Mesoglea
substancia que se encontra entre as dúas capas de células epiteliais nos corpos de coelenterados e esponxas From Wikipedia, the free encyclopedia
substancia que se encontra entre as dúas capas de células epiteliais nos corpos de coelenterados e esponxas From Wikipedia, the free encyclopedia
En zooloxía coñécese como mesoglea á porción non celular do mesénquima das medusas, máis ou menos grosa, constituída por unha matriz coloidal xelatinosa que funciona como un hidroesqueleto estático. Nas esponxas unha estrutura similar denomínase mesohilo.[1]
A mesoglea está fundamentalmente constituída por auga. Ademais contén varias substancias que inclúen proteínas fibrosas como o coláxeno, proteoglicanos e fibronectina.[1][2]
A mesoglea é maioritariamente acelular, pero tanto en cnidarios[3] como en ctenóforos,[4] a mesoglea contén feixes de músculos ye fibras de nervios.[5] Outras células nerviosas e musculares descansan xusto baixo as capas epiteliais. A mesoglea tamén contén amebocitos que xogan unha función na fagocitose de residuos e bacterias. Estas células tamén loitan contra as infeccións ao produciren substancias químicas antibacterianas.[6]
A mesoglea pode ser máis delgada que calquera das capas celulares nos celentéreos máis pequenos, como as hidras, o pode conformar o volume do corpo nas medusas máis grandes.[7]
A mesoglea serve como un esqueleto interno, apoiando o corpo. As súas propiedades elásticas axudan a restaurar a forma despois da súa deformación a causa da contracción de músculos.[8]
Porén, sen a flotabilidade da auga para apoiala, a mesoglea non é o bastante ríxida para aguantar o peso do corpo, e os celentéreos xeralmente tenden a aplanarse, ou incluso colapsar cando son sacados fóra da auga.
Para diferenciarmos o uso do concepto de mesénquima en embrioloxía de vertebrados (isto é, o tecido indiferenciado encontrado na entomesoderma embrionaria do cal se derivan todos os tecidos conectivos, os vasos sanguíneos, as células sanguíneas, o sistema linfático e o corazón) e o uso en zooloxía de invertebrados (un tecido máis ou menos sólido pero pobremente organizado constando dun xel matriz [a mesoglea, en sentido propio] con varias inclusións celulares e fibrosas, localizados entre a epiderme e a gastroderme, algúns autores prefiren utilizar o concepto mesoglea (en sentido máis amplo) en vez de mesénquima ao referirse ás capas medias de esponxas e diploblastos, reservando o termo mesénquima para o sentido embriolóxico. Aínda así, Brusca e Brusca desaconsellan este uso, utilizando mesoglea no seu sentido estrito, e preferindo manter as acepcións embriolóxica e zoolóxica para o termo mesénquima.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.