Na nomenclatura científica, a sinonimia ocorre cando un mesmo taxon, recibiu dúas ou máis denominacións distintas, propostas por dous ou máis científico diferentes. Nesta situación, a segunda ou seguintes denominacións perde a súa validez por mor da "Lei da Prioridade", permanecendo válida a primeira; a segunda é citada coma un sinónimo do taxon válido, a non ser que se teña cambiado posteriormente, por acordo da comunidade científica correspondente botánica ou zoolóxica, o nome do taxon.

Sinónimos e protónimo

Cando o anteromente dito sucede, o autor ou autores dos sinónimos actualmente considerados como válidos e, en caso de que se faga constar, a data da descrición, ten que poñerse entre parénteses (para idicar que dito autor non foi o primeiro que describiu o taxon), mentres que no caso do sinónimo inicial, chamado protónimo (do grego antigo πρῶτος prõtos, 'o primeiro', e ὄνομα ónoma, 'nome') se escribe sen parénteses.
Exemplos:

  • Impala, n. c. Aepyceros melampus (Lichtenstein, 1812); sin. Antilope melampus Lichtenstein, 1812 (que é protónimo).
  • Ploceus cucullatus (Müller, 1766); sin. Oriolus cucullatus Müller, 1766 (que é protónimo).

O uso e a terminoloxía son diferentes, nalgúns casos, na zooloxía e na botánica (incluíndo a micoloxía, bacterioloxía e viroloxía).

Sinonimia en botánica

  • Acanthocalycium aurantiacum Rausch - 1968
    • Echinopsis aurantiaca (Rausch) Friedrich & G.D.Rowley - 1974
    • Lobivia thionantha var. aurantiaca (Rausch) Rausch - 1987, un pequeno e popular cacto.
  • Buxus chinensis Link 1836
    • Simmondsia californica Nutt.
    • Simmondsia chinensis (Link) C.K.Schneid., a xoxoba

Sinonimia en zooloxía

Con frecuencia ao mesmo taxon ao longo do tempo asignóuselle máis dun nome, o que pode crear moita confusión entre a comunidade científica. O principio de autoridade utilizado antes da aparición do Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica contribuíu á proliferación de nomes e o seu uso interesado por partidarios dun zoólogo ou outro.

Trala aparición do Código, todos os nomes científicos réxense polo principio de prioridade e sinonimia segundo o cal, o nome válido dun taxon é o sinónimo máis antigo. Todos os demais nomes dese taxon considéranse sinónimos máis modernos e non deben usarse.[4]

Neste caso, un mesmo autor describiu o mesmo xénero de lepidópteros árctidos dúas veces con diferente nome; ten prioridade o nome publicado primeiro (Hypercompe), e Ecpantheria é un sinónimo do anterior.

O exemplo a seguir non é exactamente unha sinonimia:

Gmelin describiu unha especie de ave e asignouna ao xénero Pelecanus (Pelecanus minor); máis tarde, outro autor considerou que minor pertencía en realidade ao xénero Fregata, e subordinouna a este: Fregata minor (Gmelin, 1789); o nome do autor entre paréntese quere indicar precisamente que Gmelin describiu en 1789 esta especie, mais asignouna a un xénero diferente; cómpre destacar que Pelecanus non é sinónimo de Fregata; simplemente significa que entre as especies de Pelecanus actualmente non se inclúe minor Gmelin, 1789. Pelecanus minor e Fregata minor son diferentes combinacións do mesmo nome específico.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.