Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Air Moldova é a aeroliña nacional de Moldova con sede en Chișinău. Opera principalmente servizos regulares e chárter a destinos dentro de Europa dende a súa base no aeroporto de Chișinău.
Air Moldova | ||
---|---|---|
IATA 9U | OACI MLD | Indicativo AIR MOLDOVA |
Fundación | 1993 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Chișinău | |
Plan de voo frecuente | Air Moldova Club | |
Frota | 7 | |
Destinos | 29 | |
Eslogan da compañía | Born to fly | |
Sede | Chișinău, Moldova | |
Páxina web: https://www.airmoldova.md |
A aeroliña foi creada no ano 1993[1] sobre a base da unidade local de Aeroflot. Dende a súa fundación os esforzos da compañía foron na dirección de integrarse no mercado internacional e cumprir cos estándares e normativas para as aeroliñas de primeira liña.
O 13 de xullo de 2004 Air Moldova converteuse en membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional. A aeroliña tamén superou unha auditoría de seguridade nas operacións e obtivo o certificado de operador IOSA. En maio de 2006 a compañía puxo en funcionamento os billetes electrónicos en todos os seus voos. O certificado de operador de Air Moldova permítelle o transporte de pasaxeiros, mercadorías e correo dende xullo de 2007.
En febreiro de 2015 Air Moldova deixou de voar tres rutas a Bucarest, Kíiv e Sochi cando o contrato con Tandem Aero, que as operaba no seu nome, rematou.[2] A ruta Chișinău-Bucarest relanzouse posteriormente o 12 de decembro de 2016.
En novembro de 2017 a frota de Air Moldova estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
---|---|---|---|---|---|---|
J | Y | Total | ||||
Airbus A319-100 | 2 | — | – | 138 | 138 | |
Airbus A320-200 | 2 | — | 8 | 162 | 170 | |
Embraer E-190 | 3 | — | 6 | 108 | 114 | |
Total | 7 | — |
Embraer asinou un pedido en firme con Air Moldova por 2 Embraer 190. O constrato incluía os dereitos de compra por un aparello máis. A entrega foi o 10 de maio de 2010. Un terceiro Embraer 190 (fabricado en 2009 e anteriormente operado por Lufthansa e Borajet) joined the fleet in 2016.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.