Remove ads
mamífero doméstico From Wikipedia, the free encyclopedia
O porco[2] (tamén coñecido como cocho,[3] marrán,[4] chino[5] ou quino[6]) é un mamífero tipicamente doméstico, de nome científico Sus scrofa, aínda que algúns autores danlle o nome de Sus domesticus (ou Sus scrofa domesticus) para o diferenciar do porco bravo ou xabarín, ao cal se lle atribúe o nome de Sus scrofa.
Porco | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Porca co seu leitón | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Domesticado | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome trinomial | |||||||||||||||||
Sus scrofa domesticus Erxleben, 1777 | |||||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||||
|
O porco domesticouse en Anatolia sobre o ano 7.000 a. C.[7] Chegou a Europa dende Turquía, e hai probas da súa domesticación no sitio arqueolóxico de Çayönü, aínda que hoxe neste país este animal non aparece na gastronomía tradicional debido a ser agora un país islámico e esa relixión prohibe o consumo deste mamífero. Non existe en estado salvaxe na natureza.
En Galicia, a crianza do porco goza de gran tradición, como queda reflictido na popular matanza do porco de San Martiño ou a fama de xamóns coma o de Lalín (concretamente na parroquia de Bermés, ou o da Cañiza.[8]
O porco críase sobre todo pola súa carne, ben para ser consumida fresca, en salazón ou transformada en embutidos ou outros produtos cárnicos. Entre outros, do porco saen o lacón, o xamón, o touciño ou o chourizo. Este é o seu uso principal sobre todo na cría tradicional doméstica. Pero o porco fai bo o que se di del e ten outros moitos usos:
Amais diso, tradicionalmente, sobre todo en Italia, usábase o porco para buscar trufas. O seu olfacto permítelle detectalas e co fociño e as patas foza ata atopalas.
Entre outros nomes para porco en galego están o de cocho ou marrán. As crías do porco reciben os seguintes nomes (especialmente cando son moi novos e aínda maman): bácoro[16] ou bacoriño,[17] leitón,[18] marrancho,[19] rancho,[20] reco,[21] rello,[22] relo,[23] rengo,[24] zacote[25] ou marrote.[26] O porco macho adulto denomínase verrón,[27] cacheiro,[28] cachaceiro[29] ou cachazo.[30] Se se dedica a cubri-las femias, porco da semente, porco colludo, porco pai e castal,[31] castizal[32] ou castizo[33] (de aí o alcume de O Castizo que leva Cibrán, o protagonista da novela A esmorga de Eduardo Blanco Amor).
Os porcos críanse en numerosos países, aínda que os maiores consumidores de porco a nivel mundial están en Asia. Existe un importante comercio internacional e mesmo intercontinental de porcos e de carne de porco. Aínda que a China ten a meirande produción en termos absolutos, precisa importar grandes cantidades para satisfacer a demanda, que se ten incrementado notabelmente ao longo do seu desenvolvemento como potencia económica. Os principais exportadores de porco son os Estados Unidos, a Unión Europea e o Canadá. Por exemplo, a produción canadense foi de 22,8 millóns de porcos no ano 2008 e máis da metade foi exportada a 143 países.[34]
Listaxe dos 10 principais criadores de porcos (2014) | ||||
---|---|---|---|---|
País | Produción (millóns) | |||
China | 474,1 | |||
Estados Unidos | 67,7 | |||
Brasil | 37,9 | |||
Alemaña | 28,3 | |||
Vietnam | 26,8 | |||
España | 26,6 | |||
Rusia | 19,1 | |||
México | 16,1 | |||
Myanmar | 13,9 | |||
Francia | 13,3 | |||
En todo o mundo | 986,6 | |||
Fonte: Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura FAO Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine. |
A raza de porco celta é unha variedade que até comezos do século XX era a maioritaria en Galiza. Despois de estar a piques de desaparecer durante os anos oitenta, en 1999 púxose en marcha a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta. O apoio público coa creación dun rexistro da raza e a difusión das cualidades deste animal está a favorecer o rexurdimento da cabana maioritaria en Galiza, antes de se ver desprazada por novas razas que ofrecían un maior crecemento.
Outras razas: Berkshire, porco ibérico, porco tamworth, porco vietnamita e porco galés.
Miss Piggy, Babe e Porky Pig son personaxes moi coñecidos no mundo audiovisual. Os tres porquiños, Piglet de A. A. Milne, Wilbur da novela Charlotte's Web, The Sheep-Pig, Zhu Bajie ou Napoleón do libro A revolta dos animais, son exemplos de porcos famosos na literatura.
O porco e os seus produtos constitúen un importante elemento na gastronomía galega. Así, non pode estrañar que estea presente en numerosas festas gastronómicas repartidas por toda Galicia:
Entre as escasas mencións ós porcos na literatura épica grega, pódense citar as seguintes.
Na Eneida, do poeta latino Virxilio, nárrase a fuxida de Eneas de Troia, a piques de ser incendiada polos gregos, e a súa viaxe polo Mediterráneo, buscando o lugar idóneo onde fundar a súa cidade. Este lugar será Italia, onde fundará a futura cidade de Roma. Nesta viaxe van dar a Butrinto (na rexión de Epiro), onde reinaba Héleno (un dos fillos de Príamo) coa súa esposa Andrómaca (viúva de Heitor). Héleno era un afamado adiviño e explica a Eneas cómo recoñecer o lugar onde fundar a cidade:
Direiche os sinais e ti telos gardados na túa memoria: cando, agoniado, xunto ás augas dun río agochado, atopes baixo as aciñeiras unha enorme porca branca deitada no chan, acabada de parir trinta bacoriños, coas brancas crías ó redor do seu ubre, ese será o lugar da túa cidade, o descanso seguro ás túas fatigasEneida III, 388-393
Doutra volta, neste caso na Odisea, de Homero, Ulises chega cos seus homes á illa de EEa, onde reinaba a feiticeira Circe. Ulises mandou a parte dos seus homes a explorar a illa. Cando estes chegaron ó palacio de Circe foron recibidos con gran hospitalidade e convidados a un espléndido banquete, pero terminaron convertidos en porcos. Logo, Ulises obrigaría a Circe a devolverlles a forma humana:
Ó punto golpeounos coa súa variña e encerrounos nun cortello. De porcos tiñan xa as cabezas, a voz, os pelos e o corpo, aínda que a súa mente permanecía tal como antes. Así, entre saloucos, quedaron encerrados. E Circe botounos de comer landras, faiucos e froitos do sangomiño, o que adoitan comer os porcos que fozan no chanOdisea, X, 238-243
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.