artigo de listas da Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dos filmes propostos na 80ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa.[3] O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.[3]
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2006 e o 30 de setembro de 2007.[3] A Academia convidou 95 países a enviar filmes a competición,[4] recibíndose sesenta e tres propostas, o maior número ata ese momento. Acerbaixán e Irlanda enviaron filmes por primeira vez.[5][6]
A lista curta de nove candidatos anunciouse o 15 de xaneiro de 2009.[7] A selección foi controvertida, especialmente pola ausencia do filme romanés 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile, gañador da Palma de Ouro no Festival de Cannes e do francés Persepolis, Premio do Xurado do mesmo festival.[8][9][10][11][12] Os cinco candidatos (Austria, Casaquistán, Israel, Polonia e Rusia) anunciáronse o 22 de xaneiro de 2008.[3][13] O filme Die Fälscher de Stefan Ruzowitzky gañou o premio,[14] primeiro filme austríaco que o conseguiu.
País | Título | Lingua(s) | Director(es) | Resultado |
---|---|---|---|---|
Acerbaixán | Qafqaz | Azerí, ruso | Farid Gumbatov | Non nomeado |
Alemaña | Auf der anderen Seite | Alemán, turco | Fatih Akin | Non nomeado |
Arxentina | XXY | Castelán | Lucía Puenzo | Non nomeado |
Australia | The Home Song Stories | Cantonés, inglés, mandarín | Tony Ayres | Non nomeado |
Austria | Die Fälscher | Alemán | Stefan Ruzowitzky | Premio da Academia |
Bangladesh | Swopnodanay | Bengalí | Golam Rabbany Biplob | Non nomeado |
Bélxica | Ben X | Neerlandés | Nic Balthazar | Non nomeado |
Bolivia | Los Andes no creen en Dios | Castelán | Antonio Eguino | Descualificado |
Bosnia e Hercegovina | Teško je biti fin | Serbocroata | Srdan Vuletic | Non nomeado |
Brasil | O Ano em Que Meus Pais Saíram de Férias | Portugués | Cao Hamburger | Lista curta de xaneiro |
Bulgaria | Pazachyt na myrtvite | Búlgaro | Ilian Simeonov | Non nomeado |
Canadá | L'Âge des ténèbres | Francés | Denys Arcand | Lista curta de xaneiro |
Casaquistán | Mongol | Mongol | Sergei Bodrov | Nomeado |
República Checa | Obsluhoval jsem anglického krále | Checo | Jiri Menzel | Non nomeado |
Chile | Padre nuestro | Castelán | Rodrigo Sepúlveda | Non nomeado |
China | Yún shǔi yáo | Mandarín | Yin Li | Non nomeado |
Colombia | Satanás | Castelán | Andi Baiz | Non nomeado |
Corea do Sur | Miryang | Coreano | Lee Chang-dong | Non nomeado |
Croacia | Armin | Serbocroata | Ognjen Sviličić | Non nomeado |
Cuba | La edad de la peseta | Castelán | Pavel Giroud | Non nomeado |
Dinamarca | Kunsten at græde i kor | Dinamarqués | Peter Schønau Fog | Non nomeado |
Eslovaquia | Návrat bocianov | Alemán, Eslovaco | Martin Repka | Non nomeado |
Eslovenia | Kratki stiki | Esloveno | Janez Lapajne | Non nomeado |
España | El orfanato | Castelán | Juan Antonio Bayona | Non nomeado |
Estonia | Klass | Estoniano | Ilmar Raag | Non nomeado |
Exipto | Fi shaket Masr El Gedeeda | Árabe | Mohamed Khan | Non nomeado |
Filipinas | Donsol | Bikol, tagalo | Adolfo Alix, Jr. | Non nomeado |
Finlandia | Miehen työ | Finés | Aleksi Salmenperä | Non nomeado |
Francia | Persepolis | Francés | Vincent Paronnaud, Marjane Satrapi | Non nomeado |
Grecia | Eduart | Albanés, alemán, grego | Angeliki Antoniou | Non nomeado |
Hong Kong | Fong juk | Cantonés | Johnnie To | Non nomeado |
Hungría | Taxidermia | Húngaro | György Pálfi | Non nomeado |
India | Eklavya: The Royal Guard | Hindi | Vidhu Vinod Chopra | Non nomeado |
Indonesia | Denias, Senandung di Atas Awan | Indonesio | John De Rantau | Non nomeado |
Irán | Mim mesle madar | Persa | Rasul Mollagholipour | Non nomeado |
Iraq | Jani Gal | Kurdo | Jamil Rostami | Non nomeado |
Irlanda | Kings | Irlandés, inglés | Tommy Collins | Non nomeado |
Islandia | Mýrin | Islandés | Baltasar Kormakur | Non nomeado |
Israel | Beaufort | Hebreo | Joseph Cedar | Nomeado |
Italia | La sconosciuta | Italiano | Giuseppe Tornatore | Lista curta de xaneiro |
Líbano | Sukkar banat | Árabe, francés | Nadine Labaki | Non nomeado |
Luxemburgo | Perl oder Pica | Luxemburgués | Pol Cruchten | Non nomeado |
Antiga República Iugoslava de Macedonia | Senki | Macedonio | Milčo Mančevski | Non nomeado |
México | Stellet licht | Plautdietsch | Carlos Reygadas | Non nomeado |
Noruega | Tatt av Kvinnen | Noruegués | Petter Naess | Non nomeado |
Países Baixos | Duska | Neerlandés | Jos Stelling | Non nomeado |
Perú | Una sombra al frente | Castelán | Augusto Tamayo | Non nomeado |
Polonia | Katyń | Polaco | Andrzej Wajda | Nomeado |
Porto Rico | Maldeamores | Castelán | Mariem Perez, Carlitos Ruiz | Non nomeado |
Portugal | Belle Toujours | Francés | Manoel de Oliveira | Non nomeado |
Romanía | 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile | Romanés | Cristian Mungiu | Non nomeado |
Rusia | 12 | Ruso, checheno | Nikita Mikhalkov | Nomeado |
Serbia | Klopka | Serbocroata | Srdan Golubović | Lista curta de xaneiro |
Singapur | 881 | Mandarín, hokkien | Royston Tan | Non nomeado |
Suecia | Du levande | Sueco | Roy Andersson | Non nomeado |
Suíza | Die Herbstzeitlosen | Alemán de Suíza | Bettina Oberli | Non nomeado |
Tailandia | King of Fire | Tailandés | Chatrichalerm Yukol | Non nomeado |
Taiwán | Liànxí Qǔ | Mandarín, taiwanés | Chen Huai-En | Non nomeado |
Turquía | Takva | Turco | Özer Kızıltan | Non nomeado |
Uruguai | El baño del Papa | Castelán | Cesar Charlone, Enrique Fernández | Non nomeado |
Venezuela | Postales de Leningrado | Castelán | Mariana Rondon | Non nomeado |
Vietnam | Áo lụa Hà Đông | Vietnamita | Luu Huynh | Non nomeado |
Xapón | Soredemo boku wa yatte nai | Xaponés | Masayuki Suo | Non nomeado |
Xeorxia | Rusuli samkudhedi | Ruso | Aleko Tsabadze | Non nomeado |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.