Aeroporto de Madrid-Barajas

aeroporto en Madrid From Wikipedia, the free encyclopedia

Aeroporto de Madrid-Barajasmap
Remove ads

O aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas,[2][3][4] antes coñecido como aeroporto de Madrid-Barajas, é un aeroporto público español xestionado por AENA, situado nas inmediacións da cidade de Madrid, a capital de España. É o primeiro aeroporto español por tráfico de pasaxeiros, carga aérea e operacións,[5] así como o cuarto de Europa por número de pasaxeiros e undécimo do mundo.[6]

Datos rápidos Aeropuerto Adolfo Suárez Madrid–Barajas, IATA: MAD – ICAO: LEMD ...
Remove ads

As terminais localízanse no termo municipal de Madrid, pero o campo de voos esténdese tamén por Alcobendas, San Sebastián de los Reyes e Paracuellos de Jarama. Construído sobre un campo de leitugas, entrou en servizo o 22 de abril de 1931, aínda que houbo voos de proba nos terreos onde se asentaría o aeroporto desde 1928.

É o principal aeroporto de España e o que ten o maior número de voos directos a Hispanoamérica de todos os aeroportos europeos. A ruta aérea Madrid-Barcelona, coñecida como "ponte aérea" e que ten un dos seus extremos en Madrid–Barajas e no outro en Barcelona–El Prat, é a que ten maior número de voos á semana de todo o mundo.

En 2007 viaxaron polo aeroporto 52,1 millóns de pasaxeiros, situándose no décimo posto a nivel mundial e o cuarto de Europa por número de pasaxeiros.

O día 24 de marzo de 2014, o aeroporto pasa a ter o nome de aeroporto Adolfo Suárez Madrid–Barajas, en homenaxe ao antigo presidente do Goberno de España Adolfo Suárez, finado un día antes.[7][8]

Remove ads

Localización e comunicacións

Thumb
Zona preembarque Terminal 4 e galería comercial
Thumb
Aeroporto Adolfo Suárez, Madrid-Barajas
Aeroporto Adolfo Suárez, Madrid-Barajas
Situación do aeroporto na Comunidade de Madrid.

O aeroporto sitúase ao nordeste de Madrid, no distrito de Barajas, aínda que o sistema aeroportuario esténdese tamén polos municipios de Alcobendas, San Sebastián de los Reyes e Paracuellos de Jarama. A T4, a máis recente, está separada máis de 2 quilómetros das terminais T1, T2 e T3. Para a comunicación entre todas as terminais, AENA dispuxo un servizo de balde de autobús (Airport Shuttle).

Á súa vez, os dous edificios dos que se compón a Terminal 4: a principal e a satélite, ao estar separadas por máis dun quilómetro e ter entre elas unha das pistas, están comunicados por un tren pneumático eléctrico sen condutor que realiza o percorrido por unha galería subterránea.

Acceso en taxi

Thumb
Terminal 4
Thumb
Boeing 767 de American Airlines no aeroporto.

Todas as terminais dispoñen de paradas de taxi no exterior das áreas de chegadas correctamente sinalizadas. En xaneiro de 2014 implantouse unha tarifa fixa de 30 para os traxectos con orixe desde ou ata o aeroporto ata o interior da M-30.[9]

Acceso en autobús

Thumb
Entrada Planta Superior. Saída Planta Inferior

A forma máis barata e cómoda de acceder ao aeroporto desde a cidade é en autobús. A liña 200 da EMT conecta o Intercambiador de Avenida de América con Canillejas e as terminais T1-T2-T3 e T4, respectivamente. Os autobuses que operan a liña 200 están deseñados especificamente para este traxecto, dispoñen de portavultos e operan entre as 05:00 e as 24:00 h, un horario moito máis amplo que o resto de liñas da EMT. A liña 101 une as terminais 1,2 e 3 do aeroporto co Centro histórico de Barajas por un extremo e co intercambiador de Canillejas polo outro. As tarifas das liñas 200 e 101 son as mesmas que para o resto da rede da EMT (1,5€ o billete sinxelo que baixa a 1,20€ con metrobús).

