Os escifozoos (Scyphozoa, do grego σκύφος skyphos, 'cunca', 'copa', e ζωον zoon, animal) son unha clase do filo dos cnidarios (Cnidaria) coa fase de pólipo, sésil, moi reducida. De feito, son os cnidarios aos que máis frecuentemente se alude como medusas, xa que esta é a fase que prediomina no seu ciclo biolóxico e acostuman, ademais, a seren máis grandes que as hidromedusas, cun diámetro de entre 2 e 40 cm, aínda que en Cyanea capillata pode chegar até os 2 m[1] e ter os tentáculos de 60 a 70 m de lonxitude.[2]
Máis información Escifozoos Rango fósil: Ediacárico - Holoceno, Clasificación científica ...
Escifozoos Rango fósil: Ediacárico - Holoceno |
Chrysaora quinquecirrha |
Clasificación científica |
|
Orde |
- Coronatae
- Semaeostomeae
- Rhizostomae
|
Pechar
As medusas son organismos transparentes e xelatinosos cuxo corpo pode estar formado até por un 95 % de auga. Case todas viven nos océanos, coñecéndose unhas 200 especies, presentes en todos os mares.
Normalmente utilízase o nome común medusa para identificalas, aínda que tamén se usa este nome vulgar para os representantes das clases dos hidrozoos (Hydrozoa) e cubozoos (Cubozoa).
Como todos os cnidarios, o corpo das medusas é basicamente un saco con simetría radial formado por dúas capas de células —o ectoderma, no exterior, e o endoderma no interior— cunha masa xelatinosa entre elas, chamada mesoglea e aberto cara ao exterior. Ao redor da abertura, as medusas presentan unha coroa de tentáculos con células urticantes, os cnidocitos, capaces de disparar unha minúscula espiña ou nematociste que contén unha toxina.
As medusas usan estes "aparellos" non só para se defenderen dos depredadores, senón tamén para inmobilizaren ás súas presas, como un pequeno peixe, para se alimentaren.
Taxonomía
Segundo o "Système d'Information Taxonomique Intégré":
- orde Coronatae
- familia Atollidae
- familia Atorellidae
- familia Collaspididae Haeckel, 1880
- familia Linuchidae
- familia Nausithoidae
- familia Paraphyllinidae
- familia Periphyllidae
- subclase Discomedusae
- orde Rhizostomeae
- familia Archirhizidae Haeckel, 1880
- familia Cassiopeidae
- familia Mastigiidae
- familia Rhizostomatidae Claus, 1883
- suborde Daktyliophorae
- familia Catostylidae
- familia Lobonematidae
- familia Lychnorhizidae
- familia Stomolophidae
- suborde Kolpophorae
- familia Cepheidae
- familia Thysanostomatidae
- familia Versurigidae
- orde Semaeostomeae
- familia Cyaneidae L. Agassiz, 1862
- familia Halicyathidae
- familia Pelagiidae Gegenbaur, 1856
- familia Ulmaridae Haeckel, 1880
Segundo a "Animal Diversity Web":
- orde Coronatae
- familia Atollidae
- familia Atorellidae
- familia Collaspididae
- familia Linuchidae
- familia Nausithoidae
- familia Paraphyllinidae
- familia Periphyllidae
- familia Tetraplatidae
- orde Rhizostomatida
- orde Rhizostomeae
- suborde Daktyliophorae
- familia Catostylidae
- familia Lobonematidae
- familia Lychnorhizidae
- familia Rhizostomatidae
- familia Stomolophidae
- suborde Kolpophorae
- familia Cassiopeidae
- familia Cepheidae
- familia Mastigiidae
- familia Thysanostomatidae
- familia Versurigidae
- orde Semaeostomeae
- familia Cyaneidae
- familia Depastridae
- familia Halicyathidae
- familia Pelagiidae
- familia Ulmaridae
- orde Stauromedusae
- familia Cleistocarpidae
- familia Eleutherocarpidae
- familia Kyopodidae
- familia Tesseranthidae
Barnes, R. D. (1983): Zoología de los invertebrados, 3ª edición. Méxicpo D. F.: Interamericana. ISBN 968-25-0094-X
Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006) Principios integrales de zoología, 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
Bibliografía
- D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de Zoología. Tomo II. Zoología especial. 4ª ed. Barcelona: Editorial Labor, S. A. pp. 505–510.
- Hickman, C. P., Ober, W. C. & Garrison, C. W. (2006): Principios integrales de zoología. 13ª edición. Madrid: McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 84-481-4528-3.
- Ruppert, Edward E., Fox, Richard S. e BARNES, Robert D. (2005):Zoologia dos invertebrados: uma abordagem funcional-evolutiva. 7º ed. São Paulo: Roca. ISBN 85-7241-571-8.