Asiria

From Wikipedia, the free encyclopedia

Asiriamap

Asiria foi un país da antigüidade situado no suroeste asiático na antiga Mesopotamia, no val do río Tigris cuxos límites foron: ó norte das montañas de Armenia, ó sur Caldea (Babilonia), ó leste a Media e ó oeste Mesopotamia.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Asiria
Thumb

Localización
Thumb Thumb
 36°N 43°L
CapitalAssur (pt)
Nimrud (pt)
Dur Sarruquim (pt)
Harran
Car-Tuculti-Ninurta (pt)
Nínive
Tell Leilan (en)
Ekallatum (en)
Karkemish
Poboación
Lingua oficiallingua acadia
lingua aramea
Lingua sumeria
Relixiónmitoloxía sumeria
Datos históricos
Precedido por
Creaciónc. 2025 a. C.
Disolución609 a. C.

Pechar

A cidade máis importante achábase ás beiras do Tigris, ó lado do templo da súa principal divindade Assur; a cidade tamén se chamaba Assur ou El-Assur e o país tomou o mesmo nome denominándose Asiria. Outras cidades importantes foron Nínive, Harran, Nimrud, Dur-Sarrukîn (actualmente chamada Khorsabad). A civilización asiria é moi antiga. Así o confirman os achados arqueolóxicos que apareceron entre as dunas de Nimrud e Khorsabad.

Historia

Sometidos ó principio á dominación de Sumer, e despois á de Acad, os asirios fan a súa aparición na Historia no transcurso da primeira metade do terceiro milenio a. C. (fundación de Assur). No século XVIII a. C. construíron o primeiro Imperio (reino de Samši-Adad I) pero o seu desenvolvemento foi roto por Babilonia (conquista de Hammurabi). A potencia asiria manifestouse novamente no século XII a. C. con Teglatfalasar I (1112-1074 a. C.), vencedor dos arameos e grazas á súa organización militar impúxose plenamente baixo o reinado de Teglatfalasar III (746-727 a. C.), que anexionou Siria e exerceu o seu control sobre Babilonia. Baixo a dinastía dos Sargónidas, comezada por Sargón II (721-705 a. C.), Asiria coñeceu unha prosperidade sen precedentes, estendeuse por toda Asia occidental desde Persia ata o Mediterráneo, e chegou ata Tebas e Exipto, sometido por Assurbanipal (669-631 a. C.). As súas grandes cidades son Assur, Nínive, Nimrod e Dũr-Sarrukîn (na actualidade, Korsabad, cidade de Iraq), nova capital dos Sargónidas. Pero a inmensidade deste imperio fíxoo vulnerable: afundiuse definitivamente no 614-612 a. C. (caída de Nínive), incapaz de resisti-los ataques dos exércitos medos e dos babilonios.

Arte

Thumb
Mapa do Imperio Neoasirio, entre os séculos XIX a. C. e VIII a. C..

A arte asiria caracterízase polas súas enormes construcións de ladrillo (ruínas mal conservadas de palacios, de templos, de elevados cigurats polícromos) pola súa escultura maciza (moi poucas estatuas exentas e numerosos baixorrelevos de alabastro nos que figuran grandes escenas de caza), polas súas decoracións de ladrillo esmaltado e polas súas xemas gravadas en oco. Glorifica a guerra e a caza.

O Imperio mesopotámico estableceuse dende o século XVIII ó VII a. C.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.