Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Air France (AFR, Compagnie Nationale Air France) é a aeroliña nacional francesa. Ten a súa sede en Tremblay-en-France, ao norte de París, e trátase dunha das aeroliñas máis grandes do mundo. No ano 2010 voaba a 32 destinos en Francia e a 156 de todo o mundo en 91 países distintos, transportando a 71,3 millóns de pasaxeiros. Air France conta con máis de 64.000 empregados. É un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas SkyTeam Alliance, xunto a Aeroflot, Delta Air Lines, Aeroméxico, Korean Air, Czech Airlines e Alitalia. No ano 2004, Air France situouse como a primeira aeroliña europea, cun 18% de todos os pasaxeiros europeos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Air France | ||
---|---|---|
IATA AF | OACI AFR | Indicativo AIRFRANS |
Fundación | 7 de outubro de 1933 | |
Plan de voo frecuente | Flying Blue | |
Alianza | SkyTeam | |
Subsidiarias | HOP!, CityJet, Transavia.com France | |
Frota | 253 | |
Destinos | 272 | |
Holding | Air France-KLM | |
Eslogan da compañía | Faire du ciel le plus bel endroit de la terre | |
Sede | ||
Páxina web: http://www.airfrance.com |
Air France foi fundada o 30 de agosto de 1933, produto da fusión de Air Orient, Compagnie Générale Aéropostale, Société Générale des Transports Aériens (SGTA, a primeira aeroliña francesa, fundada en 1919 como Lignes Aériennes Farman), Air Union e Compagnie Internationale de Navigation (CIDNA). A aeroliña tiña numerosas rutas por toda Europa, aínda que tamén voaba ás colonias francesas no norte de África e a outros destinos. Durante a segunda guerra mundial a compañía moveu o seu centro de operacióna a Casablanca (Marrocos).
En 1936 Air France incorporou á súa frota o avión bimotor de fabricación francesa Potez 62, que contaba cunha cabina con dous compartimentos que podía acomodar de 14 a 16 pasaxeiros. Era un monoplano de á alta con fuselaxe de madeira e revestimento composto, mentres que as ás tiñas revestimento de tela é un bordo de ataque metálico. Estaba equipado con motores Hispano-Suiza V e usáronse para rutas en Europa, Suramérica e Extremo Oriente. Aínda que a súa velocidade de cruceiro era só de 280 km/h, o Potez 62 foi un aparello robusto e fiable para Air France e estivo en servizo ata a segunda guerra mundial, sendo un usado pola Forza Aérea da Francia Libre.[1]
A aeroliña foi nacionalizada no ano 1946, creando a Compagnie Nationale Air France nun acto parlamentario o día 16 de xuño de 1948. O goberno quedou co 70% da nova compañía e en anos posteriores, directa ou indirectamente, chegou a posuir case o seu 100%; a mediados de 2002 aínda posuía un 54%. O 4 de agosto de 1948, Max Hymans foi nomerado presidente de Air France. Durante os seus trece anos na presidencia puxo en funcionamento unha política de modernización baseada en reactores, máis concretamente no Sud Aviation Caravelle e o Boeing 707.
O 1 de xullo de 1946 Air France inaugurou un servizo directo entre París e Nova York, con reabastecementos en Shannon e Gander. Os Douglas DC-4 cubrían esta ruta en pouco menos de 20 horas. Cara 1948 Air France operaba unha das maiores frotas no mundo, posuíndo unhas 130 aeronaves.
En 1949 a compañía participou na fundación da SITA (Société Internationale de Télécommunications Aéronautiques). A aeroliña usou o de Havilland Comet por un curto período de tempo en 1953, pero foi rapidamente substituído polo Vickers Viscount e, en 1959, comezou a usar o elegante Sud Aviation Caravelle.
En 1976 Air France introduciu na súa frota o avión supersónico Concorde nun traxecto dende París ata Nova York e outras rutas que foron abandonadas en 1982. O Concorde foi un dos dous únicos avións de pasaxeiros comercial supersónico. Percorría a distancia entre París e Nova York en tan só tres horas e 20 minutos.
O 25 de xullo de 2000 o voo 4590 de Air France, un Concorde con destino ao Aeroporto Internacional John F. Kennedy de Nova York estrelouse matando a todos os seus ocupantes e a catro persoas que estaban en terra.
O 31 de maio de 2003 Air France e British Airways retiraron todos os Concorde simultaneamente da circulación debido á escasa demanda como resultado do desastre do ano 2000. Moitos destes avións depositáronse en museos.
