From Wikipedia, the free encyclopedia
Compañía Panameña de Aviación, S.A., operando como Copa Airlines, é unha aeroliña baseada na Cidade de Panamá, Panamá, e que serve como aeroliña nacional do país. O seu principal centro de operacións está no Aeroporto Internacional de Tocumen, e no ano 2013 a aeroliña transportou 11,34 millóns de pasaxeiros nuns 325 voos regulares diarios a 69 destinos de 30 países de todo o continente americano. Copa é subsidiaria de Copa Holdings, S.A., ademais de membro da alianza Star Alliance. A compañía é tamén a principal operadora e dona da aeroliña colombiana AeroRepublica, actualmente coñecida como Copa Airlines Colombia.
Copa Airlines | ||
---|---|---|
IATA CM | OACI CMP | Indicativo COPA |
Fundación | 21 de xuño de 1944 | |
Inicio das operacións | 15 de agosto de 1947 | |
Plan de voo frecuente | MileagePlus | |
Alianza | Star Alliance | |
Frota | 97 | |
Destinos | 69 | |
Holding | Copa Holdings, S.A. | |
Dirixentes | Pedro Heilbron (CEO) Jose Montero (CFO) | |
Páxina web: http://www.copaair.com/ |
Copa Airlines fundouse en 1947 como a aeroliña nacional de Panamá. Iniciou as súas operacións con voos domésticos a tres cidades do país usando Douglas DC-3. Copa Airlines entón abandonou os seus voos domésticos a favor dos internacionais. En 1998 Copa formou unha alianza estratéxica con Continental Airlines, substituíndo a súa librea e adoptando o programa de viaxeiro frecuente OnePass (substituído despois por MileagePlus). A aeroliña opera unha frota de 97 avións, a meirande parte deles Boeing 737 NG usados en case todos os voos internacionais e unha frota máis pequena de Embraer E-190 para voos rexionais.
Avión | En servizo | Pedidos | Motores | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
J | Y | Total | |||||
Boeing 737-700 | 17 | - | CFM56-7B22 | Os máis vellos serán substituídos por Boeing 737-800s. | |||
Boeing 737-800 | 54 | 36 | CFM56-7B26 | 16 |
144 |
160 |
Entregas ao longo de 2018. |
Embraer 190 | 26 | - | GE CF34-10E6 | ||||
Total | 97 | 36 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.