B/O Lura
From Wikipedia, the free encyclopedia
O B/O Lura é un buque oceanográfico, un dos cinco que compoñen a frota do Instituto Español de Oceanografía.[1] Ten a súa base no porto da Coruña,[2] e adoita utilizarse en campañas de oceanografía e ecoloxía costeira, principalmente en augas de Galicia.[3]
B/O Lura | |
---|---|
Historial | |
Operador | Instituto Español de Oceanografía |
Porto de rexistro | A Coruña |
Destino | Investigación oceanográfica |
Características xerais | |
Desprazamento | 29,58 t |
Eslora | 14,30 m |
Manga | 4,04 m |
Calado | 1,83 m (máximo) |
Propulsión | 1 motor diésel |
Potencia | 160,00 CV |
Velocidade | 8 nós ~ 16 km/h |
Autonomía | 4 días |
Tripulación | 5, máis 5 persoal investigador |
Características
De casco é de madeira, ten unha eslora de 14,30 m, unha manga de 4,04 m e un calado máximo de 1,83 m. É propulsado por un motor diésel de 160,00 CV. Dispón dunha tripulación de 5 mariñeiros, e pode levar 5 individuos de persoal científico. Leva 5 camas (só para os tripulantes). A súa matrícula é 8ª CO 2/3-91.[2]
Material de cuberta
- Torno oceanográfico: cabo eléctrico 300, 4 mm diámetro, peso 500 kg
- Guindastre hidráulico: 500 kg, lonxitude 3 m, cabo 7 mm, 300 m de lonxitude
- Soporte para botellas Niskin e Nansen
Material de ponte
- Radar: Sperry de 60 millas
- Ecosonda: Skipper 802, 1000 m de profundidade
- Piloto automático: Sperry 680
- Comunicacións: 1 VHF,1 om,1 pr-27, 1 teléfono portátil (608176819)
- Sistema de navegación: GPS RS 5310
- Radiobaliza: Salvair IT-271
- Receptor direccional: Gonio Crame-Finder ADF-2206
Laboratorio
Dispón dun pequeno local que se pode utilizar como laboratorio.[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.