From Wikipedia, the free encyclopedia
Lampris guttatus, coñecido vulgarmente en galego como lúa real,[2][3] é unha especie de peixe osteíctio da clase dos actinopterixios, subclase dos neopterixios, infraclase dos teleósteos, orde dos lampriformes, e familia dos lámpridos, unha das dúas que comprende na actualidade (2020) o xénero Lampris.[4]
Lúa real Lampris guttatus | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lampris guttatus | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Lampris guttatus Brünnich, 1788 | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A especie foi descrita en 1788 polo zoólogo danés Morten Thrane Brünnich, baixo o nome de Zeus guttatus, [4] na súa obra "Om en ny fiskart, den draabeplettede pladefish, fanget ved Helsingör i Nordsöen 1786". K. Danske Selsk. Skrift. N. Saml. 3: 398-407,
Para a do xénero, ver Lampris.
O epíteto específico, guttatus, é o nominativo singular do adxectivo do latín científico guttatus, -a, -um, derivado do termo do latín clásico gutta, -ae, "gota", "mancha", en alusión ao seu corpo salferido de manchas deste peixe.
Ademais de polo nome válido actualmente, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
As principais características da lúa real son:[2][5][6][7]
Lampris guttatus é unha especie cosmopolita que vive en augas tropicais e temperadas. oceánico, epipeláxico e mesopeláxico.[8][9] É relativamente pouco común, e encóntrase até profundidades de 0 a 500 m,[10] frecuentemente entre os 100,[7][11] e os 400 m.[12]
En Europa encótrase no Atlántico, até o mar do Norte, e no Mediterráneo.[6] No verán é un hóspede reguular no mar do Norte, e das augas occidentais norueguesas.[7]
A súa bioloxía é pouco coñecida.[7] Aparentemente é un animal solitario.[13] Aliméntase principalmente de cefalópodos, peixes peláxicos e crustáceos.[2][7]
Péscase ocasionalmente con redes de arrastre de fondo e palangres.[7] Rara vez presente nos mercados europeos, véndese en fresco. A súa carne, comestíbel, de cor avermellada, é excelente, tenra e de sabor delicado, parecida ao do salmón, e moi rica en graxa.[7] É moi prezada nos países do Extremo Oriente e do Pacífico, especialmente en Hawai.
Adoita capturarse en pescarías comerciais menores, como captura incidental, xomo, por exeplo, nas pescarías de palangre no golfo de México en cantidades reducidas, e como captura secundaria nas pescarías de atún. En 1994, as capturas mundiais alcanzaron as 77 t, e alcanzaron un máximo de 1 107 t en 2009.[9]
Tamén pode ser capturado ocasionalmente con redes de cerco en pescarías de peixe espada no golfo de Guinea e nas costas de Namibia. Ocasionalmente foi citado polos barcos pesqueiros que operan fronte a Nova Inglaterra. Captúrase en cantidades relativamente grandes e con frecuencia se desbota nas pescarías de lirio do sur de Nova Zelandia. Tamén aparece comunmente de maneira incidental nas pescarías de palangre peláxico de atún en barcos con base en Hawai, e nas de palangre de atún e marlíns nas costas de Australia.[1]
A presenza da lúa real é rara nas augas galegas. Porén, na lonxa de Ribeira, a máis importante de Europa na descarga de peixes e mariscos de baixura, é tamén un dos recintos que reciben maior variedade de especies. Cada día pasan por ela cerca de 150 variedades distintas e, de cando en vez, aparecen algunhas raras, que adoitan seren habituais noutros mares. Hai poucos días chegou ao porto da capital da Barbanza unha peza de 75 kg dunha lúa real (Lampris guttatus), nada habitual en augas galegas, pero que ten unha carne moi prezada, capturada por un arrastreiro da cidade. Vendeuse con facilidade, dado que se trata dunha especie cuxa carne é moi demandada na restauración.[14]
Hai pouco máis dun ano[cando?], na lonxa da Coruña subastouse unha lúa real, moi difícil de capturar nestas augas. O exemplar, comprado por unha casa exportadora coruñesa, foi capturado por un arrastreiro do día con base no porto da Coruña, e acadou un extraordinario prezo en primeira venda. Foi enviado para un cliente de Vigo que, á súa vez, o exportará ao estranxeiro. «O seu destino será os fogóns», sinalou o responsábel da empresa. Aínda que a súa carne é algo dura de cortar e fibrosa, e que só se aproveita un 35 %, «porque ten moita merma, sobre todo polas espiñas que ten na zona vental». As industrias que traballan o atún vermello buscan este peixe para comercializalo. En Hawai é moi prezado, polo que é un dos pratos máis pedidos nos restaurantes. Adoita presentarse como sashimi, pero tamén se consome asado e afumado.[15]
Desde o centro do Centro Oceanográfico da Coruña, do Instituto Español de Oceanografía, sinalaron que, a falta de estudar a presenza desta especie nas augas galegas, «non se pode sinalar que a súa aparición poida deberse ao cambio climático». Os expertos manifestaron que para facer este tipo de aseveración, «hai que analizar cantas aparicións da lúa real se contabilizaron nn período amplo». O experto Rafael Bañón Díaz, colaborar do IEO, manifestou que o peixe lúa real é unha especie peláxica «de distribución global» en latitudes temperadas e cálidas. Subliñou que nestas especies «é más difícil falar da súa presenza polo cambio climático, porque o medio peláxico é pouco coñecido, e algunhas especies que podemos considerar raras, en realidade poden ser máis frecuentes do que coñecemos». Para Bañón, sería interesante obter unha mostra de tecido para facer un estudo en profundidade.[15]
A presenza desta especie nas pescarías non representa unha ameaza importante para a súa poboación mundial.[1]
Segundo a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), Lampris guttatus é unha especie que está amplamente distribuída e é común, pero non abundante. Considérase que a súa presenza nalgunhas pescarías peláxicas, con todo, non se considera unha ameaza para a súa poboación global. Polo tanto, cualifícase o status da especie como LC (pouco preocupante).[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.