Caxato de Asclepio

From Wikipedia, the free encyclopedia

Caxato de Asclepio

O caxato, bordón ou bastón de Esculapio ou Asclepio é un símbolo antigo, relacionado coa astroloxía e coa cura dos doentes a través da medicina. Consiste dun caxato envolto por unha serpente. Esculapio (en latín: Aesculapius) era o deus romano da medicina e da cura. Foi herdado directamente da mitoloxía grega, na cal tiña as mesmas propiedades mais un nome sutilmente diferente: Asclepio (en grego: Ἀσκληπιός, transl. Asklēpiós).

Thumb
Asclépio (grego) ou Esculápio (romano). O Deus que naceu mortal e representa a medicina.

Mitoloxía

De acordo coa mitoloxía grega, Esculapio aprendéralle a arte da cura Quíron. El é normalmente representado coma un cirurxián na embarcación Argo, construída coa axuda da deusa Atenea. Esculapio era tan habilidoso nas artes médicas que gañou a reputación de ter traído pacientes de volta do mundo dos mortos. En virtude disto, foi punido e colocado nos ceos coma a constelación Ofiúco (significando: "o portador da serpente", ou "O Serpentario"). Tal constelación fica entre Saxitario e Libra.[1]

Thumb
Caxato de Asclepio ou Esculapio, o símbolo da medicina. Debe estar disposto conforme a figura, unha serpente con dúas curvaturas á esquerda e unha á dereita. O seu uso está aplicado correctamente na bandeira da OMS - Organización Mundial de Saúde, entre tanto o caxato debe ser en madeira rústica.

En varias esculturas procedentes de templos de Asclepio greco-romanos, o deus da medicina é sempre representado suxeitando un caxato cunha serpente envolta, o cal se tornou o símbolo da medicina.

O emblema

A Organización Mundial de Saúde - OMS -, fundada en 1948, adoptou o símbolo de Asclepio. A Asociación Médica Mundial, reunida na Habana en 1956, adoptou un modelo padronizado do símbolo de Asclepio para uso dos médicos civís. O emblema adoptado pola Asociación Médica Mundial para uso dos médicos civís é unha serpente con dúas curvaturas á esquerda e unha á dereita. As organizacións médicas de carácter profesional e de ámbito nacional de varios países, que posúen emblema con serpente de Asclepio, son as do Brasil, o Canadá, Costa Rica, Inglaterra, Francia, Alemaña, Suecia, Dinamarca, Italia, Portugal, África do Sur, Australia, Nova Zelandia, países do sur leste asiático, a China e Taiwán.[2]

Caxato de Hermes e de Asclepio

O caxato de Asclepio (o idealizado como símbolo da medicina) é unha serpente dando dúas voltas e media en torno do caxato de madeira. En troques, equivocamente a Mariña dos Estados Unidos adopta o símbolo de Hermes ao seu corpo médico e hai unha certa diverxencia acerca da utilización dos caxatos. O caxato de Hermes, que na verdade ten a representación da Contabilidade[3], é descrito coma un caxato de ferro, con dúas serpentes e ao final anexado un par de á. O símbolo médico non debe ser representado con ás.[2]

Derivacións

Todo símbolo pode ser estilizado, porén non pode ser substituído por outro. Como estilizacións orixinais do símbolo de Asclepio podemos citar os seguintes símbolos e as alteracións utilizadas en territorio brasileiro.

  • Associação Paulista de Medicina e o da Academia Brasileira de Medicina Militar, en que o caxato toma a configuración dunha espada;
  • Escola Paulista de Medicina, en que o caxato é o propio tronco dunha árbore;
  • Associação Brasileira de Educação Médica, en que o caxato é un facho, simbolizando a luz do saber;
  • Facultade de Medicina de Ribeirão Preto, en que a serpente asume o formato dun nó cirúrxico.

Orixes

Existen diversas orixes canto ao desenvolvemento da simboloxía relacionada co caxato de Esculapio, certamente todas contribuíran para a composición do seu significado. O símbolo recibe o nome dunha antiga lenda grega.

Orixe bíblica

Hai referencias bíblicas ao caxato de Esculapio. "E dixo o Deus a Moisés: Fai unha serpente ardente, e pona sobre un caxato; e será que vivirá todo aquel que tendo sido picado pola serpente, ollase a ela." [4] A pasaxe é unha referencia sen constitución datada historicamente, a pesar das investigacións arqueolóxicas que buscan datar na Biblia eventos ocorridos realmente.

Orixe exipcia

No intercambio da civilización grega coa exipcia, o deus Thoth da mitoloxía exipcia foi asimilado a Hermes e, deste sincretismo, resultou a denominación de Hermes exipcio ou Hermes Trismegistos (tres veces grande), dada ao deus Thoth, considerado o deus do coñecemento, da palabra e da maxia.[17] No panteón exipcio, o deus da medicina correspondente a Asclepio é Imhotep e non Thot.[5]

Orixe sincrética

Entre o século III a.C. e o século III d.C. desenvolveu se unha literatura esotérica chamada hermética, en alusión a Hermes Trismegistos. Esta literatura versa sobre ciencias ocultas, astroloxía e alquimia, e non ten ningunha relación co Hermes tradicional da mitoloxía grega. O sincretismo entre Hermes da mitoloxía grega con Hermes Trismegistus resultou no emprego do caxato como símbolo deste último, tendo sido adoptado como símbolo da alquimia. Segundo Schouten, da alquimia o caxato tería pasado para a farmacia e desta para a medicina.[6]

Thumb
Caxato de Hermes. Non é símbolo da Medicina, mais si da Contabilidade.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.