From Wikipedia, the free encyclopedia
Vueling Airlines (pronuncia /ˈbwelin/) é unha aeroliña española con sede en El Prat de Llobregat, Barcelona, filial de Iberia. É a segunda aeroliña por tamaño de frota en España[1] (só superada pola súa matriz Iberia L.A.E.) e a terceira por número de pasaxeiros transportados[2] só superada por Iberia L.A.E. e a irlandesa Ryanair.
Vueling Airlines | ||
---|---|---|
IATA VY | OACI VLG | Indicativo VUELING |
Fundación | febreiro de 2004 | |
Inicio das operacións | 1 de xullo de 2004 | |
Aeroporto principal | Barcelona-El Prat Roma-Fiumicino | |
Plan de voo frecuente | Punto | |
Frota | 59 | |
Destinos | 51 | |
Holding | International Airlines Group | |
Eslogan da compañía | Flying hoy means Vueling | |
Sede | El Prat de Llobregat (Barcelona) | |
Páxina web: http://www.vueling.com |
Comezou operacións en xullo de 2004 con base en Barcelona como aeroliña independente, aínda que tras a súa fusión con Clickair en 2009 é filial de Iberia. Existen numerosas discrepancias sobre a natureza da compañía, pois moitos coinciden en que se trata nunha aeroliña de baixo custo ou "low-cost" como Ryanair ou Easyjet, e outros a consideran unha aeroliña de nova xeración similar á súa fundadora JetBlue Airways ou a alemá Germanwings que xunto ao produto de baixo custo, ofrecen opcións premium.
A base principal de Vueling desde a súa creación e tamén a súa hub desde maio de 2010 está en Barcelona, mentres que conta con numerosas bases de operacións no resto de España nos aeroportos de Madrid, Sevilla, Bilbao, Palma, Málaga-Costa do Sol, Valencia, Alacant e Eivissa.[3] Desde 2011, conta tamén con dúas bases internacionais, unha en Ámsterdam-Schiphol e outra en Tolosa; sendo a única aeroliña española con bases fóra de España. Ademais, a compañía proponse medrar no resto de Europa coa apertura dunha nova base en Paris-Orly[4] onde xa opera frecuencias diarias internacionais a Zúric e a Roma xunto co resto de frecuencias a España. É tamén unha das tres únicas aeroliñas de baixo custo de Europa, xunto con Air Baltic e Norwegian Air Shuttle que operan voos en conexión, algo moi típico entre aeroliñas de baixo custo de América.
En marzo de 2014 a frota de Vueling estaba composta por 72 aeronaves, cunha idade media de 7,2 anos.[5]
Avións | En Servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
Ex | Ec | Total | ||||
Airbus A319-100 | 5 | 4 | — | 144 | 144 | |
Airbus A320-200 | 91 | 36 | — | 180 | 180 | |
186[6] | 186 | |||||
Airbus A321-200 | 5 | — | — | 220 | 220 | Catro recibidos en agosto de 2015. 1 operativo en 2016 |
Total | 101 | 40 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.