Amil, Moraña
parroquia civil do concello de Moraña From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Moraña From Wikipedia, the free encyclopedia
San Mamede de Amil é unha parroquia que se localiza no concello de Moraña. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 472 habitantes (253 mulleres e 219 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 522 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 197 homes e 217 mulleres.
Amil | |
---|---|
Solpor en Amil | |
Concello | Moraña[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°32′25″N 8°35′01″O |
Poboación | 414 hab. (2014) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa parroquial foi construída en 1781.
En 1892 rematouse de construír o Santuario da Virxe dos Milagres, onde se celebra o primeiro domingo despois do 8 de setembro a Romaría dos Milagres de Amil, á que asisten milleiros de peregrinos de toda Galicia.
A tradición popular conta que todo naceu dun milagre acontecido no século XVIII. Había un labrego chamado Sebastián, que debía percorrer un longo camiño ata unha fonte afastada para conseguir a auga necesaria para regar a súa horta e a dar de beber ó seu gando, polo que rezaba con devoción á Virxe. Un día, despois de rezar pedindo axuda, púxose a cavar na terra e milagrosamente comezou a brotar un manancial. A auga era tan abondosa que mesmo lle permitiu construír un muíño que movía a auga deste manancial.
De aí a cantiga popular:
"Miña Virxe dos Milagres/ que fas milagres na terra,/ fixeches nace-la auga/ na fonte da Rozavella" [2].
Ademais, na parroquia hai varios cruceiros dos séculos XVIII e XIX,
Nesta parroquia celébrase desde 1970 a festa gastronómica do porquiño á brasa.
Lugares da parroquia de Amil no concello de Moraña (Pontevedra) | |
---|---|
O Apedrado | Barro | Cartamil | O Castriño | A Chan | O Outeiro | A Picota | Piñeiro | Pumardatán | A Rozavella | Ruibal | Torre de Abaixo | Torre de Arriba | Vilacova |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.