Remove ads

A Sociedade de Nacións foi concibida ideoloxicamente no decurso da primeira guerra mundial, cando líderes coma o presidente estadounidense Thomas Woodrow Wilson comezaron a defende-la necesidade dunha organización supraestatal responsábel de resolución de potenciais conflitos entre as distintas nacións.

Datos rápidos Acrónimo, Tipo ...
Sociedade de Nacións
Thumb
Thumb
Thumb
AcrónimoLN, SDN, SdN, VB, SDN, 國聯, 国联, 國聯, Kok-liân, SDN, SDN, ΚτΕ, ОН e SDN
Tipoorganización intergobernamental e organización internacional
IdeoloxíaInternacionalismo
Data de fundación1919
Data de disolución18 de abril de 1946 e 20 de abril de 1946
Presidente/a
Eric Drummond, 7th Earl of Perth (pt) Traducir (1920-1933) Editar o valor en Wikidata
16097 cc mirror.svg|10px|baseline|class=skin-invert|Traducir|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q335120?uselang=gl]] (1920-1933) Editar o valor en Wikidata
Secretario/aEric Drummond, 7th Earl of Perth, Joseph Avenol e Seán Lester
Organización subsidiariaWomen's Advisory Council, League of Nations, Tribunal Permanente de Justiça Internacional e Organización Internacional do Traballo
Sedepalais Wilson e Palácio das Nações
PaísSuíza
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Durante as negociacións de paz de outubro de 1918, Woodrow Wilson propuxo os seus catorce puntos entre os que figuraba a creación dunha Liga das Nacións. A liga foi fundada axiña, na conferencia de Paz de París que tivo lugar en 1919, establecéndose a sede xeral en Xenebra (Suíza).[1][2] O pacto foi promovido por Wilson e Léon Bourgeois, da delegación francesa, que recibiron por isto o premio Nobel en 1920, ademais doutros 16 representantes de 13 delegacións internacionais.[1]

Entre os seus propósitos figuraban a promoción de vía diplomática en prol de solucionar os conflitos, de tal xeito que se acordou embargar comercialmente a aqueles países que declarasen guerras[Cómpre referencia].

Porén, a liga endexamais contou con forzas internacionais. Os mesmos EUA negáronse a participar ao negárense a asinar o Tratado de Versalles. Así a todo, cóntanse certos éxitos diplomáticos da liga: a mediación para evitar a guerra entre o Iraq e Turquía, Grecia e Bulgaria e Polonia e Lituania, todos eles conflitos fronteirizos. Porén, nunca foi quen de deter as arelas militaristas de Italia, o Xapón e Alemaña. Durante a segunda guerra mundial estivo inactiva e logo foi substituída polas Nacións Unidas.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads