Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto de Lanzarote é un aeroporto español xestionado por Aena, situado na illa canaria de Lanzarote que se atopa a 5 km de Arrecife, capital da illa, e dentro do termo municipal de San Bartolomé. Tamén se lle coñece como "Aeroporto de Guacimeta", polo topónimo histórico do lugar sobre o que se atopa.
O aeroporto é a principal vía de comunicación da illa de Lanzarote co exterior, dada a súa condición de insularidad, ademais constitúe o eixo básico da economía da Illa, xa que recibe a maioría de turistas nacionais e internacionais. Tradicionalmente tivo un importante tráfico chárter; actualmente a maior parte do tráfico é regular e internacional.
Segundo datos de 2009, o de Lanzarote é o terceiro aeroporto canario en tráfico de pasaxeiros (detrás do Aeroporto de Gran Canaria e o Aeroporto de Tenerife Sur), ademais é o décimo a nivel nacional con 4 701 480 pasaxeiros.[2]
Conta cun Museo Aeronáutico[3] situado na estrada que dá acceso ás terminais do aeroporto. Pódese visitar de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas, gratuitamente e é apto para todos os públicos. Na súa maioría é material fotográfico, que mostra desde os comezos da aviación na illa (desde a inauguración do aeroporto, o 12 de xuño de 1946) ata as datas nas que nos atopamos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.