A das cupresoideas (Cupressoideae) é unha das sete subfamilias en que se divide a familia das cupresáceas (Cupressaceae).
Máis información Clasificación científica, Xéneros ...
Pechar
Comprende once xéneros con numerosas especies, case todas nativas do hemisferio norte.
A subfamilia comprende once xéneros con numerosas especies propias do hemisferio norte, agás Juniperus procera, árbore que, aínda que orixinaria da península Arábiga (Arabia Saudita e o Iemen), a súa área de dispersión comprende o nordeste, leste, centro-oeste e sur da África tropical, encontrándose na República Democrática do Congo, Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Malaui, Mozambique, Somalia, Sudán, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabue.[1] sendo o único repesentante da subfamilia que se se encontra ao sur da liña ecuatorial.
Xéneros
A subfamilia das cupresoideas comprende once xéneros con especies actualmente viventes; destes, cinco son monotípicos (é dicir, inclúen a unha soa especie).
- Calocedrus, con catro especies, tres delas propias de Asia, e a outra, C. decurrens, de Norteamérica.
- Chamaecyparis, con seis especies, catro da Asia oriental, e dúas de Norteamérica.
- Cupressus, o xénero tipo da subfamilia. Segundo os autores, comprende de 17 s 33 especies, que se encontran en Norteamérica, Europa, norte de África e Asia.
- Fokienia, cunha única especie, Fokienia hodginsii, endémica do sueste da China, do norte e o centro-oeste de Vietnam e do norte de Laos. [6][7]
- Juniperus, con numerosas especies, entre 45 e 75, segundo os diferentes autores, de Norteamérica, Europa, norte de África e Asia.
- Microbiota, monotípica. A súa única especie, Microbiota decussata Komarov 1923, é orixinaria de Rusia. [8]
- Platycladus, monotípica. A súa sola especie, Platycladus orientalis (L.) Franco 1949 distribúese polo leste de Rusia, Corea e a China. [9]
- Tetraclinis, monotípica. A súa única especie, Tetraclinis articulata (Vahl) Mast., encóntrase no noroeste de África, o sueste de España e na illa de Malta. [10]
- Thuja, con cinco especies, dúas en Norteamérica e tres no leste de Asia.
- Thujopsis, monotípica. A súa única especie, Thujopsis dolabrata (Thunb. ex L. f.) Siebold & Zucc., 1844, é endémica do Xapón.
- Xanthocyparis, con dúas especies, unha de Norteamérica (Xanthocyparis nootkatensis), e a outra, (Xanthocyparis vietnamensis), propia do Vietnam.
Nota: Até hai pouco incluíase o xénero Callitropsis Oerst., 1864, actualmente reclasificado como Xanthocyparis Farjon & T. H. Nguyên, 2002. Véxase Callitropsis e Xanthocyparis.
Germplasm Resources Information Network (GRIN) (12 de agosto de 2010). "Juniperus procera, en Taxonomy for Plants". Beltsville, Maryland: United States Department of Agriculture (USDA), Agricultural Research Service (ARS), National Genetic Resources Program, National Germplasm Resources Laboratory. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2014. Consultado o 12 de decembro de 2017.
Bibliografía
- Farjon, A. (1998): World Checklist and Bibliography of Conifers. Royal Botanic Gardens, Kew. 300 p. ISBN 1-900347-54-7.
- Farjon, A. (2005): Monograph of Cupressaceae and Sciadopitys. Royal Botanic Gardens, Kew. ISBN 1-84246-068-4.
- Farjon, A.; Hiep, N. T.; Harder, D. K.; Loc, P. K. & Averyanov, L. (2002): "A new genus and species in the Cupressaceae (Coniferales) from northern Vietnam, Xanthocyparis vietnamensis". Novon 12: 179–189.
- Gadek, Paul A.; Deryn L. Alpers, Margaret M. Heslewood & Christopher J. Quinn (2000): "Relationships within Cupresaceae senus lato: A combined morphological and molecular approach". American Journal of Botany 87 (7): 1044–1057.
- Jagel, Armin & Dörken, Veit Martin (2015): "Morphology and morphogenesis of the seed cones of the Cupressaceae - part II. Cupressoideae" Bulletin of the Cupressus Conservation Project nº 9 4 (2): 51–78.
- Little, Damon P.; Schwarzbach, Andrea E.; Adams, Robert P. & Hsieh, Chang-Fu (2004): "The circumscription and phylogenetic relationships of Callitropsis and the newly described genus Xanthocyparis (Cupressaceae). En: American Journal of Botany 91 (11): 1872–1881.