Manga (náutica)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Manga (náutica)

En náutica, manga é a medida do barco no sentido transversal, é dicir, dunha banda á outra (de estribor a babor). Mídese na parte máis ancha do barco (caderna mestra) e indicada polo disco Plimsoll ou marca de francobordo. Ao igual que na eslora, poden existir variacións desta dimensión dependendo das formas do barco e onde sexa medida, tendo:

  • Manga máxima: é a máxima medida que ten a embarcación no sentido transversal.
  • Manga en flotación: é aquela que é medida na liña de flotación do navío.
Thumb
Gráfico coas medidas para describir un barco. A medida "b" representa a manga.

A manga intervén directamente na estabilidade e na resistencia ao avance, posto que nun barco máis ancho o brazo adrizante será maior, pero tamén aumentará a resistencia ao avance.

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.