Monte Pindo
macizo granítico no concello de Carnota / From Wikipedia, the free encyclopedia
O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.[1]
- Véxase tamén: Carnota - Monte Pindo.
Datos rápidos Localización administrativa, Localización ...
Monte Pindo | |
---|---|
A Moa cos seus 627 metros de altitude é o cumio do monte Pindo. | |
Localización administrativa | |
Localización | Carnota, Galicia |
Características xerais | |
Altitude | 627 m |
Pechar
O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000[2][3][4]. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.