Organización Mundial da Saúde
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización Mundial da Saúde (OMS, ou WHO, nas súas siglas en inglés), é o organismo especializado das Nacións Unidas responsable da saúde pública internacional.[1] Ten a súa sede en Xenebra, Suíza, e conta con seis oficinas rexionais e 150 oficinas locais en todo o mundo.[2]
Organización Mundial da Saúde | |
---|---|
Acrónimo | WHO, OMS, OMS, 世卫组织, 世衛組織, OMS, СУТ, ВОЗ, 世衛 e SZO |
Tipo | axencia da ONU, editor de acceso aberto, organización internacional e editorial académica |
Campo de traballo | Saúde pública |
Data de fundación | 7 de abril de 1948 |
Director/a | Tedros Adhanom Ghebreyesus |
Nº de empregados | 7.000 (2014) |
Organización matriz | Consello Económico e Social das Nacións Unidas e ONU |
Organización subsidiaria | World Health Organization Regional Office for Africa, Organización Panamericana da Saúde, World Health Organization Regional Office for Europe, Alliance for Health Policy and Systems Research, World Health Organization (France), World Health Organization Regional Office for South-East Asia, World Health Organization Regional Office for the Eastern Mediterranean, World Health Organization Regional Office for the Western Pacific, Agência Internacional de Pesquisa em Câncer e International Clinical Trials Registry Platform |
Premios | Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional e Officer of the Order of the Condor of the Andes |
Sede | Xenebra |
País | Suíza, Filipinas, Exipto, Estados Unidos de América, Dinamarca, India e República do Congo |
Na rede | |
https://www.who.int, https://www.who.int/fr, https://www.who.int/es, https://www.who.int/ru, https://www.who.int/zh, https://www.who.int/ar e https://www.who.int/pt | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A OMS fundouse o 7 de abril de 1948 e convocou a súa primeira reunión o 24 de xullo dese ano..[3][4] Incorporou os activos, o persoal e as funcións da Organización da Saúde da Sociedade de Nacións e da Oficina Internacional de Hixiene Pública con sede en París, incluída a Clasificación Internacional de Enfermidades (CIE).[5] O traballo da Axencia comezou en 1951, tras unha importante inxección de recursos financeiros e técnicos.[6]
O mandato oficial da OMS é promover a saúde e a seguridade axudando ao mesmo tempo ás persoas vulnerables de todo o mundo. Proporciona asistencia técnica aos países, establece normas sanitarias internacionais, recompila datos sobre cuestións sanitarias mundiais e serve de foro para debates científicos ou políticos relacionados coa saúde.[1] A súa publicación oficial, o World Health Report (Informe sobre a saúde no mundo), ofrece avaliacións de temas sanitarios mundiais.[7]
A OMS desempeñou un papel destacado en varios logros de saúde pública, entre os que destacan a erradicación da varíola, a case a erradicación da poliomielite e o desenvolvemento dunha vacina contra o ébola. As súas prioridades actuais inclúen as enfermidades transmisibles, como o VIH/SIDA, o ébola, a malaria e a tuberculose; as enfermidades non transmisibles, como as cardiopatías e o cancro; a dieta sa, a nutrición e a seguridade alimentaria; a saúde laboral; e o abuso de substancias. A axencia avoga pola cobertura sanitaria universal, o compromiso coa vixilancia dos riscos de saúde pública, a coordinación de respostas a emerxencias sanitarias e a promoción da saúde e o benestar en xeral.[8]
A OMS está gobernada pola Asemblea Mundial da Saúde (AMS), composta polos seus 194 Estados membros. A AMS elixe e asesora a un consello executivo formado por 34 especialistas sanitarios; selecciona ao administrador principal da OMS, o director xeral (actualmente Tedros Adhanom Ghebreyesus de Etiopía);[9] fixa obxectivos e prioridades; e aproba o orzamento e as actividades. A OMS finánciase principalmente coas contribucións dos Estados membros (tanto asignadas como voluntarias), seguidas das de doantes privados. O seu orzamento total aprobado para 2020-2021 supera os 7.200 millóns de dólares.[1][10], mentres que o orzamento aprobado para 2022-2023 supera os 6.200 millóns.
En 2009 recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional.