Toxina

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

As toxinas (do grego τοξικόν toxikon) son substancias velenosas producidas por células de organismos vivos.[1][2] As toxinas non inclúen a velenos producidos sinteticamente. O termo empregouno por primeira vez o químico Ludwig Brieger (18491919).

Datos rápidos Identificadores, Freebase ...

As toxinas poden ser aquelas pequenas moléculas, péptidos ou proteínas que causen enfermidades por contacto con ou por absorción nos tecidos corporais e que interactúen con macromoléculas biolóxicas, como enzimas ou receptores celulares. As toxinas varían amplamente na súa capacidade de toxicidade. Van desde pequenas inchazóns, como as de picaduras de abellas, a mortes súbitas, como as da toxina botúlica.

Remove ads

Biotoxina

Ás veces emprégase o termo biotoxina para subliñar a orixe biolóxica da enfermidade.[1]

As biotoxinas clasifícanse ademais en biotoxinas de fungos (ou micotoxinas), biotoxinas microbianas, biotoxinas de plantas (ou ficotoxinas) e biotoxinas animais. Ás biotoxinas producidas en medios acuáticos chámaselle biotoxinas mariñas.

As toxinas que producen os microorganismos son os factores que determinan a virulencia dos patóxenos microbianos e/ou a capacidade de evasión inmune do hóspede.[3]

O papel das bioxotinas na natureza son:

Remove ads

Toxinas ambientais

O termo toxina ambiental emprégase ás veces para incluír explicitamente a contaminantes sintéticos.[4] Inclúen a produtos contaminantes industriais e outras substancias tóxicas producidas artificialmente. Este termo, que contradí as outras definicións de toxina, emprégase habitualmente en campos fóra das microbioloxías.

Algúns casos de toxinas ambientais que se transmite a través da cadeas tróficas de medios mariños e son prexudiciais para a saúde humana son:

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads