moble que se utiliza para dormir e descansar From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha cama[1] ou un leito é un moble que, normalmente, é usado para durmir durante a noite. Agora ben, tamén pode usarse para outras cousas, tales como: ler, sentar, descansar, ter relacións sexuais, repousar en períodos de enfermidade etc.
As camas preséntanse nun amplo abano de formas e tamaños. As primeiras eran pouco máis que pilas de palla ou algún outro material natural, que se estendían pola noite sobre o chan e se recollían polo día. Unha mellora importante constituíuna o levantalas do chan para evitar humidades, lixo e infeccións.
Xeralmente, a cama está constituída por dúas partes:
Algúns elementos que complementan a cama son:
As medidas estándar das camas son:
Tipo | Medidas estándar (ancho × longo) |
---|---|
Individual | 90 cm × 200 cm |
Matrimonio | 160 cm × 200 cm |
Dependendo das zonas, tamén se comercializan camas individuais de 100 ou 110 cm, e de matrimonio de 140 cm. Para o resto, hai que encargar o colchón e a roupa á medida.
A cama ten forma propia desde as antigas civilizacións do Exipto e Asiria e consiste nun bastidor rectangular alongado de madeira ou de metal sostido por pés elevados e acabado nun extremo ou en ambos nunha cabeceira a modo de respaldo que adoita adornarse con figuras.[2]
Había dúas clases de leitos nos pobos antigos (agás nos exipcios, nos que non consta que se recostaran para comer) segundo a súa utilización:
Isto era así xa que ata a chegada da Idade Media os homes adoitaban comer recostados en leitos e sobre coxíns. Durante a época do Imperio romano, desde finais da República, prevaleceu nestes leitos a forma semicircular ou de ferradura para situalos arredor das mesas, que daquela eran redondas.
Segundo algúns historiadores, os gregos foron os primeiros que colocaron unha especie de cabeceiro, máis ou menos elevado, sobre o armazón da cama constituída por catro paus ensamblados, os cales compuñan as montaxes que sostiñan a cama propiamente dita.
Os persas, antes que os gregos, tiñan as súas camas con baldaquinos e cubríana con moitos tapices. Os baldaquinos adornábanse con bordados, metais preciosos (ouro e prata), marfil e perlas.
As camas dos exipcios tiñan os pés en forma de patas de animais figurando, na súa cabeceira, a cabeza destes. As dos gregos e romanos levaban, normalmente, pés torneados e rectos, e unhas e outras adornábanse con incrustacións preciosas. Durante os primeiros séculos da Idade Media, a cama tivo unha estrutura moi sinxela en Occidente, sempre rectangular e con pés rectos. Pero non faltaron exemplares nos que os pés eran a modo de columnas torneadas e esculpidas e máis altas có propio leito, terminando, por riba, en pomo. Chegado o século XIII, volveu pórse en uso a ornamentación de toda a cama con pinturas, relevos, incrustacións e cabeceira elevada, se se trataba de camas señoriais, e así mantívose ata os nosos días coas variantes propias dos estilos de cada moda.
Con frecuencia, e moi especialmente nos lugares fríos, colocábase sobre a cama un pavillón ou baldaquino xa desde as civilizacións remotas, como se manifesta nos relevos asirios e como se ve tamén nalgúns exemplares achados en Exipto. Este pavillón, cunhas cortinas, servía para reducir o tamaño do habitáculo, conseguindo que a calor corporal o quentase con máis facilidade que todo o cuarto. Desde o século XV, dito pavillón, acostumaba a montarse en forma de luxosos doseis, xa sós, apoiados sobre columnas pequenas que se alzaban sobre os pés ou ángulos da cama.
Pola contra, en lugares especialmente cálidos, as camas eran de materiais bos condutores da calor para evitar sentirse rodeado de material illante pola noite e disipar mellor a calor do corpo. En Al-Andalus, poden encontrarse leitos da época califal, feitos de obra, con azulexado, nos que se sacrificaba a brandura do colchón en favor dunha maior comodidade térmica.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.