Missouri

estado dos Estados Unidos de América From Wikipedia, the free encyclopedia

Missourimap

Missouri[1][2][3][4] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Missouri é o estado americano que limita con máis estados no país. Son en total oito estados cos cales Missouri fai límite: con Iowa ao norte, Illinois, Kentucky e Tennessee ó leste (separados polo río Mississippi), ao sur con Arcansas e ó oeste con Oklahoma, Kansas e Nebrasca.

Datos rápidos Himno, Lema ...
Missouri
State of Missouri (en)

HimnoMissouri Waltz (en) (1949)

Lema«Salus populi suprema lex esto (en) »
Símbolo oficialPássaro Azul Oriental (pt) (aves)
AlcumeThe Show Me State
EpónimoRío Missouri
Localización
Thumb Thumb
 38°30′N 92°30′O
EstadoEstados Unidos de América
CapitalJefferson City
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación6.154.913 (2020) (33,91 hab./km²)
Número de fogares2.440.212 (2020)
Lingua oficialsen valor
Xeografía
Parte de
Superficie181.533 km²
Auga1,39 %
Bañado porRío Missouri e Río Mississippi
Altitude240 m
Punto máis altoTaum Sauk (pt) (540 m)
Punto máis baixoSaint Francis (pt)
Comparte fronteira con
Creación10 de agosto de 1821
Organización política
Órgano executivogovernment of Missouri (en)
 Governor of Missouri (en) Mike Parson (pt) (2018–sen valor)
Órgano lexislativoAsemblea Xeral de Missouri ,
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of Missouri (en)
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-MO
Identificador GNIS1779791
Outro
Irmandado con

Sitio webmo.gov
Pechar

O produto interno bruto de Missouri, en 2003, foi de 29 464 dólares, o vixésimo sétimo maior do país. As principais industrias do estado son a industria aeroespacial, equipamentos de transporte, procesamento de alimentos, produtos químicos, material impreso e publicitario e equipamentos electrónicos. Os principais produtos agropecuarios de Missouri son bovinos, porcinos, soia, palla, trigo e ovos. O estado posúe a sétima maior produción de carne bovina do país, e preto de 108 mil facendas, o segundo maior número, atrás só de Texas. O turismo é tamén unha importante fonte de renda do estado.

Thumb
Reverso do medio dólar do Centenario de Missouri (1921).

Missouri facía parte orixinalmente da Compra de Luisiana, tendo sido admitido como un estado americano en 1821 por causa do Compromiso de Missouri. O Estado recibiu o seu alcume de Portal para o Oeste porque o estado serviu como un punto de partida para persoas partindo rumbo ao Oeste americano. Durante a Guerra Civil Americana, Missouri, un estado escravista, dividiuse, con partes adherindo á Unión e partes secedendo da Unión e xuntándose cos Estados Confederados de América. Derrotado, foi readmitido na Unión en 1867.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.