Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Wizz Air é unha aeroliña de baixo custo húngara[3] con sede en Vecsés, Hungría, e con presenza na súa meirande parte nos países do leste de Europa. Os seus aeroportos principais son o Aeroporto Internacional de Katowice, Aeroporto de Varsovia-Frédéric Chopin, Aeroporto de Gdańsk-Lech Wałęsa en Polonia, Aeroporto de Sofía en Bulgaria, Aeroporto de Bucarest-Băneasa en Romanía, Aeroporto Internacional de Budapest Ferihegy (a maior base) en Hungría e outros.
Wizz Air | ||
---|---|---|
IATA W6 | OACI WZZ | Indicativo WIZZ AIR |
Fundación | ||
Inicio das operacións | 2003 | |
Aeroporto principal | Aeroporto Internacional de Katowice Aeroporto Internacional de Budapest Ferihegy | |
Frota | 179 (incluíndo subsidiarias)[1] | |
Destinos | 194 (June 2023)[2] | |
Eslogan da compañía | We can all fly now | |
Sede | ||
Dirixentes | József Váradi | |
Páxina web: http://www.wizzair.com |
A súa frota componse de 37 avións Airbus A320-232.[4]
A aeroliña Wizz Air foi fundada en setembro do ano 2003. O seu principal accionista é Indigo Partners, unha empresa de fondos de investimento estadounidense adicada ao mercado do transporte[5] . A aeroliña comezou a súa actividade o 19 de maio de 2004 dende Katowice, 19 días após a admisión de Polonia e Hungría coma membros integrantes de Unión Europea.
József Váradi, Director Executivo de Wizz Air, gañou o premio Ernst & Young ao "Brave Innovator" (o innovador máis ousado) no ano 2007.
No verán de 2008, Wizz Air pasou a ser a primeira compañía de baixo custo de Ucraína, por diante de Ryanair.
No 2011 Wizz Air manexou 11 millóns de pasaxeiros (un 15% máis ca no ano 2010), dos cales 4,2 millóns corresponderan a rutas polacas. Nos últimos tempos, Wizz Air deu por frear o desenvolvemento das súas conexións en Polonia para expandir a súa presenza cara a outros países, abrindo novas bases na República Checa, Bulgaria, Macedonia do Norte, Romanía, Lituania e Serbia. Porén, Polonia segue a ser o principal centro de mercado da aeroliña.[6]
En novembro de 2014 a frota de Wizz Air estaba formada polos seguintes avións:[7]
Avión | En servizo | Pedidos | Opcións | Almacenados | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
Airbus A320-232 | 52 | 34 | 0 | 0 | Y180 | |
Airbus A321-231 | 0 | 26 | 0 | 0 | Y220 | Entregas en 2016 |
Total | ||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.