O 30 de setembro de 2003, Air France e a compañía neerlandesa KLM Royal Dutch Airlines, anunciaron a fusión de ambas as aeroliñas, formando unha nova compañía chamada Air France-KLM. A unión faríase realidade o 5 de maio do 2004. Os donos de Air France pasaron a ter o 81% da nova compañía, deixando o 19% restante aos donos de KLM. Isto levou a que o goberno francés reducise a súa participación na compañía dun 54,4% a un 44%. A decisión do goberno de Jean-Pierre Raffarin de reducir a súa participación na compañía provatizou efectivamente á aeroliña. En decembro do 2004 o estado vendería o 18,4% das súas acción, e porteriormente a súa participación reduciríase máis ata caer por debaixo do 20%[2].
Air France-KLM converteuse na aeroliña do mundo con máis ingresos por operacións, e a terceira máis grande (a primeira de Europa) en pasaxeiros por quilómetro.
En novembro de 2020 a frota de Air France estaba formada polos seguintes avións:[3]
Frota de pasaxeiros de Air France | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||||
F | B | E+ | E | Total | ||||
Airbus A220-300 | — | 60[4] | — | — | — | 149 | 149 | As entregas comezarán en setembro de 2021. Substituirán aos A318 e A319. |
Airbus A318-100 | 18 | — | — | — | — | 131 | 131 | Van ser retirados en 2021.[5] Substituídos por Airbus A220-300. |
18 | 113 | 131 | ||||||
Airbus A319-100 | 33 | — | — | — | — | 142 | 142 | |
143 | 143 | |||||||
20 | 123 | 143 | ||||||
Airbus A320-200 | 44 | — | — | 14 | — | 144 | 168 | Dous coa librea de SkyTeam. |
— | 174 | 174 | ||||||
36 | 138 | 174 | ||||||
— | 178 | 178 | ||||||
Airbus A321-100 | 5 | — | — | — | — | 212 | 212 | Procedentes de Air Inter. |
Airbus A321-200 | 15 | — | — | — | — | 200 | 200 | Un coa librea de SkyTeam. |
— | 212 | 212 | ||||||
36 | 176 | 212 | ||||||
Airbus A330-200 | 15 | — | — | 36 | 21 | 167 | 224 | |
Airbus A350-900 | 6[6] | 32[7][8] | — | 34 | 24 | 266 | 324[9] | Substituirán aos Boeing 777-200ER máis antigos.[10] |
Boeing 777-200ER | 25 | — | — | 40[11] | 24[11] | 216[11] | 280 | Algúns serán substituídos por Airbus A350. |
Boeing 777-300ER | 43 | — | 4 | 58 | 28 | 206 | 296 | Cliente de lanzamento. Tres coa librea de SkyTeam. |
38 | 252 | 322 | ||||||
— | 42 | 24 | 315 | 381 | ||||
14 | 32 | 422 | 468 | |||||
14 | 28 | 430 | 472[12] | |||||
Boeing 787-9 | 10 | — | — | 30 | 21 | 225 | 276 | [13] |
Frota de carga de Air France | ||||||||
Boeing 777F | 2 | — | Carga | Cliente de lanzamento. | ||||
Total | 216 | 92 |
Ao longo da súa historia Air France tamén operou os seguintes modelos:[14]
Avión | Total | Introducido | Retirado | Substituto | Notas | Refs |
---|---|---|---|---|---|---|
Aérospatiale/BAC Concorde | 7 | 1976 | 2003 | Ningún | ||
Airbus A300B2-100 | 9 | 1974 | 1996 | Airbus A330-200 | ||
Airbus A300B4-200 | 16 | 1976 | 1998 | Airbus A330-200 | ||
Airbus A310-200 | 7 | 1984 | 2002 | Airbus A330-200 | ||
Airbus A310-300 | 4 | 1989 | 2002 | Airbus A330-200 | ||
Airbus A320-100 | 14 | 1988 | 2008 | Airbus A320-200 | ||
Airbus A340-200 | 6 | 1993 | 1999 | Airbus A340-300 | ||
Airbus A340-300 | 15 | 1993 | 2020 | Boeing 787-9 | [15] | |
Airbus A380-800 | 10 | 2009 | 2020 | Airbus A350-900 | Retirados antes de tempo debido á pandemia da COVID-19. | [16] |
