aeroliña de baixo custo canadense From Wikipedia, the free encyclopedia
Air Transat é unha aeroliña de baixo custo de vacacións canadense baseada en Montreal, Quebec. A compañía opera voos regurares e chárter, servindo a 63 destinos en 30 países.[1] A aeroliña é propiedade e está operada por Transat A.T. Inc. No presente Air Transat transporta a uns 3,5 millóns de pasaxeiros anualmente.
Air Transat | ||
---|---|---|
IATA TS | OACI TSC | Indicativo AIR TRANSAT |
Fundación | decembro de 1986 | |
Inicio das operacións | 14 de novembro de 1987 | |
Frota | 49 | |
Destinos | 63 | |
Holding | Transat A.T. Inc. | |
Eslogan da compañía | Vacation is calling | |
Sede | Montreal, Quebec | |
Páxina web: https://www.transat.com |
Air Transat é unha das aeroliñas máis grandes do Canadá, tras Air Canada e WestJet. Air Transat ten 5 000 empregados.[2] A aeroliña gañou varios premios, incluído o premio Skytrax á mellor aeroliña de vacacións do mundo en 2012.
Air Transat realizou o o seu voo inaugural o 14 de novembro de 1987, dende Montreal a Acapulco. Seis anos despois Air Transat asmíu a base de mantemento e os avións da defunta Nationair.
O 13 de febreiro de 2009 Transat A.T. anunciou unha asociación de cinco anos con CanJet. Dende o 1 de maio dese ano Transat Tours Canada usou oc Boeing 737 de CanJet para voos chárter operando dende cidades do Canadá a varios destinos. Esta asociación foi substituída por un acordo con Westjet.[3]
O 13 de setembro de 2013 Air Transat asinou un contrato estacional de arrendamento coa aeroliña do grupo Air France-KLM Transavia France, acordando o alugamento de ata nove Boeing 737-800 ata 2019. O acordo, que ampliaba un previo de 2010 para a estación de inverno, solicitaba o alugamento de catro 737-800 durante o inverno de 2014, cinco en 2016, seis en 2017, sete en 2018 e oito en 2019.[4]
En marzo de 2018 a frota de Air Transat estaba formada polos seguintes avións:[5]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
C | Y | Total | ||||
Airbus A310-300 | 9 | — | 12 | 238 | 250 | Serán substituídos por Airbus A321LR. |
Airbus A320-200 | 2 | — | — | 180 | 180 | Alugados a Condor[6] |
Airbus A321LR | — | 10[7] | TBA | 200 | Van ser alugados a AerCap a partir de 2019. Para substituír os Airbus A310-300. | |
Airbus A330-200 | 14 | 1[8] | 12 | 333 | 345 | Un operado por Condor Un alugado a Travel Service Poland |
Airbus A330-300 | 4 | — | 12 | 334 | 346 | |
12 | 363 | 375 | ||||
Boeing 737-700 | 4 | — | – | 148 | 148 | Alugados a ASL Airlines France. |
Boeing 737-800 | 16 | — | – | 189 | 189 | |
Total | 49 | 11 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.