ATR 42

From Wikipedia, the free encyclopedia

ATR 42

O ATR 42 é un avión bimotor turbohélice rexional de curto alcance fabricado en Francia e Italia por ATR (Aerei da Trasporto Regionale ou Avions de transport régional). Os modelos de ATR son ensamblados finalsmente en Tolosa, e comparten recursos e tecnoloxía con Airbus. O nome "42" ven do número estándar de asentos do avión, que varía de 40 a 52. O aparello serve como base para o máis grande ATR 72.

Datos rápidos Tipo, Fabricante ...
ATR 42
Thumb
Tipoavión rexional
FabricanteATR
Primeiro voo16 de agosto de 1984
Introducido3 de decembro de 1985
Produción1984 - presente
Unidades construídas457[1]
Pechar

Deseño e desenvolvemento

O ATR 42–300 foi anunciado en 1981, facendo o seu voo de estrea o 16 de agosto de 1984. As certificacións francesa e italiana chegaron en setembro de 1985 e o seu primeiro servizo foi no mes de decembro dese ano con Air Littoral.[2] Esta versión inicial do ATR 42 fabricouse ata 1996. A seguinte actualización do avión foi o ATR 42-320 (tamén producido ata 1996), que estaba equipada cos máis potentes motores PW-121. O ATR 42-300QC é unha versión convertible de pasaxeiros/carga da serie −300.[3]

A seguinte versión de produción é a serie -500. Esta foi unha versión mellorada con motores PW127, hélices de seis pás, rendemento mellorado en ambientes quentes e altos, máis capacidade de peso e unha cabina de pasaxe mellorada. O ATR 42–500 foi certificado en xullo de 1995.[3] A versión actual en fabricación é a serie -600. Anunciada en 2007, as súas entregas comezaron no ano 2012 e é semellante ao -500 pero equipado con motores PW127M, unha nova cabina de mando e varias melloras menores. En abril de 2017 foran entregados 457 ATR 42 en todo o mundo.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.