Amiot AAC.1 Toucan (Junkers Ju 52/3m) |
11 | 1945 | 1953 | Descoñecido | [17] | |
Boeing 707-320B | 8 | 1960 | 1982 | Airbus A300 | ||
Boeing 707-320C | 12 | 1960 | 1984 | Airbus A310 | ||
Boeing 707-320 Intercontinental | 21 | 1959 | 1979 | Airbus A300 | [18] | |
Boeing 727-200 | 29 | 1968 | 1992 | Airbus A320-200 | ||
Boeing 737-200 | 24 | 1982 | 2002 | Airbus A320-200 | ||
Boeing 737-300 | 9 | 1991 | 2004 | Airbus A320-200 | ||
Boeing 737-500 | 30 | 1990 | 2007 | Airbus A320-200 | ||
Boeing 747-100 | 17 | 1970 | 2000 | Airbus A330-200 | ||
Boeing 747-200B | 2 | 1977 | 2005 | Boeing 747-400 Airbus A330-200 |
||
Boeing 747-200F | 11 | 1974 | 2003 | Boeing 747-400ERF | ||
Boeing 747-200M | 16 | 1977 | 2005 | Boeing 747-400M | ||
Boeing 747-200M/SUD | 2 | 1992 | 2007 | Boeing 747-400M | Mecados a Union des Transports Aériens. Convertidos a partir de dous 747-200M. |
|
Boeing 747-300 | 3 | 1991 | 2007 | Boeing 747-400 Airbus A330-200 |
Mercados a Union des Transports Aériens. | |
Boeing 747-300M | 1 | 1991 | 2007 | Boeing 747-400 | ||
Boeing 747-400 | 10 | 1991 | 2016 | Airbus A380-800 Boeing 777-300ER |
||
4 | Convertidos en cargueiros e transferidos a Air France Cargo. | |||||
Boeing 747-400BCF | 4 | 2009 | 2011 | Boeing 777F | Convertidos a partir de avións de pasaxeiros 747-400. | |
Boeing 747-400ERF | 6 | 2002 | 2015 | Boeing 777F | ||
Boeing 747-400M | 3 | 1992 | 2012 | Boeing 777-300ER | ||
Boeing 767-200ER | 2 | 1991 | 1992 | Ningún | ||
Boeing 767-300ER | 8 | 1991 | 2003 | Airbus A330-200 | ||
Bréguet 763 Deux-Ponts | 12 | 1952 | 1971 | Descoñecido | ||
de Havilland Comet | 3 | 1953 | 1954 | Vickers Viscount 700 | ||
Douglas DC-3 | 81[19] | 1946 | 1962 | Descoñecido | ||
Douglas DC-4 | 45[20] | 1946 | 1971 | Descoñecido | ||
Douglas DC-6 | 2 | 1949 | 1968 | Descoñecido | ||
Fokker F27 Friendship | 17 | 1967 | 1997 | Descoñecido | ||
Fokker F28 Fellowship | 6 | 1977 | 1995 | Descoñecido | Alugados a TAT European Airlines | |
Fokker 100 | 6 | 1997 | 1999 | Descoñecido | ||
Junkers Ju 52/3m | Descoñecido | 1945 | 1953 | Descoñecido | ||
Latécoère 631 | 4 | 1947 | Descoñecido | Descoñecido | Tres avións perdéronse e accidentes, os F-BDRC e F-BDRD en 1948, pesumiblemente por fatiga do metal, e o outro en 1950, polo que Air France operou só un Latécoère 631 como cargeuiro ata principios dos 50. | |
Lockheed L-049 Constellation | 4 | 1946 | 1950 | Lockheed L-1049 Super Constellation | ||
Lockheed L-749 Constellation | 24 | 1947 | 1961 | Lockheed L-1049 Super Constellation | ||
Lockheed L-1049 Super Constellation | 24 | 1953 | 1968 | Lockheed L-1649A Starliner | ||
Lockheed L-1649A Starliner | 8 | 1957 | 1963 | Boeing 707 | ||
Lockheed L-1011 TriStar | 1 | 1989 | 1991 | Descoñecido | Alugado a Air Transat. | |
McDonnell Douglas DC-10-30 | 5 | 1992 | 1995 | Mercados a Union des Transports Aériens | ||
SNCASE SE.161 Languedoc | 49 | 1945 | 1952 | Descoñecido | ||
Sud-Ouest Bretagne | Descoñecido | Descoñecido | Descoñecido | Descoñecido | ||
Sud Aviation Caravelle | 50 | 1959 | 1981 | Boeing 727-200 | ||
Transall C-160 | 4 | 1973 | 1991 | Descoñecido | ||
Vickers Viscount 700 | 16 | 1953 | 1962 | Descoñecido | De 1967 a 1968 alugáronse catro Viscount a British Eagle. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.