburgo, Eivisa, Xerez da Fronteira, Cracovia (comeza en outubro de 2017),[16] Lanzarote, Liverpool, Londres-Stansted, Luxemburgo (comeza en outubro de 2017),[16] Málaga, Manchester, Marrakesh, Menorca, Nador, Nápoles, Palma de Mallorca, Porto, Praga (comeza en outubro de 2017),[16] Prestwick, Roma-Fiumicino, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Sofía, Estocolmo-Skavsta, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur, Treviso, Turín, Valladolid, Venecia (comeza en outubro de 2017),[16] Vigo, Vilnius, Varsovia-Modlin
S7 AirlinesMoscova-Domodedovo
Scandinavian AirlinesCopenhague, Oslo-Gardermoen
Estacional: Bergen, Stavanger, Estocolmo-Arlanda, Trondheim
Singapore AirlinesSingapura
SkyWork AirlinesEstacional: Berna
Small Planet AirlinesSeasonal charter: Vilnius
Small Planet PolandEstacional: Lublin[17] Varsovia-Chopin
Sun D'Or
operado por El Al
Tel Aviv-Ben Gurion
Swiss International Air LinesXenebra, Zürich
Swiss International Air Lines
operated by Swiss Global Air Lines
Xenebra
TAP PortugalLisboa
TAP Portugal
operated by TAP Express
BEJA
TAROMBucarest
TransaviaÁmsterdam, Eindhoven, Rotterdam/A Haia
Transavia FranceParís-Orly
Travel Service
operated by SmartWings
Estacional: Praga
TUI fly BelgiumAnveres, Ostende/Bruxas
TunisairTunes
Turkish AirlinesIstanbul-Atatürk, Istanbul-Sabiha Gökçen
Ukraine International AirlinesKíiv-Boryspil
United AirlinesNewark
Estacional: Washington-Dulles
Ural AirlinesMoscova-Domodedovo
Estacional: San Petersburgo, Ekaterimburgo
VoloteaSeasonal charter: Jersey
VuelingA Coruña, Alxer, Alacant, Almería, Ámsterdam, Asturias, Atenas, Banjul, Basilea/Mulhouse, Beirut, Bergen, Berlín-Tegel, Bilbao, Birmingham, Boloña, Bordeos, Brindisi, Bruxelas, Catania, Copenhague, Dakar, Dublín, Dubrovnik, Düsseldorf, Edimburgo, Eindhoven, Fez, Florencia, Fuerteventura, Xenebra, Gran Canaria, Granada, Hamburgo, Hannover, Helsinqui,[18] Eivisa, Xerez da Fronteira, La Palma, Lanzarote, Lille, Lisboa, Londres-Gatwick, Londres-Luton, Lión, Madrid, Málaga, Manchester, Marrakesh, Marsella, Menorca, Milán-Malpensa, Moscova-Domodedovo, Múnic, Nador, Nantes, Nápoles, Niza, Orán, Oslo-Gardermoen, Palermo, Palma de Mallorca, París-Charles de Gaulle, París-Orly, Pisa, Porto, Praga, Rennes, Reiquiavik-Keflavík, Roma-Fiumicino, Rotterdam/A Haia, San Petersburgo, San Sebastián, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Estocolmo-Arlanda, Stuttgart, Tánxer, Tel Aviv-Ben Gurion, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur, Tolosa, Turín, Valencia, Valladolid, Venecia, Viena, Vigo, Varsovia-Chopin, Zürich
Estacional: Aalborg, Bari, Bastia, Belgrado, Brest, Bucarest, Budapest, Cagliari, Cardiff, Casablanca, Cluj-Napoca, Corfú, Faro, Funchal, Xénova, Gotemburgo, Heraclión, Kaliningrado, Kíiv-Zhulyany, Cracovia, Larnaca, Luxemburgo, Malta, Minsk, Míconos, Nürnberg, Olbia, Santorini, Split, Talín, Tesalónica, Tunes, Zadar, Zagreb
Windrose AirlinesEstacional: Kíiv-Boryspil
Wizz AirBucarest, Budapest, Chișinău, Cluj-Napoca, Craiova, Gdańsk, Katowice, Poznań, Riga, Skopje, Sofía, Timişoara, Vilnius, Varsovia-Chopin
WOW airEstacional: Reiquiavik-Keflavík
Pechar

Carga

Máis información Aeroliñas, Destinos ...
AeroliñasDestinos
ASL Airlines BelgiumBruxelas, Liexa
Atlas AirBombai,Bangalore
CargoluxHong Kong, Baku, Luxemburgo
DHL AviationVitoria
Emirates SkyCargoDubai-Al Maktoum
FedEx ExpressParís-Charles de Gaulle
Lufthansa CargoFrankfurt
SwiftairMadrid
Estacional: Palma de Mallorca
ULS Airlines CargoIstanbul-Atatürk
UPS AirlinesColonia/Bonn, Valencia
Pechar
Remove ads

Notas

Remove ads

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads