From Wikipedia, the free encyclopedia
Francobordo segundo o define o Convenio Internacional sobre Liñas de Carga da Organización Marítima Internacional (IMO) das Nacións Unidas, é a distancia medida verticalmente no centro do buque (caderna mestra), dende a intersección da cara superior da cuberta de francobordo coa superficie exterior do forro (casco do buque), ata a liña de carga correspondente indicada no disco Plimsoll.
O francobordo defínese como unha reserva de flotabilidade. O calado do buque máis o francobordo é o puntal. Este valor de puntal é inamovible independentemente da carga que leve o buque. A máis calado, menos francobordo e viceversa.
O disco é un anel de 300 milímetros (12 polgadas) de diámetro exterior e 25 milímetros (1 polgada) de ancho, cortado por unha liña horizontal de 450 milímetros (18 polgadas) de lonxitude e 25 milímetros (1 polgada) de ancho, o lado superior pasa polo centro do anel. Tódolos buques deben levar o disco Plimsoll no casco do buque un en cada costado do buque, unha marca en babor e outra en estribor. Esta marca indica o punto no que debe ser medido o francobordo. Tamén indica a posición da caderna mestra (metade da eslora do buque) e o calado do buque.
Sobre o disco Plimsoll indícanse as iniciais da sociedade de clasificación.
A densidade da auga varía segundo as zonas do mar, a temperatura (estación do ano) e a salinidade. Os límites do calado máximo e o mínimo francobordo do buque en función das augas nas que navegue son as seguintes:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.