Johann Friedrich Gmelin, nado en Turinxia (Alemaña) o 8 de agosto de 1748 e finado en Gotinga (Alemaña) o 1 de novembro de 1804, foi un naturalista alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar

Traxectoria

Estudos

Johann Friedrich Gmelin, o fillo máis vello do médico Philipp Friedrich Gmelin, naceu en 1748 en Tubinga (Alemaña). Estudou medicina co seu pai,[1] na universidade de Tubinga, graduándose como doutor en medicina en 1768 cunha tese titulada Irritabilitatem vegetabilium, in singulis plantarum partibus exploratam ulterioribusque experimentis confirmatam, defendida ante un tribunal presidido por Ferdinand Christoph Oetinger,[2] quen lle deu as grazas coas palabras:
Patrono et praeceptore in aeternum pie devenerando, pro summis in medicina obtinendis honoribus.

Carreira profesional

Despois de obter o seu título emprendeu unha viaxe aos Países Baixos, Reino Unido e Austria.

Gmelin obtivo unha praza de profesor de medicina en Turinxia en 1772, e ao ano seguinte as de filosofía e medicina en Gotinga e, en 1775, as cátedras de química, botánica e mineraloxía.

Thumb
Tumba de J. F. Gmelin no cemiterio de Cheltenham Park, Gotinga.

Propiamente dito, Gmelin non foi un zoólogo nin un botánico. Publicou sobre todo traballos de química aínda que supervisou entre 1788 e 1793 a 13ª edición do Systema naturae de Carlos Linneo, que arrequeceu con numerosas modificacións e addendas. Por iso é polo que no sistema binomial de clasificación dos seres vivos o seu nome aparece en varias ocasións.

Johann Friedrich Gmelin foi o pai do químico Leopold Gmelin, e sobriño de Johann Georg Gmelin (1709-1755), explorador, químico e botánico.

Como todos os médicos da súa época, foi un apaixonado de todos os problemas que tiñan relación coas ciencias naturais.

A súa grande obra abarca as máis diversas disciplinas: química, farmacoloxía, medicina, botánica, zooloxía e mineraloxía.

Gmelin está soterrado en Gotinga, no cemiterio de Cheltenham Park, en Gotinga.

Obras

  • Allgemeine Geschichte der Gifte, 2 vols, 1776/77
  • Allgemeine Geschichte der Pflanzengifte, 1777. Ein Nachdruck der 2. Auflage von 1803 wurde verlegt bei Dr. Martin Sändig oHG, Walluf bei Wiesbaden 1974, ISBN 3-500-26320-8
  • Allgemeine Geschichte der mineralischen Gifte, 1777
  • Des Ritters Carl von Linné vollständiges Natursystem des Mineralreichs, nach der zwölften Lateinischen Ausgabe. In einer freyen und vermehrten Übersetzung von J. F. Gmelin. 4 Teile, Gabriel Nicolaus Raspe, Nürnberg 1777–1779.[3]
  • Einleitung in die Chemie, 1780
  • Beyträge zur Geschichte des teutschen Bergbaus, 1783
  • Ueber die neuere Entdeckungen in der Lehre von der Luft, und deren Anwendung auf Arzneikunst, 1784
  • Grundsätze der technischen Chemie, 1786
  • Abhandlung von der Wurmtrocknis, 1787
  • "Caroli a Linné, Systema Naturae per Regna Tria Naturae, Secundum Classes, Ordines, Genera, Species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio Decima Tertia, Aucta, Reformata" Georg. Emanuel. Beer, Lipsiae (1788-1793); in seconda edizione: J.B. Delamollière, Lugduni
    • Tomo 1: Regnum Animale:
      • Parte 1: Mammalia. pp. [x.] 1–232, 1788.[4]
      • Parte 2: Aves. pp. 233–1032. [1789].[5]
      • Parte 3: Amphibia und Pisces. pp. 1033–1516, [1789].[6]
      • Parte 4: Insecta. pp. 1517–2224, [1790].[7]
      • Parte 5: Insecta. pp. 2225–3020, [1790].[8]
      • Parte 6: Vermes. pp. 3021–3910, [1791].[9]
      • Parte 7: Index. pp. 3911–4120. [1792].[10]
    • Tomo 2: Regnum Vegetabile:
      • Parte 1: Regnum Vegetabile. pp. 1–884, 1791.[11]
      • Parte 2: Regnum Vegetabile. pp. 885–1661, [1792].[12]
    • Tomo 3: Regnum Lapideum. pp. 1–476, 3 Tafeln, 1793.[13]
  • Grundriß der Mineralogie, 1790
  • Grundriß der Pharmazie, 1792
  • Geschichte der Chemie, 1799
  • Allgemeine Geschichte der thierischen und mineralischen Gifte, 1806

Epónimos

Entre noventa especies e variedades levan o seu nome na súa honra, como:

  • (Apiaceae) Angelica gmelinii (DC.) Pimenov
  • (Asteraceae) Endocellion gmelinii (Turcz. ex DC.) Panigrahi
  • (Asteraceae) Klasea gmelinii (Tausch) Holub
  • (Asteraceae) Artemisia gmelinii Webb ex Stechm.
  • (Boraginaceae) Batschia gmelinii Michx.
  • (Brassicaceae) Alyssum gmelinii Jord. & Fourr.
  • (Euphorbiaceae) Galarhoeus gmelinii (Steud.) Prokh.
  • (Poaceae) Agropyron gmelinii (Trin. ex Schrad.) P.Candargy
  • (Scrophulariaceae) Calceolaria gmelinii Phil.

Abreviaturas

A abreviatura J.F.Gmelin emprégase para indicar a Johann Friedrich Gmelin como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

A abreviatura Gmelin emprégase para indicar a Johann Friedrich Gmelin como autoridade na descrición e clasificación científica dos animais.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.