especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Juniperus procera é unha conífera orixinaria das zonas montañosas de África e da península Arábiga.
Juniperus procera | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Juniperus procera en Tanzania | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Juniperus procera Hochst. ex Endl.[1] |
Juniperus procera foi descrita por Hochst. ex Endl. e publicado en Synopsis Coniferarum 26. 1847.[1][3][4]
Juniperus: nome xenérico que procede do latín iuniperus, que é o nome do xenebreiro.[5]
Juniperus procera é unha árbore de tamaño mediano que alcanza unha altura de 20-25 m (raramente 40 m), cun tronco de até 1,5 ou 2 m de diámetro e unha ampla copa arredondeada ou irregular de forma cónica.
As follas son de dúas formas, as xuvenís en forma de agulla, con follas de 8-15 mm de longo en plántulas, e as adultas en forma de escama de 0,5-3 mm de longo nas plantas máis vellas, dispostas en parellas o en verticilos de tres.
É en gran parte dioica, con plantas masculinas e femininas separadas, pero algunhas plantas individuais presentan espécimes de ambos os sexos.
Os conos con bagas, de 4-8 mm de diámetro, de cor negra azulada cunha flor cerosa abrancazada, e que contén 2-5 sementes que maduran en 12-18 meses. Os conos masculinos miden 3-5 mm de longo, e verten seu pole en primavera.[9]
Juniperus procera é orixinaria da península Arábiga (en Arabia Saudita e o Iemen), e do noroeste, leste, centro-oeste e sur da África tropical (Djibuti, Eritrea, Etiopía, Kenya, Malaui, Mozambique, República Democrática do Congo, República do Congo, Somalia, Sudán, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabue.[2]
É o único xenebreiro que se encontra ao sur da liña ecuatorial, e pénsase que é un colonizador relativamente recente de África; a especie mostra moi pequena variabilidade, asociada cun longo período de evolución.[10]
Está estreitamente relacionado con Juniperus excelsa, do suroeste de Asia, probabelmente derivado dun antepasado común.
É unha árbore importante pola súaa madeira, que se utiliza para a construción de vivendas, para postes, e para mobiliario. A casca utilízase para a construción de colmeas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.