Anteriormente existía unha liña (a 89) de autobús que comunicaba o aeroporto coa praza de Colón en Madrid, pero foi eliminada pouco despois de que a liña que parte desde Avenida de América comezase a prestar servizo.

Desde novembro de 2010, existe unha nova liña de EMT, a Liña Exprés Aeroporto, que sae da estación de Atocha, con paradas en: Praza de Cibeles e O'Donnell. Desde alí vai directamente ao aeroporto de Barajas con parada nas terminais 1, 2 e 4. A liña funciona 24h ao día, 365 días ao ano cunha tarifa de 5 euros por persoa (non son válidos nesta liña nin os metrobús nin os abonos transporte ou turísticos). De noite, a cabeceira está na Praza de Cibeles, conectando con todas as liñas de autobuses nocturnos de Madrid.

Outras liñas do Consorcio Rexional de Transportes conectan as distintas terminais con municipios próximos:

Acceso en metro

Artigo principal: Estación de Aeroporto T1-T2-T3.
Artigo principal: Estación de Aeroporto T4.
Thumb
T1
Thumb
Zona de embarque da T3

A Liña 8 do Metro de Madrid (Nuevos Ministerios-Aeroporto T4) une a estación de Novos Ministerios coas terminais do aeroporto en 20 min.

Existen 2 estacións no aeroporto, a que dá servizo ás terminais antigas (aeroporto T1-T2-T3, situada no Terminal T3) e a da nova área terminal (aeroporto T4). Para entrar ou saír de calquera das dúas estacións é necesario un suplemento de 3€ que pode comprarse por separado ou engadirse ao abono correspondente. Os usuarios de Abono Transportes non pagan suplemento.

Barajas, do mesmo xeito que o aeroporto de Heathrow (Londres), é un dos dous únicos aeroportos europeos con varias estacións de metro, no caso de Barajas, con dúas, no de Heathrow, tres.

No caso da ampliación do metro ata a T4, existiu unha disputa política entre a Comunidade de Madrid e o Ministerio de Fomento sobre quen era a administración competente para levar a cabo esta ampliación da liña 8, estando no fondo a discrepancia sobre quen debía financiar as obras. Finalmente, a Comunidade de Madrid decidiu recorrer ao financiamento privado e sacou a concurso as obras en febreiro de 2006, sendo adxudicadas en abril de 2006. Así, a explotación e construción do novo tramo adxudicouse a unha concesión privada durante vinte anos, inaugurándose o 3 de maio de 2007 e incorporando o suplemento antes citado para chegar á nova terminal neste medio de transporte. Para que os viaxeiros das catro terminais estean en igualdade de condicións, os viaxeiros que suban na parada das T1-T2-T3 tamén pagan o suplemento.

Acceso por ferrocarril

Desde o día 23 de setembro de 2011, a Terminal 4 ten estación de Renfe. Pertence á liña C-1, a cal conecta a T4 coa Estación de Chamartín e que xa conta con parada en Fuente de la Mora (conexión coa liña de Metro de Madrid ML1, xa en servizo) e continúa ata a Estación de Príncipe Pío efectuando parada, ademais de nas estacións xa mencionadas (Fuente de la Mora e Chamartín), en Nuevos Ministerios, Recoletos, na Estación de Atocha, Méndez Álvaro (con conexión coa Estación Sur de autobuses de Madrid), Delicias, Pirámides e Príncipe Pío. O percorrido completo de toda a liña é de 40 minutos. Nun futuro, se planea levar o AVE ao aeroporto.

Desta forma, o Aeroporto de Barajas quedará integrado, non só na rede de Proximidades Madrid, senón tamén nas redes AVE e de Longo Percorrido de RENFE.

Remove ads

Tráfico e estatísticas

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads