Air Europa

From Wikipedia, the free encyclopedia

Air Europa

Air Europa é unha aeroliña española con sede social en Llucmajor, nas Illas Baleares.[1] Pertence ao Grupo Globalia (Pepephone, Viajes Halcón, Viajes Ecuador ou Pepecar).

Datos rápidos Fundación, Aeroporto principal ...
Air Europa
Thumb
IATA
UX
OACI
AEA
Indicativo
EUROPA
Fundación1986
Aeroporto principalAeroporto de Madrid-Barajas
Plan de voo frecuenteFlying Blue
AlianzaSkyTeam
Frota43
Destinos44
HoldingGlobalia Corp.
Páxina web: http://www.aireuropa.com
Pechar
Thumb
Boeing 737-800

A aeroliña ten voos aos aeroportos galegos da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

En novembro de 2019 Globalia chegou a un acordo con IAG para vender a aeroliña por 1 000 millóns de euros. Agárdase que a operación se peche no ano 2020. Segundo o acordo Air Europa manterá a súa marca.[2]

Historia

A aeroliña fundouse baixo a razón social Air España S.A. e participada polo tour operador inglés ILG-Air Europe Group (International Leisure Group), tamén propietario da aeroliña inglesa Air Europe en 1984, e por bancos españois. Comezou realizando voos chárter entre España e o Reino Unido en novembro de 1986. Tras a quebra de ILG e de Air Europe en marzo de 1991 a compañía foi adquirida por Juan José Hidalgo, propietario á súa vez de Viajes Halcón e que posteriormente tamén adquiriu a almacenistas Travelplan, máis tarde Touring Club, Iberrail, Travelplannet, a comerciante polo miúdo Viajes Ecuador, Groundforce, os Hoteles Oasis, Pepeworld, o Tour operador de Florida MKTravelplan e recentemente o tour operador Travelider conformando hoxe en día Globalia Corporación Empresarial. Cando se desregularizou o mercado aéreo en España en 1993, a compañía comezou a ofrecer voos regulares.[3]

Despois dunha crise económica da compañía, parte da súa frota foi alugada a Iberia LAE en 1997. Posteriormente houbo intencións de vender a aeroliña á compañía estatal, pero non prosperaron. Fundou varias filiais como Air Europa Express, con voos rexionais, ou Air Europa Canarias, con voos chárter ás illas. As dúas pecharon en 2001.

A compañía utilizou ao largo da súa historia unha frota composta en exclusiva por avións de Boeing, especialmente B737, B757 e B767, aínda que en 2005 anunciou a compra de dez Airbus A350 e o alugueiro de catro A330-200 e un A340-200, tamén de Airbus, para realizar novos voos de longo percorrido.

O 5 de setembro de 2007, Air Europa xuntamente con Copa Airlines e Kenya Airways, anuncian a súa entrada oficial como membros alianza SkyTeam, que conta con membros como Air France, KLM, Alitalia e Aeroméxico entre outros.

O 22 de xaneiro de 2008 anuncia a compra de 8 unidades de Boeing 787-800 Dreamliner, converténdose na primeira aeroliña española en incorporar ese modelo á súa frota.[4]

Frota

Actual

En novembro de 2020 a frota de Air Europa estaba formada polos seguintes avións:[5]

Máis información Avión, En servizo ...
Frota de Air Europa
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
C Y Total
Airbus A330-200 8[6] 24 275 299 Serán substituídos por Boeing 787 Dreamliner.[7]
Airbus A330-300 2[6] 34 265 299
388 388
Boeing 737-800 20 12 168 180
Boeing 737 MAX 8 22[7] TBA Entregas adiadas indefinidamente debido aos problemas do modelo[8]
Boeing 787-8 8 22 274 296
Boeing 787-9 5 13 30 303 333[9] Entregas ata 2022.
Substituirán aos Airbus A330.[7][10]
Total 45 35
Pechar

Histórica

Air Europa operou anteriormente os seguintes avións:[11]

Máis información Avión, Introducido ...
Frota histórica de Air Europa
Avión Introducido Retirado Notas
Airbus A340-200 2005 2007
ATR 42 1996 1997
Boeing 737-300 1986 2004
Boeing 737-400 1994 2006
Boeing 737-600 2003 2004
Boeing 757-200 1987 1998
Boeing 767-200 1996 2001
Boeing 767-300ER 2000 2012
British Aerospace ATP 1996 2001
Embraer 195 2008 2017 transferidos a Air Europa Express
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.