instituto de investigación oceanográfica na Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
O Centro Oceanográfico da Coruña, fundado en 1968, é un dos nove Centros Oceanográficos do Instituto Español de Oceanografía (IEO). Está dotado con moderno material oceanográfico, e situado no paseo do Alcalde Francisco Vázquez, número 10. Nel ten a súa base o buque B/O Lura, dedicado a traballos costeiros.[1]
Centro Oceanográfico da Coruña | |
---|---|
Fachada do Centro Oceanogáfico da Coruña | |
Tipo | instituto de investigación e instalación |
Data de fundación | 1968 |
En | A Coruña |
País | Galicia |
43°22′12″N 8°23′19″O | |
Na rede | |
https://www.ieo.es/en/web/coruna/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Aínda que as actuais instalacións datan de 1974, a dedicación do Instituto Español de Oceanografía aos problemas oceanográficos e biolóxicos da rexión do Noroeste español, ou aos que a dita rexión interesan, aínda que afecten a mares máis ou menos distantes da mesma, é incluso anterior a creación do Laboratorio Oceanográfico de Vigo (hoxe Centro Oceanográfico de Vigo) e se manifestou na realización de diversas campañas oceanográficas, entre as que merecen ser citadas as dos buques da Armada Española Hernán Cortés (1916 e 1918), Río de la Plata (1919), Marques de la Victoria (1925), Proserpina (1926), Dato (1927 e 1928), Laya (1929), Xauen (entre 1929 ye1955), V-12 (1941) e Thalassa (1967).
Entre os primeiros traballos realizados con base en terra cómpre citar o estudo da posíbel industrialización das marismas de Baldaio (Carballo), e os estudos sobre posibilidades de repoboación osterícola da ría de Ares na zona de Pontedeume, e sobre os bancos de moluscos comestíbeis da ría de Muros e Noia. Cando, nos últimos anos da Ditadura de Primo de Rivera, a Dirección General de Pesca creou a súa Asesoría Biológica, á fronte da cal foi nomeado o profesor Luis Lozano Rey, este, de acordo coas ideas do Instituto Español de Oceanografía, propuxo a creación dunha delegación biolóxica na Coruña e dun parque de experiencias de moluscocultura na ría do Burgo, todo iso baixo a dirección do biólogo Manuel Sánchez y Sánchez. Baseándose nestes antecedentes, e vencendo non poucas dificultades derivadas dunha evidente carencia de suficientes medios económicos, de material e de persoal, o Instituto decidiu a instalación dun Laboratorio na Coruña. Estando en marcha a preparación do segundo Plan de Desenvolvemento Económico-Social, o Instituto formulou ante o ministro Laureano López Rodó en 1968, un anteproxecto de instalación na Coruña dun Laboratorio Oceanográfico e diversas instalacións anexas. Na primeira xestión o Concello da Coruña ofreceu o Castelo de Santo Antón, ofrecemento que foi rexeitado por non reunir aqueles locais as condicións necesarias. Xurdiu entón outra proposta concreta, á que o concello deu inmediatamente o seu beneplácito, consistente nunha oferta de cesión de terreos por parte da Xunta de Obras do Porto da Coruña nas proximidades do antigo peirao das Ánimas e do dique de abrigo Barrié de la Maza. En ditos terreos, e a suxestión da Xunta de Obras do Porto, realizaríase a edificación conxunta do Laboratorio, do acuario e de determinadas dependencias da propia Xunta de Obras do Porto. Posteriormente, e para non ter que esperar á culminación destes proxectos e xestións, o Instituto instalou na Coruña un Laboratorio provisional nun reducido local do peirao de Linares Rivas.[2]
O edificio construíuse entre os anos 1970 e 1978 preto do antigo peirao das Ánimas, cun proxecto do aquitecto Vicente Roig Forné.[3]
Segundo as palabras do seu deseñador:[3]
Consta de dúas plantas e semisótano, nas que se desenvolven as dúas actividades ás que se destina o Centro:Procurei que ambas as zonas teñan a debida independencia e a adecuada relación. Os criterios estéticos dominantes son: o "cubo", volume tradicional, o "patio" e a "auga", motivo fundamental das actividades que se desenvolven no edificio. A construción é a base de formigón armado, formigón visto e carpintaría exterior de aluminio. Non se pretendeu facer un edificio pretencioso, con torres ou pantallas, senón algo a escala humana; a súa altura, no punto máis alto, non supera os 10,20 m. É un edificio de traballo, traballo intenso de laboratorio e investigación das cousas do mar, do cal está rodeado. Tívose moi en conta que este edificio non fose só para uso exclusivo dos científicos que nel traballan, senón un edificio no que o pobo poida ir a aprender e a tomar contacto directo e científico co que tene tan cerca: o mar e as súas inmensas fontes de enerxía e beleza
- a) Investigación, con: laboratorios, talleres, despachos etc.
- b) Zonas de público, con: exposicións, mostras de expedicións científicas, sala de conferencias etc.
Vicente Roig
Na actualidade (2020), o Laboratorio Oceanográfico da Coruña intervén na execución dos proxectos seguintes:[4]
Aínda que non tiveron carácter de proxectos regulares, cómpre non deixar de citar os estudos sobre os accidentes e verteduras de produtos tóxicos do buque Erkowit en 1970, do petroleiro Urquiola en 1976, do Cason en 1987, e do Prestige en 2002, así como os traballos acerca da contaminación da ría de Pontevedra, e dalgunhas zonas da costa de Lugo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.